Categorías
- artículos colaboraciones y noticias (220)
- escaparate poético (137)
- A luz das palabras (97)
- catavento de poemas infantís (95)
- dardo poético (90)
- Caderno íntimo (21)
- descubertas fonográficas (16)
- fiestra aberta (14)
- Paseos poéticos (12)
- sentado con pessoa (10)
miércoles, 30 de diciembre de 2020
VERSOS E ALOUMIÑOS DESÉXAVOS UN FELIZ 2021 CON POESÍA
martes, 22 de diciembre de 2020
A LUZ DAS PALABRAS (76) Antonio M. Chaves Cuiñas
Coñecino na Residencia de Estudiantes de Pontevedra hai ben
anos. Antonio Manuel Chaves Cuiñas era un mozo cheo de inquedanzas
culturais e iso gustoume. Sempre gozou co feito de escribir e abofé que o facía
moi ben. E, ademais, coma os grandes, pinta.
Tiveron que pasar
ben anos ata que puiden volver a darlle unha aperta moi sentida. Foi na presentación do meu poemario Pasando
as follas do tempo, no Club Faro. Encantoume velo e sentino preto, malia
que xa non eramos os mesmos. Pero si eramos -e somos- amantes da cultura e de
que esta chegue ao maior número posible de persoas.
Antonio Manuel
Chaves Cuiñas é un escritor de verdade. Escribe, entre outras mil cousas,
poesía e narrativa. Gústame a súa prosa directa e crítica. Unha prosa sen
adornos e moi efectiva. E a súa poesía produce vibracións no lector pola
poderosa carga emocional e punxente que contén.
Por iso e por
moitas outras cousas está en Versos e aloumiños.
As súas palabras
posúen luz e aluman.
Moitas grazas,
“tocayo”.
Antonio M. Chaves Cuiñas |
Dos poemas en uno… poema que forma
parte de mi próximo libro ya registrado: “UNO… «pienso: luego: exilio»”,
con prólogo de la escritora y profesora argentina Nora
Strejilevich, y epílogo de la profesora y artista gallega Paula Pérez De Mendiguren
Martínez...
TODO ES UNO
Al punto de un minuto de la hora señalada
culparon
a una aguja del retraso ocasionado
por
un metro de arena de puntual distancia mal medida
Balbuciendo enigmas vestidos de tinieblas
y
claves voladoras de cruces sorprendidas
en
lo alto de una alfombra doblemente polvorienta
arrojando
códigos como piedras sucesivas
Golpeando de rumores la mesa de
negocios
con
tubos de grises oleoductos y trayectos de enigmas
–armando
catedrales y grandes almacenes–
de
apertura bendita e infinita espera que no aguarda
Donde libreros mercaderes sin pudores
ofertaban
en septiembre de atalayas
textos
de libros prohibidos y sin hojas
al
peso en portadas de negros escritores en calzones
Habitando la prisión encarnada
del
apretado tiempo inmedible
por
relojes acuñados en zecas de madera polvo ceniza y paja
Volando goteras de tinta sobre cometas en
lamento
que
no pellizcan nubes de acero entre aviones
Zarpando de puertos imposibles
hacia
ninguna parte de mareas en bañeras bañadas de blancos oscuros azulejos azules
cuando
el lusitania se hundió se hundió se hundió
como
las dos enormes palmeras de hormigón
en
la ciudad ramera y gris de comercio prostituida
Con disolvente de urgencia preñado de vacuos pensamientos
y
exilios en perífrasis jurídicas
imprimiendo
partes de inocentes fallecidos en vida
Talando las bases de una altura vestida de
antemano
en
los cuartos traseros de salas tribunales salpicadas de botas
simplificando
árabes palmeras de favores
Y trajes pesados de maletas pobladas de combates
y
libros sin retorno sin leer sus relativos interiores
Kilogramos de masa y fuerza con albert einstein
en plaf
dinámico
sentir inquieto del beneficio y monolito
en
reposo al cierre de las bolsas que golfos celebran
Lanzando mensajes al cuadrado de un ring de
cuatro esquinas
al
par veloces volando sobre altas enormes
torres
Más allá de las llaves que perdieron sus
puertas
en
los caminos gemelos de azares bushladen
No planificados por guantes y manos revestidas con
dedos
de
vendajes perforados y reproches y el cuento de la cabra
Saltando sobre los hemisferios terrestres del
puto nuevo orden
como
niños felizmente perdidos entre algodones
Al toparse con el país fraternal de nunca jamás
preguntes
vergüenzas
rejas ni miedos...
y
ellos los otros: se ríen y se ríen y se ríen...
Porque
Te
Quiero
Requerer
Sin llegar a comprender lo que siempre supe...
que
mucho antes que un tal tales de mileto...
Todo es
uno…
ANTONIO CHAVES.
«ANTE LA SEGUNDA OLA... TOCA SEGUIR NAVEGANDO»
... y ante la segunda ola... -ahora pelado y
afeitado-... toca seguir navegando, amando, soñando, pintando, escribiendo,
creando, viviendo... manteniendo las distancias, que no alejamientos... y
respirar, más allá de toda duda, o señalamiento esquinero..
ANTONIO CHAVES
Cambados, 1959.
Escritor, pintor, animador
sociocultural...
Desde 1976 ha publicado
trabajos de contenido diverso en: Diario de Pontevedra, Xuventudes
nos Xornais, Correo de Galicia (Buenos Aires), La Voz de Galicia
(corresponsal), Faro de Vigo, A Nosa Terra, ABC, A
Peneira, El Correo Gallego, El Mundo, Galicia Digital,
Praza Pública, Revista Cultural LA NOCHE (Santiago de Chile)… Fue secretario y colaborador de la Revista
Universitaria de Cultura «Coordenadas» (Santiago
de Compostela), y colaborador y miembro de redacción de la Revista de Ciencia,
Arte y Pensamiento «Congostra»,
editada en Vigo por la Asociación Cultural “Zeca Afonso”...
Ha participado en recitales
poéticos y encuentros literarios con, entre otros: Rafael Alberti, Lorenzo
Varela, Carmen Kruckenberg, Antonio Tovar, Carlos Oroza, Xela Arias, Arturo
Cuadrado, Méndez Ferrín, Margarita Ledo, Carlos Casares, Manuel Cuña Novás,
Manuela López García, Xulio Valcárcel, Bernardiño Graña, Alberto Avendaño,
Alicia Martínez del Burgo, Uxío Novoneira, Miguel Anxo Murado, Alonso Montero,
Manuel Lueiro Rey...
Es autor, entre otros, de los siguientes libros:
- Reliquias del Vaciamiento
(Santiago de Compostela, 1978).
- Como Aves de Paso
(Zaragoza, 1982).
- La UGT de Vigo. Una
aproximación histórica (Vigo. 1ª edición en 1998, y 2ª edición en 2006)…
Libro donde el autor trata sobre la vida y obra del dirigente socialista
gallego Enrique Heraclio Botana...
- Resol de ensueños para
Arturo Cuadrado (Santiago de Compostela, 2004).
- Aproximación a Don
Quijote. En busca de Pinceladas Pedagógicas (Pontevedra, 2005).
- Mar azul, Cielo azul,
Blanca vela (Dénia, 2007).
- Crónica de Vuelos en
Tiempos de Vigilia (Vigo, 2012).
Ha colaborado -entre otras-
en las siguientes publicaciones y libros colectivos:
- Antoloxía da Poesía Galega Actual (Santiago de Compostela, 1980).
- TALLER LABERINTOS. Cuadernos de Creación Literaria (Bilbao, 1982).
- Homenaje a Arturo Cuadrado. Artes
e Letras (Vigo, 1983).
- RENOVACIÓN E AVANGARDA EN
GALICIA (1925-1933). Os pensionados da Deputación de Pontevedra
(Pontevedra, 1986).
- Concurso Nacional de Poesía “O FACHO”, 1978-1989 (Ferrol, 1990).
- Vigo en tres paisajes (Vigo, 1990)… Realizó las ilustraciones y
escribió el epílogo del libro, el último de Manuel Lueiro Rey en vida.
- Arturo Cuadrado. A fantasía dun pobo (A Coruña, 1999).
- Los Museos del Juguete y la Infancia a finales del siglo XX (Madrid,
1999).
- Homenaxe a Luis Seoane. O Grove, abril de 1980 (O Castro, 2001).
- El Juguete Español del Siglo XX. 100 años de Entretenimiento y
Aprendizaje (Madrid, 2001).
- El Exilio de los Niños (Madrid, 2003).
- Payá. 1905-2005. Cien años de juguetes en la Comunidad Valenciana (Valencia,
2005).
- Los Colegios del Exilio en México (Madrid, 2006).
- Joguetmaniàtics, 1991 - 2006 (Barcelona, 2006).
- Museu Valencià del Joguet, Catàleg-Catálogo
(Ibi, 2008).
- Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A Libertade Ferida (Galicia,
2013).
- Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A Libertade Ferida (Buenos Aires,
2014).
- Camiño Aberto. 100 anos
nacemento Lueiro Rey, 1916-2016 (Pontevedra, 2016).
- Ha escrito los prólogos para
los libros “Un nombre para la Historia: Clara Zetkin. Ejemplo de coherencia”
(Andalucía, 2019); y, “Cartas al Mar de Finisterre” (Galicia, 2020),
ambos de la autoría de Alicia Martínez del Burgo…
- «Federico García Lorca en
Santiago de Compostela». Editora Alvarellos (Galicia, 2020)...
"A muller das mareas/La mujer de las mareas" Técnica mixta. A. Chaves |
Próximas publicaciones del
autor:
- “Carlos Oroza. Mosaico Caleidoscópico”. Libro sobre la vida y obra
del Poeta Maldito del Café Gijón…
- “Matilde Vázquez «Pasión
por el Canto» (Cambados, 1906 – Madrid, 1992)”…
- “Pablo de Rokha. Claves y
enigmas”…
- “«UNO… «pienso: luego:
exilio»”
Obras de Antonio Chaves figuran
en la Biblioteca del Congreso de los EE.UU. de América…
Desde 1994 preside la Fundación
“Raquel Chaves” (Vigo), vinculada al mundo del juego, el juguete y la
infancia...
En 1996 promovió el premio
periodístico Enrique H. Botana, que en su Iª edición le fue concedido -a
título póstumo- a Segundo Mariño…
Entre 1997 y 2005 ejerció de
director del Museo Castellano-Manchego del Juguete (Mohedas de La Jara –
Toledo)…
Desde 2006 pasa a coordinar el MuGaIn (Museo Galego da Infancia,
Xogo e Xoguete) en Vigo...
sábado, 19 de diciembre de 2020
REMUÍÑO DE LIBROS (73) "Sete chaves para abrir os soños", de Alfredo Gómez Cerdá
TÍTULO: Sete chaves para abrir os soños.
AUTOR:
Alfredo Gómez Cerdá.
ILUSTRACIÓNS: David Pintor.
EDITORIAL: Kalandraka. Colección: SETELEGUAS.
Fermosa homenaxe narrativa que nos achega Kalandraka sobre sete creadores e
creadoras que durante décadas marcaron e, seguen a facelo, a moitos lectores
coa chave máxica das súas palabras, das súas historias, capaces de abrir a
porta á fantasía e á creatividade de mundos paralelos e posibles. Esta homenaxe
vén da man doutro creador, Alfredo Gómez
Cerdá, que tamén ten sinalado camiños diferentes aos novos, amosándolles
varias perspectivas da realidade e sempre en consonancia co compromiso social,
cultural e humano que conleva a literatura.
Sete
chaves para abrir os soños son sete relatos ficcionados a partir
de feitos particulares e trazos propios dos sete autores que se converteron en
mito. Así, ao longo das súas páxinas o lector atopa a máxica fiestra de Rodari que lle vai permitir á
súa protagonista agocharse do mundo gris no que vive e adentrarse noutro no que
é feliz pois non hai berros nin insultos. Pero tamén os prodixios de Tomi Ungerer capaz de mudar todo de sitio. E as
trenzas de Pippi como bandeira de moitas xeracións que defenden un mundo
mellor, máis xusto, equitativo e plural. Ou o
baúl de Juan Farias que garda no seu interior a grandeza das pequenas
cousas da vida. A lata de conservas de
Christine, Os vampiros de Roald Dahl
e a moto de Gloria Fuertes tamén
teñen cabida nesta alegación do poder e a forza da palabra coma eixo
transformador de comportamentos, actitudes e pensamentos.
Grazas á tradución de Isabel Soto podemos desfrutar deste
libro na nosa lingua.
As ilustracións de David
Pintor acaen moi ben ao texto e amosan os diferentes autores cos seus
trazos característicos de personalidade.
Páx.45: “–Formamos
parte da tripulación do capitán Efraim Mediaslongas. El aprendeunos que as
fronteiras só son liñas absurdas e invisibles que se crearon para separarnos a
uns dos outros.”
Páx.60: “Neste baúl
gardarei as miñas lembranzas e os meus soños.”
Páx.76:”A dor era
unha ponte invisible que unía os seus ollos, os ollos dunha nena e os ollos dun
rato.”
Páx.103:”Polgariño
lembrou uns versos da veciña poeta:
Gente que sólo va a lo suyo
¡Gente de la que huyo! “
ALBA PIÑEIRO
martes, 15 de diciembre de 2020
A LUZ DAS PALABRAS (75) Xosé Neira Vilas
Nesta nosa sección A
luz das palabras, un home dunha transcendencia indiscutible na cultura
e literatura galegas: Xosé Neira Vilas. E a súa luz no noso blog-revista
son dous contos fermosísimos e ben curtos que están no seu precioso Aquel
neno, que en xullo de 2013 publicara Edicións Embora.
En Versos e aloumiños
veneramos a Neira Vilas pola contribución, tanto poética coma narrativa, que
deu á nosa LIX. E non só.
E temos un agradecemento moi
particular para Miguel Toval quen, dende Embora, nos permitiu publicar
este dous textos e, ademais, tivo o detalle de enviarnos os dous debuxos
maxistrais de Xosé Vizoso que os acompañan no libro e nesta luz das
palabras que tanto queremos
Grazas, Miguel, de corazón.
Di Neira Vilas no limiar (co
título de Motivación) de Aquel neno, un monllo de relatos curtos dun contido
claramente biográfico que “ todo home leva por vida un neno dentro de si (e toda
muller leva unha nena). E inda que teña cen anos ou máis o neno aparece nel
cada pouco, porque ninguén esquece, ninguén desbota o neno que deixou atrás. E
cando pretende arredarse del, fuxir do que foi nos primeiros anos da súa
existencia, perde o rumbo e fai toladas”.
Xosé Neira Vilas (Foto de Santos Díez)
Ninguén dubida de que Neira Vilas levou dentro del o neno que foi. El recoñéceo. E engade que ese neno que foi -o do libro do que tiramos os contiños- pode chamarse Balbino, Moncho, Toño, Lelo etc., ou sexa, pode ser máis ou menos algún deses seus nenos literarios, mais tamén, aclara, “pero tamén pode ser o neno que eu mesmo fun e que aínda que queda lonxe o sigo sendo, non o do carné de identidade, nin o do pasaporte, nin o que aparece na cuberta deste e doutros libros dos que son `culpable´, senón de Pepe de Santiaguiño, ou Pepiño de Gres, que así me chamaban cando comezaba a atoutiñar sobre a codia do mundo”.
E deixa moi claro o noso autor que os escritores e escritoras non deixan de falar dos demais cando falan de si mesmos.
E ten moita razón.
Escribir
DESPOIS DAS PRIMEIRAS LETRAS
QUE LLE deprendeu o Avó foi á escola. Para el era todo un milagre iso de levar
a fala a signos, poñer en figuras o que se dicía ou se cantaba, unha oración ou
unha maldición. Non só escribía no encerado ou nalgún papel. Riscaba palabras
no po do camiño, na parede branca da igrexa e tamén na tona mol dalgunhas
árbores coma olmos ou ameneiros, na primavera, usando a aguillada de levar as
vacas ou unha navalla. E un día falou con el na fonte Engracia, aquela
mulleriña pobre, coxa, analfabeta. Pediulle que lle escribise unha carta para o
seu irmán que estaba en América. E foi á casa dela e escribiu a carta, na que
lle puxo cousas moi bonitas que se lle ían ocorrendo. E así unha e outra vez.
Tamén lle lía as que ela recibía do irmán. Andou niso máis dun ano ata que
Engracia dixo que se acababan as cartas porque seu irmán morrera.
A morte
VIU MORRER Ó AVÓ. ERA POLA
TARDIÑA. TODOS andaban no agro, na recolleita das patacas debaixo da viña na
cabeceira da leira grande. O Avó faláballe algo, pouco e con voz roufeña e
encerellada. No tallo que tiña ó pé da cama apousaba aquel resto de lapisiño
amarelo cunha goma no cabo, co que anotaba o pouco que tiña que anotar. Foino
collendo coa man dereita e deullo ó neto, que se puxo moi contento. Tiña os
ollos medio pechados e xa case non falaba. Nunha desas pediulle auga e foilla
buscar. Colleu o tanque e encheuno no balde que apousaba na laceniña da parede
e levoulla. Auga fresca que trouxeran esa mañá da fonte das penedas. Deulla.
Bebeu un gurrucho. Logo pechou totalmente os ollos. Ampeaba. Pouco despois,
nada. Estaba morto. O neno decatouse. Deulle un bico e botouse a chorar. Seguía
chorando cando seus pais e mais a Avoa chegaron do agro.
Debuxo de Xosé Vizoso |
viernes, 11 de diciembre de 2020
JOÃO MANUEL RIBEIRO CONVERSA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO SOBRE POESÍA E O SEU LIBRO "AS COUSAS QUE FAZ O MAR"
Un momento da conversa entre João Manuel Ribeiro e Antonio García Teijeiro |
Falar con João Manuel Ribeiro é un verdadeiro pracer. Narrador, poeta, tradutor e editor, Joao Manuel Ribeiro ama fondamente a literatura e a súa didáctica.
Dende a editorial Trinta por uma linha, non só edita libros dun enorme interese, senón que abre espazos para que a palabra literaria pouse nas persoas interesadas e que docentes e outros axentes do feito lector poidan ampliar os seus coñecementos.
Trinta por uma linha publicou hai algún tempo unha antoloxía en portugués da miña poesía: As coisas que faz o mar. Era un fondo desexo arelado por min e que me produciu unha fonda emoción. João Manuel fixo a selección e a tradución dos poemas. Marabilloso!
Amo Portugal, a súa literatura e a súa cultura en xeral. Amo as súas xentes e os seus lugares. De aí esa íntima e profunda ledicia ao ver os meus versos en portugués.
Sobre este tema e outros moi variados conversamos o xoves 29 de outubro a través de internet. Foi unha conversa sincera, rica, aberta nun ambiente encantador.
Aquí embaixo tedes o que deu de si, por se vos apetece vela e escoitala.
Versos e aloumiños tiña que publicala porque é un verdadeiro tesouro para nós.
Prezado João Manuel, obrigado polo teu agarimo.
martes, 8 de diciembre de 2020
FAÍSCAS (5) "Fronte ao busto de Curros Enríquez"
Gústame pasear entre árbores e xardíns. Se vexo unha fonte
que mana, o seu frescor invade o meu espírito. Fágome cómplice do seu canto e
esa serenidade consegue que a melodía invada as miñas ganas de ser libre.
Esta mañá paseaba
pola Alameda e achegueime aos xardíns do Areal que están ao seu lado. Acababa
de chover non había moito. Fun andando paseniño e, tras secar cun pano un
banco, sentei ao pé do monumento de 1911 que a cidade de Vigo lle adicou ao
poeta Curros Enríquez. Fitei o seu rostro e sentín de preto os versos do escritor
rebelde que, con Rosalía e Pondal, formou parte do Rexurdimento da poesía
galega e, xa que logo, da brillantez do noso idioma. Faleille cos ollos tras a
máscara que agocha uns rostros ateigados de incertezas. E como me ocorre sempre
que me achego a Curros, sentín a ollada limpa deste poeta xusticeiro, seguro de
que foi, como teño lido, unha das primeiras voces civís da poesía europea do
século XIX. Unha voz que non dubidou en denunciar e fustrigar aqueles abusos
dos poderosos. Porque, como di o profesor Alonso Montero, “para Curros o
cidadán o é todo. Polo tanto cando a cidade está contaminada, non hai que
refuxiarse no horto particular, lonxe das barafundas, alleo á contaminación:
hai que loitar contra ela, e, se un é poeta, chegou a hora de poñer o canto ao
servizo da cidade”.
Concordo co estimado profesor. Cada vez que estou fronte á
estatua, percibo a ollada do poeta dun xeito limpo e directo. O poeta de
combate que lle deu á poesía galega unha dimensión cívica case descoñecida. O
poeta, Curros Enríquez, cun talento extraordinario asumiu moitos riscos por
facer do deu discurso algo auténtico e rebelde , nunha sociedade caciquil,
tanto no civil como no eclesiástico. Non debemos esquecer que fustrigou nidiamente
a igrexa e, xa que logo, sufriu duros ataques por parte dela. Isto indica, moi
claramente, o comportamento cívico do poeta. Foi a voz dos campesiños, tan
explotados. Galicia foi case sempre a súa musa e non soportou endexamais as
inxustizas que o pobo sufriu por parte das clases poderosas e da igrexa. De aí
a súa poesía comprometida que tantos problemas lle produciron: exilio en
Londres, condena ao seu primeiro poemario Aires da miña terra por conter
-dixeron- páxinas aldraxantes para varios dogmas da relixión católica, multas a
certas publicacións, éxodos, etc.
E mentres comeza a chuviscar sobre nós, érgome do banco sen
deixar de mirar os seus ollos. Daquela, creo escoitar en voz baixa uns versos
ben coñecidos. A medida que me vou afastando van perdendo forza pero xa se
instalaron en min e, unha vez máis, síntome recompensado pola voz poética do
mestre.
¡Qué triste está a
aldea,
qué triste e qué sola!
A terra sin frutos, a
feira sin xente,
sin brazos o campo,
sin nenos a escola,
sin sol o hourizonte,
sin fror a semente!
A pedra i as nubes
a sembra arrasando,
agoiran un ano de fame
sombría;
sin pan os labregos,
nin herba pró gando,
¿qué vai a ser deles
na crúa invernía?
Manadas famentas
de lobos montesos
baixaron das chouzas
na noite calada,
e postos en ringla,
cos ollos acesos,
acenan dos probes prá
porta pechada…
Mociños honrados
de sangue bravía,
si o mal dos petrucios
non fordes alleos,
librádeos da morte,
¡facei montería
nos lobos da terra,
nos lobos dos ceos!
viernes, 4 de diciembre de 2020
REMUÍÑO DE LIBROS (72) "A ciencia do día a día" (Col. E logo...por que?)
TÍTULO:
A ciencia do día a día
Coordinación
da edición: Emili López Tossas
Redacción:
Caterina López Rigo
Debuxos:
Bruno Martínez Tabares
Para
a versión en galego: Edicións Xerais de Galicia
Que
gratificante resulta ter nas mans calquera dos volumes de divulgación da
colección E logo… por que? que publica Edicións Xerais na
colección Xerais Básicos. Ciencia.
Moi
atractivos na súa presentación a xeito de caderno, coas páxinas de cartón plastificado,
con cores moi vivas e moito humor nas viñetas de cada capítulo.
O
libro que hoxe nos ocupa leva por título A ciencia do día a día e está
dividido en dous temas diferentes: Ciencia en cousas da casa e Ciencia
para ir polo mundo.
Nel
podemos atopar unha chea de curiosidades científicas que a rapazada decoñece e,
como non, tamén os adultos. Que interesante achegar o lectorado á ciencia e ás
súas sorprendentes características. Cunha linguaxe moi clara, con ilustracións
cheas de sorpresas, A ciencia do día a día amósanos respostas sinxelas,
intelixibles, que colman a nosa curiosidade. Podemos ler no capítulo 1 que “pasan
moitas cousas ao noso redor e cando queremos saber por que ocurren xa estamos a
facer ciencia”. E deixa algo moi claro: todo o que non se pode demostrar non se
pode considerar ciencia.
No
primeiro tema do volume podemos atopar respostas a cuestións que nos pasan na
casa. Por exemplo: Que é alta definición? Por que se derrete a manteiga?
Podo tocar os electrodomésticos cos pés mollados? Por que o xabón fai escuma?
No
segundo tema saímos polo mundo e damos con respostas a preguntas coma
estas: Hai lixo no espazo? Pode caer á Terra? Por que o aceite non se
mestura coa auga? Por qué flotan os globos no aire? Que é o fume? E así un
monllo de cuestións que resulta magnífico coñecer. Entreteñen e forman dun
xeito lúdico e con moita claridade, onde non falta o humor.
Vivimos
case sempre afastados da ciencia e ese é un erro. Xogando a preguntar, a
responder, a coñecer as causas dos fenómenos habituais gozamos moito máis do
cotián.
Facémonos
máis “sabios” lendo estes temas tan próximos como curiosos.
A
ciencia do día a día coas
súas respostas rápidas a preguntas enxeñosas convértese nunha deliciosa lectura.
Temas, como dixemos, diferentes, ilustracións sorprendentes e respostas
sinxelas a cuestións arrevesadas.
Un
acerto de Edicións Xerais a publicación desta colección para desfrutar individualmente
ou coa familia. Un proxecto suxestivo, dunha gran riqueza, cheo de engaiolantes
propostas.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
martes, 1 de diciembre de 2020
CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXVI) "Oficios e profesións poemas son", de Concha Blanco.
CONCHA BLANCO
(Lires, Cee, 1950)
CANTEIRO
Concha Blanco (Foto Edit. Galaxia) |
Canta
miña pedra, canta,
ao
compás deste punteiro,
canta
miña pedra, canta,
faille
compaña ao canteiro.
CANTIGA POPULAR
as
cuñas e o martelón,
tampouco
esquezas o pico
porque
che vai facer falta
para
traballar o granito.
De
pedra é o cruceiro,
o
Pazo de Cotón,
a
Fonte Penín,
o hórreo do avó.
Tamén
son as casas
e
o paredón.
O
“latín dos canteiros”
é
moi singular,
o
“verbo dos arxinas”
é
o seu falar.
Brindo
polos canteiros,
como
me gusta o que fan!
LABREGA
REFRÁN POPULAR
Érguese
ao mencer o día
sen
saber ben que facer,
é
o sol, a chuvia ou neve
quen
din o rumbo a coller.
Sempre
teñen as labregas
vacas,
porcos que manter
tamén
ovellas, galiñas…
por iso é que a labrega
tamén
gandeira ha ser.
Fai
unha vida moi especial
e
non por iso é ideal.
Non
ten horarios
na
súa xornada
de
sol a sol
cada
semana.
No
campo están
os
seus recursos,
que
elas conseguen
gañar
a pulso.
Cavar,
sementar, sachar
patacas,
allos, cebolas,
que
son os froitos da terra
que
coidan estas persoas.
Viven
en casas
que
están na aldea
á
que hai pegadas
sempre
unha leira,
tamén
con hórreos
e
outros pendellos
que
non están mal.
Nisto
consiste
a
arquitectura rural.
Son
poucas labregas
que
cambiarían
a
súa aldea pola cidade
ou
unha vila.
ESCRITORA
Hai que saber vivir do conto
EXPRESIÓN POPULAR
e
ponse a pintar,
pintar
con palabras
que
ben se lle dá.
Non
é un pincel
que
é unha pluma
de
tinta e dozura.
Ela
pintou un verso
con
moito amor
enchéndoo
todo
de
moita cor.
Unha
veces chora,
outras
veces ri,
o
mellor da obra
é
como o di.
Sempre
o meu desexo
foi
ser escritora.
Xogar
coas palabras,
cambialas
de sitio
subir
e baixar,
trocalas
por outras,
facelas
bailar.
O
que eu non quero
é
velas sufrir
por
iso con cóxegas
sempre
as fago rir.
(Do
libro Oficios e profesións poemas son, editado por Embora.2020)