martes, 26 de mayo de 2020

"I CONTAIN MULTITUDES": NUEVA SORPRESA DE BOB DYLAN EN FORMA DE CANCIÓN

Tan solo unas tres semanas después de la publicación de "Murder Most Foul", tema de casi 17 minutos de duración sobre el que ya hablamos en estas páginas, Bob Dylan sorprendió a propios y a extraños compartiendo en YouTube un nuevo tema, "I Contain Multitudes", que puede escucharse aquí. Mucho más breve que la anterior (poco más de 4 minutos en esta ocasión), esta nueva canción, sin embargo, tiene varios puntos en común con ella, tanto en su contenido letrístico como en esa instrumentación minimalista que arropa a la perfección la voz de un Dylan que por momentos canta y por momentos recita sobre el acompañamiento musical. De nuevo nos encontramos ante una pieza con múltiples referencias musicales y culturales (Walt Whitman ya en el título, Edgar Allan Poe, Ana Frank, Indiana Jones, Carl Perkins, los Rolling Stones, etc.) en la que Dylan nos habla de sí mismo, presentándose como "un hombre de contradicciones, un hombre de muchos humores" y reflexionando sobre ideas que siempre le han interesado, como la verdad, la muerte, la mediatización de la información por parte de los medios de comunicación o la creación de un personaje como modo de protección ante el mundo que nos rodea. Tras escuchar la canción repetidas veces, Antón García-Fernández ha publicado un vídeo en su canal de YouTube en el que ofrece un comentario crítico sobre esta nueva canción dylaniana. Por si os interesa verlo, os lo dejamos al final de esta entrada. Ya casi octogenario, Bob Dylan sigue estando de actualidad y en plena forma creativa, lo cual nos alegra enormemente a quienes amamos su música.



martes, 19 de mayo de 2020

VERSOS PARA LER E SOÑAR

Hai unhas semanas, nos momentos máis duros do confinamento debido á pandemia global, o Faro de Vigo, medio en cuxas páxinas colabora con regularidade, pediulle a Antonio unha serie de vídeos con contido poético. Atendendo á petición, Antonio aproveitou a ocasión para gravar uns vídeos nos que recupera algún poemas que lle gustan especialmente, fai novas versións doutros e mesmo traduce algúns ao galego que orixinalmente compuxera en castelán. O resultado, publicado baixo o título xeral de Versos para ler e soñar, podedes velo no vídeo que partillamos aquí abaixo, agardando que vos pareza interesante.



E finalmente, velaquí tamén os versos tal como apareceron na edición en papel do diario vigués.

De bicos, bicos... e máis bicos



De soños e pombas


Da música dos instrumentos




jueves, 14 de mayo de 2020

DARDO POÉTICO (LXV) "Tres poemas de Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas"











Este ano fatídico de 2020, o Día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Por iso, dende Versos e aloumiños, imos festexalo coa publicación de tres poemas da súa enorme obra poética.
     RICARDO CARVALHO CALERO naceu no Ferrol no ano 1910 e finou en Compostela en 1990. É unha das figuras fundamentais da cultura e a política galegas do século XX. Membro do Partido Galeguista, activista do Seminario de Estudos Galegos, académico, autor da máis celebrada historia da literatura galega, (Historia da Literatura galega contemporánea. 1975) mestre de sucesivas xeracións de profesionais da filoloxía e impulsor do reintegracionismo ortográfico. É autor dunha riquísima obra poética e de dúas novelas de gran repercusión, Xente da barreira (1951) e Scórpio (1982), ademais de varias pezas de teatro e numerosos ensaios.



                                               TRES POEMAS



POETA ES, pois dá-che nojo todo
agás a poesía.
Cortesmente sorris perante o mundo estraño,
mais no fundo es estraño à tua cortesia.

Pudicamente velas con vulgar follateira
o niño en que a tua alma, rola gemente, aniña.
Es como un neno fiz cun brinquedo cativo,
que plos jogos dos homes pálido interés finja.

Non, non es deste mundo. Gozoso e angustiado,
no espello da suidade ves na tua fronte o estigma.
A virota abourante da graza traspasou-te.
E só amas a tua chaga. E non queres menciña.

Como o favor do rei a pobre nena
que da carícia augusta se non atopa digna,
a tua alma oculta a visita do hóspede.
E ninguén a aduviña.

                                                                                                     (De Saltério de Fingoi. 1961)



NON SEI
se matei.
Estiven
na trincheira.

Non vin
o meu nemigo.
Disparei.
Non sei
se matei.
Fun ferido.
Mais
non
sei
se
matei.
Toupa cega,
non teño outro ollo
que o ollo
do meu fusil.
¿Se cadra o ten visto
o meu
nemigo?
Olladas de fogo
cruzan-se entre
os dous:
eu
e o meu
nemigo.
Fun ferido.
Eu
non
sei
se matei.

                                                                                              (De Futuro condicional. 1961-1980)
                                                                                                                      1982




POLA FITERA do meu castelo sitiado,
vejo unha cúpula coroada por unha cruz,
e tras ela un ceu de peneirado sol
enrellado de finos grises.
A distáncia emudece e serena
a terra que sob esa abóbeda jaz,
e podo sentir a beleza e a dozura do mundo
desde a miña balbordante loita,
desde a miña fealdade aceda.
Sei que a verdade é que son un soldado,
defensor dunha torre que se esborralla,
e que arredor medran as picas
que erguerán con fúria a miña cabeza.
Secomasi, enxergo con frio desprezo o meu fado,
porque non me concerne,
e o meu corazón está na cruz que coroa a cúpula,
nas nubes que estrian o ceu,
na falsa paz que de longe me ven
como un bafo de ardente dita;
e aguardo indiferente unha morte que non é a miña,
mentres o paxaro da miña ollada voa ceibo
sobre o terno verdor da terra que non calcarei mías.

                                                                                                 (Do mesmo poemario que o anterior)

martes, 12 de mayo de 2020

DARDO POÉTICO (LXIV) "Na fogueira de Luz Pozo Garza"






Foise Luz Pozo Garza, así, case en silencio, no tempo da negrura. Pero é unha poeta, unha referencia indispensable da nosa literatura. E os poetas e as poetas perviven na súa obra. Unha obra rica e emotiva que nos alenta.
     
     No ano 1996 estaba a escribir eu un libro en constante diálogo con poetas. Homes e mulleres que posuían a capacidade de emocionarme e permitirme ir máis aló das palabras. Entre esas persoas, claro, estaba Luz Pozo Garza. Non podería ser doutro xeito.

     Lía eu o seu magnífico Concerto de outono, un poemario que reflicte as claves da vida, o seu misterio e a capacidade de cambiar o mundo a través da palabra. Nel descubrín uns poemas , unhas Verbas a Rosalía, que me interesaron moito. E xa no primeiro poema, Hai unha voz, comecei un diálogo íntimo coa autora a partir dos versos: “Hai unha voz sen verbas ./ A que todos ouvimos no silencio”. Dese diálogo, naceu un dos poemas que máis valoro de toda a miña extensa obra. Daqueles diálogos naceu o meu prezado Na fogueira dos versos, un poemario que marcou un antes e un despois na miña traxectoria.
     
     Ben, pois deseguido, tedes ambos poemas para que gocedes, se cómpre, coa súa lectura.


Luz Pozo Garza (Foto: La Voz de Galicia)


HAI UNHA VOZ


Hai unha voz
no tempo de Galicia.
Hai unha voz sen verbas.
A que todos ouvimos no silencio.
Lembrando nomes pra que naza o millo.
 
Chámase morte ou mágoa.
Xuramento de anguria.
Soedade.
Pensamento de pedra.
Chámase berro, auga,
desarrimo.

Chámase olvido.
E chámase arelanza.
Ou vida ou libertade ou compaña dos nosos.
Chámase soño, morte, lar, saudade.
Chámase choiva que lourea os froitos.

Hai unha voz.
Chámase Rosalía.
Sete letras de laio.
Saudade
dunha fala ferida.

Esperanza dun mundo
que inda fica nun berro
de libertade.
Hai unha voz.
A súa.
Benzoada.

                                                                      



                                                                        Hai unha voz sen verbas
                                                                       A que todos ouvimos no silencio
                                                                                              LUZ POZO GARZA


Voz sen verbas:
silencio.
Mar sen auga:
deserto.
Sol sen raios:
misterio.
Luz sen brillo:
coitelo.
Man sen man:
un berro.
Dor sen laios:
o tempo.
Eu sen ti:
inferno.

martes, 5 de mayo de 2020

"MURDER MOST FOUL", NOVA CANCIÓN DE BOB DYLAN

E, de súpeto, no medio de toda esta situación tan estraña de confinamento forzado na casa por mor da pandemia global, vai Bob Dylan e publica unha nova canción, "Murder Most Foul". E non é unha canción calquera, senón un tema de case que 17 minutos que xira arredor do escuro a aínda non esclarecido asasinato de John Fitzgerald Kennedy en Dallas no mes de novembro de 1963. Segundo lle comentou alguén ao propio Dylan, ese foi o día no que comezou a xeira do Anticristo, o día no que a alma de toda unha nación foi arrincada, o intre que sinalou o inicio do declive de toda unha cultura. Nesta canción, a primeira orixinal que Dylan saca á luz en case oito anos, dende ese excelente disco titulado Tempest, o de Minnesota reflexiona sobre o magnicidio e trae o pasado ao presente a través da súa visión crítica. É unha canción épica, apocalíptica, recitada máis que cantada por unha voz de Dylan que adquire a personalidade dun vello bardo que nos fala do pasado para que non o esquezamos e o apliquemos ao presente, deixando tamén algúns comentarios moi interesantes sobre ideas das que hoxe tanto se fala como a de verdade ou a de liberdade. Nun vídeo que publicou non hai moito na súa canle de YouTube, Antón García-Fernández ofrece un comentario crítico sobre este "Asasinato moi vil", analizando os múltiples contidos e as moitísimas referencias musicales e culturales que atopamos na súa letra. Por se vos interesa, podedes ver o vídeo de Antón premendo nesta ligazón.