O pasado xoves, día 15 de xuño, tivo lugar a presentación en Bueu do
libro Se falases de min, publicado pola Editorial Elvira.
É este un libro especial para min pois
conta coa participación de amigos moi especiais como Paco Ibáñez, Jordi
Sierra i Fabra, Xulio García Rivas e Alberto e Andrés Cunha.
A cargo destes dous músicos
extraordinarios correu a parte musical do acto, que foi presentado polo editor
Xabier Romero.
Versos e aloumiños ofrece as
miñas palabras sobre a xestación do volume, as cancións dos irmáns Cunha, algún
recitado e breves palabras do editor. Por un erro técnico perdeuse unha parte da
intervención deste e a fermosísima canción que os músicos interpretaron: Cantares,
de Joan Manuel Serrat/ Antonio Machado.
Os irmáns Cunha durante o acto
Quede, pois, aquí o testemuño dun acto precioso que tivo ao
incansable Fernando Miranda como promotor do mesmo.