Mostrando entradas con la etiqueta sentado con pessoa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sentado con pessoa. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de diciembre de 2016

SENTADO CON PESSOA (X) Visita con Raúl Gómez Pato que lle leva o seu poemario "Máscaras de espellos"





Fun achegándome a don Fernando e non viña só. A verdade é que nunca visito só a Pessoa. Gústame levar alguén que pague a pena comigo.
     O mestre estaba a ler un libro. Cando notou que me aproximaba a el pechouno e púxoo do revés á súa beira. Non quería compartir o libro comigo. Acepteino. Faltaría máis.
     Non tardou en dicirme en voz alta estes versos:


JÁ sobre a fronte vã se me acinzenta
O cabelo do jovem que perdi.
     Meus olhos brilham menos.
Já não tem jus a beijos a minha boca.
Se me ainda amas, por amor não ames:
     Traíras-me comigo.

     
     O meu acompañante e mais eu ficamos fascinados.  Era un poema do seu marabilloso libro Odas de Ricardo Reis. Non dixemos ren. Só atendíamos o recitado de Pessoa sen pestanexar. Estabamos enfeitizados perante o dicir do noso poeta luso.
     
     Había un mundo que non o visitaba.
     
     E, arestora, aí estaba diante del acompañado dun poeta que me encanta.
Uns días antes preguntáralle se quería visitar o mestre e Raúl Gómez  Pato non o dubidou nin un segundo. Comenteille que lle leriamos algún dos seus poemas e gustou da idea. Entusiasmouse.

     
Raúl Gómez Pato

     Xa estabamos onda el. Don Fernando ergueu a cabeza a xeito de saúdo. Raúl, algo tímido, bisbou unhas palabras inintelixibles. Olleino e semellaba feliz. Pessoa, tamén.
     
     Antes de que ninguén dixese nada abrín o poemario  Máscaras de espellos  , editado por Espiral Maior e que acadou o “I Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro”, e lin con voz clara este poema:


  voadores os paxaros non acertaban en que acubillo
              pousar o seu sobresalto
quizá nos arames máis tensos do horizonte secante
               fatigada
zumega nos postes telefónicos un aquel de efémero
              sosego

     


     O mestre ficou compracido. Olloume en fite. Estaba interesado. Debuxou un leve sorriso e, antes de que dixese nada, comecei con outro poema:


xuridicamente é viábel teño tres aloumiños
           dispersos
polo ventre tatuaxes inxeccións puntuais de tenrura
a denuncia seguiu o seu curso levo meses reo
            sentenciado

     Raúl estaba algo desconcertado. Mais por dentro foi quen de comprendere que Pessoa estaba a gusto. Eu confirmeille esa sensación.
     Daquela, puixen nas mans de Raúl o poemario e animeino a que fose el quen lle lese outro poema. Animouse e fíxoo.
     Así soaba a súa voz, mentres don Fernando pousaba a ollada nun punto indefinido da paisaxe:

antoloxía de forma redondeada a miña boca co seu
       movemento
que define perfectamente quen eu son a miña
          vaidade
escolle as palabras que máis che acaian bícame
          deseguida dáme a absolución
    
     
     Cando rematou o poema, Pessoa chamouno onda el e deulle unha aperta emocionada. Raúl estaba desconcertado, pero víaselle feliz. Non era para menos. Estabamos diante dun poemario ben directo  cara aos sentimentos máis íntimos do ser humano. Un poemario crítico cos comportamentos inxustos, ateigado de razóns para loitar nunha sociedade que invade a dignidade das persoas dun xeito brutal e cínico. Un poemario que é unha lectura da deformación que o materialismo provoca en cada un de nós. Un poemario que denuncia a incomunicación, a dor íntima que padecemos, o noso papel neste mundo… E todo cunha linguaxe precisa que emociona.
     

     
     Tivemos unha conversa os tres. Eu calei a boca máis do que acostumaba e Raúl Gómez Pato agasalloulle o poemario.
     No medio desta conversa, como dismuladando, deixándoos falar, lin para min estes versos:


os corvos peteiran no lixo en procura da nova
          política  os corvos
quizás un pouco de ideoloxía fermentada entre a
          hipertermia
dos despoxos unha postura inclinada unha
           reverencia á insubstancia
    
     
Cando nos decatamos, pasara o tempo dunha maneira vertixinosa. Eu disimulei por ter feito esta lectura roubada e tusín. Podiamos seguir aí sentados horas e horas sen sentir a máis mínima preocupación. Pero eu sei que non debemos ser molestos e decidín cortar a conversa. Non sei se Pessoa mo agradeceu, mais os poemas de Máscaras de espellos  sei que lle chegaron ben adentro. É preferible manter a distancia do respecto, que pasarse da raia.

     


     Despedímonos con afecto e notei que don Fernando daba a Raúl un abrazo moi especial. Si, si, moi sentido.
     Prometinlle non tardar tanto en voltar canda el. Agradeceumo cun sorriso que delataba que non estaba moi seguro da miña promesa.

     Raúl Gómez Pato e mais eu fomos afastándonos felices.
      E ambos os dous, a dúas voces, recitamos un outro poema deste magnífico Máscaras dos espellos , mentres deixabamos ás nosas costas o mestre que, seguramente, volvería abrir aquel libro que pechara cando sentiu que nos achegabamos a el.


despois moito despois dos malabaristas dos
         contorsionistas  dos saltimbanquis
a continuación dos trapecistas dos tragalumes dos
          pallasos tras os aplausos
os vivas as ovacións aforcarase   o poeta  xerminarán
          se callar os s seus versos



E non me digades por qué pero un intenso calafrío percorreu o meu corpo, ou quizais a miña alma. Non lle dixen nada a Raúl que, case seguro, ía pensando no vivido.





                                                                                                    ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO

lunes, 26 de enero de 2015

SENTADO CON PESSOA (IX). "Poética y poesía" de CLARA JANÉS.





     Cheguei onda Pessoa excitado e feliz.
     Quería compartir con el esa felicidade que me provocara o sobre atopado na caixa de correo. Contiña o sobre un libro.
     Pero non era un libro calquera. Non.
     Era algo moi especial.
     O remite puña C.Janés, co seu enderezo de Madrid.
     Unha vez máis, esta muller entrañable, lúcida e rigorosa no seu labor intelectual lembrábase de min.
     Pessoa decatouse axiña da miña excitación e decidiu – alomenos así mo pareceu- abrir unha paréntese entre os dous da maneira máis intelixente posible: recitoume un poema dos seus “Noventa poemas últimos. (1930-1935)”.


CAI chuva do céu cinzento
Que não tem razão de ser.
Até o meu pensamento
Tem chuva nele a escorrer.

Tenho uma grande tristeza
Acrescentada à que sinto.
Quero dizer-ma mas pesa
O quanto comigo minto.

Porque verdadeiramente
Não sei se estou triste ou não,
E a chuva cai levemente
(Porque Verlaine consente)
Dentro do meu coração.


     Ao rematar estes fermosos versos, pousou a súa ollada no meu rostro, sorriu timidamente e dispúxose a escoitarme.
     
Con Clara Janés e Susi en Granada, ao pé da Alhambra.
     Xa máis calmado, conteille que coñecera a Clara Janés en Zubia (Granada) durante unhas xornadas nas que eu participei hai seis anos.Que a escoitara ler os seus poemas e ficara enfeitizado coa súa palabra nunha noite máxica, que asistiramos Susi e mais eu con ela  e con Reza Allamehzadeh, cineasta amigo seu, a unha representación dunha obra lorquiana ao pé da Alhambra.
     
Clara Janés
     Don Fernando parecía non perder unha soa palabra do que lle estaba a relatar. Ás veces movía a cabeza con sinais evidentes de que comprendía a miña emoción..
    Isto animoume para falarlle dos libriños artesáns que Clara Janés me enviara nalgúns Nadais. Faleille, ademais, do seu amor pola  poesía do poeta checo Vladimir Holan, do seu interese polos poetas orientais, da súa autoridade como tradutora. Da mesa redonda que compartimos sobre o “feito de traducir” naquelas xornadas granadinas.
      
Un dos libriños recibidos: "Antimisiles".
     De como a súa poesía, dunha construción e dunha fondura engaiolantes, moi esixente, foi cravándose no máis fondo de min como alfinetes de prata.
     
     Daquela, aproveitei para lerlle.


"Yamatu", unha breve peza para monicreques.
Volvió a mi sueño
y con un beso blanco
lanzó una palabra
que anudó mis entrañas.
Y cada beso nuevo era
nueva palabra que anudaba
muñecas, tobillos, cabeza…
Y yo respiraba sólo por su boca.
Su cuerpo, lentamente,
con mi piel se fundía,
nuestros tejidos se mezclaban.
Y juntos flotábamos sin ser cada uno,
sino los dos en uno.
"El viento". Martín Chirino.
Mis ojos eran pozo de sus ojos.
Su pecho, sepulcro de mi pecho.
Y sin contacto ya con el espacio,
la insalvable distancia
era cerco a la cópula del alma.
Entre los sauces,
nos confundíamos
con la blancura de la luna,
como forma sonámbula.

                     

     Rematada a lectura, comenteille unhas intelixentes palabras da poeta sobre a poesía.
     Comparouse a miúdo a poesía coa maxia pola sedución que permite a palabra, o son, a sílaba, mesmo carecente de sentido.
       Eu sei agora que se escribo ou canto, parto – e talvez sexa o fundamental- dun intento -moitas veces alleo á vontade- de convocar, de seducir o oculto.


      Fin. Ambos ficamos en silencio. Eu reflexionaba. O mestre, coa mirada case perdida, debía de estar voando polos inescrutables sendeiros da lírica.
     Non dixo ren.
     E lin estes dous versos:
   
                                         Miro tus ojos
                                         hasta que mis ojos desaparecen.

     E, deseguido, falei en voz alta.
    
     Poética y poesía é un libro de alto contido poético, intelectualmente consistente. Unha conferencia para ler sobre poesía e sobre a poesía de Clara Janés. A Fundación Juan March, que organiza esta actividade cultural, edita o libro.
     

      Léndoo chegas a coñecer as chaves da paixón poética de Janés. Os seus puntos de partida, os seus referentes (que poden ir dende os poetas turcos, persas, Ramos Rosa, Eliot ou Gamoneda ata San Juan de la Cruz ou Holan, entre outros); chegas a coñecer a súa necesidade de afondar nas diferentes fontes da creación. Con Eduardo Chillida , levou adiante un proxecto magnífico. O libro “La indetenible quietud”, procura dinámicas novas, desta vez coa aparición dos astros:
Gravado á augaforte. "La indetenible quietud".Eduardo Chillida.



Las nubes ceden a estrellas,
 las estrellas forman fuegos,
los fuegos inundan nubes
y por los espacios giran
discos y planos y esferas (…)



      

     


E a partir de esculturas de Martín Chirino, este Aerovoros (OLA-VIENTO):

Martín Chirino
Cuanto absorbe
lo adelgaza, lo adelgaza
lo hace nudo
entre dos extremos
que se alargan
cautelosos
desde la nada a la nada.

      
     A música, as cantarelas, “a convicción de que a palabra ten en si mesma unha melodía e que, grazas á voz, se transforma en canto. E no canto está a orixe da poesía”, afirma.
     Todo isto aparece no seu libro Kampa (no que se incluía unha casete cunha parte cantada por ela), o primeiro poemario que lin e que me fixo profundar na súa poesía anterior e posterior a esta obra.

No sé cómo podré enfrentarme
a los días futuros.
Me he dejado arrastrar como una hoja
por la tormenta embriagadora de tus versos
y he vuelto a la poesía.
He caído en la trampa tan temida.
La vida me es ajena.
De tal modo
esta insensata ocupación,
ese oleaje fatídico nacido de tu mente,
se me lleva.



      Non esquezo, de ningunha maneira, os seus poemas visuais. Pessoa ten os ollos coma pratos.

     Ensínolle un par deles.



      
     Semella contento e interesado. Noto nel unha curiosidade pouco habitual polo que lle estou a dicir. Bótase cara  atrás na súa cadeira e pídeme, sen palabras, que lle lea outro poema de Clara Janés.
      
     Fágoo encantado.

Quiero arrastrar el claro de luna
sobre las aguas de la noche,
Outro libriño recibido e dedicado: "El silencio de las arenas".
ser en ellas remo de plata y surcarlas,
y confundirme luego con la estrella
que despierta el dormido camino de la luz.

Quiero entonces perderme
en un nimbo lejano y envolvente,
quedar fija amando en par de lo inasible,
sin ser notada,
y permanecer así
en el desolvido del día.


     Silencio.
     Vexo a hora.
     Pasaron… Imposible dicilo.
     Debo marchar.
     Agárdanme máis poetas para visitar o mestre.
     Silencio longo.
     Pessoa pecha os ollos.
     En voz baixa vou lendo, mentres me ergo da miña cadeira, uns versos de Clara Janés:

 
Con Clara Janés en Vigo. 2011


Desnúdate, alma,
"Yunque de sueño". Eduardo Chillida.
y, sin esperanza, espera
en la negrura,
que del punto más alto
de la noche,
lanza su escala el sol
y, entre destellos,
aparece el enigma,
y desciende
hasta su raíz
más profunda.

     Afástome de vagar e deixo a don Fernando nunha calma que me tranquiliza.
     Marabillosa, entrañable, Clara Janés!