viernes, 29 de abril de 2016

LOS "POEMARIOS DE LA PÁGINA ESCRITA" (6) "Lo que saben los erizos" de Beatriz Osés






Lo que saben los erizos

Beatriz Osés

Ilustraciones de Miguel Ángel Díaz

Editorial Faktoría K de Libros



Beatriz Osés es, hoy por hoy, una escritora de referencia dentro del mundo de la LIJ española. Y lo es por méritos propios. Por la calidad de sus libros, por los premios conseguidos y porque es una persona implicada desde la docencia en iniciativas para incentivar a los jóvenes (y también a los adultos)  para que lean y se acerquen a la lectura a través de la creación literaria.
     
     Con El secreto del oso hormiguero, un libro magnífico, ganó en 2008 el prestigioso Premio Internacional de Poesía “Ciudad de Orihuela”. Con ese libro empezó a a asentarse como poeta, pues Beatriz Osés es una excepcional narradora.
     
     Ahora, noviembre de 2015, aparece en la Editorial Kalandraka su segundo poemario, Lo que saben los erizos, con unos poemas llenos de ternura, melancolía y humor que refuerzan la capacidad lírica de esta autora.
     
     Lo que saben los erizos es un libro que contiene 30 poemas teñidos de curiosidad y una cierta melancolía. Es un diálogo permanente entre la niña y los distintos animales a los que pregunta y de los que no siempre recibe respuesta. Y se pregunta cuánto pesa una lágrima, cuándo pasa la tristeza, cuándo se le olvida al elefante por qué llora, lo difícil que es llorar en el Polo Norte. Se habla de las lágrimas del pájaro carpintero, de que el hipopótamo tiene los ojos rojos y se encuentra en un río que antes no estaba. Conocemos lágrimas de rinoceronte. Sabemos que las avispas lloran lágrimas afiladas y que la jirafa cuando llora moja las estrellas.
     
     
Beatriz Osés
     Poemas con mucho ritmo. Que riman en asonante. Poemas con repeticiones, con estribillos. Encontramos alguna mentira (En la Luna, / las lágrimas de las mariposas / caen hacia arriba) y alguna nana. Metáforas de vida.Está claro que es difícil  prescindir (no hai por qué, sino todo lo contrario) de la influencia de la literatura tradicional. Y Beatriz Osés lo sabe, se deja envolver por su espíritu, pero otorga a su discurso poético una voz propia que lo hace atractivo y sorprendente.
     
     Ella misma habla del poemario como “una elegía perruna que, con los años, se fue transformando en un pequeño recorrido para alejar la tristeza de la mano de distintos animales y de la curiosidad de una niña”.
     
     
Ilustración de Miguel Ángel Díez

     Las ilustraciones de Miguel Ángel Díez son de una expresividad que contagia. Se hace eco de lo que el texto dice y, con un toque de simbolismo, lo refuerza con guiños cómicos y tiernos, creando unas imágenes de un gusto exquisito.
     
     Un libro precioso que nos permite una lectura sosegada y muy placentera.
                                              

                                                                                                 ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO




martes, 26 de abril de 2016

" Poemar o mar", a poesía de García Teixeiro desde outro punto de vista. Un artigo de Manuel Veiga





Poemar o mar, a poesía de García Teixeiro desde outro punto de vista


Manuel Veiga Taboada


Coa chegada á madurez, a poesía de Antonio García Teixeiro vaise facendo máis diáfana, até mostrar con claridade a súa principal característica, que non vai provir dos temas. Poemar o mar, o seu último libro, editado por Xerais, na colección Merlín, é un exemplo moi apropiado.
           
        
Manuel Veiga
Neste libro, o último da súa recente triloxía de materia chamémoslle oceánica, hai por suposto peixes, mariñeiros e sereas, pero resúltanos máis fácil que nunca desprendernos destes leitmotiv para descubrir que o verdadeiro traballo de García Teixeiro está centrado, como xa viña mostrando ao longo de boa parte da súa traxectoria, na linguaxe.
           
         Poemar o mar ábrenos, sobre todo, os ollos e os oídos ao ritmo das frases, ao papel da rima, aos xogos coas palabras. Esta liña poética do autor –pois ten outras que se moven nunha clave diferente– converte os seus libros nunha especie de taller literario, no que se reflexiona e se aprende a manexar a lingua non de forma abstracta, non a través de exercicios máis ou menos atinados, senón através dos propios poemas.
É a propia obra a que se abre sobre si mesma para mostrarnos a súa cociña secreta. E faino através das formas básicas e máis importantes da literatura.

      Resulta xa moi sabido polos seus lectores e pola crítica que Antonio García Teixeiro ten un bo ouvido musical que permite que o ritmo sexa case sempre un dos piares dos seus libros. A iso hai que engadir a súa vontade de xogo. Dentro de Antonio hai unha parte infantil que gusta deses enredos coas palabras, de variar e transformar significados, a través da asociación e o azar inconsciente.
           
              Antonio traballa, en xeral, coas figuras máis elementais da retórica. Quérese dicir cos primeiros tropos aos que unha persoa ten acceso e un neno ou nena debe aprender a dominar para converterse en bo lector.
            Facendo un paralelismo coa música, poderiamos dicir que ler este libro, a poder ser en voz alta, representa para un lector en cernes algo parecido a asistir a unha lección de solfeo. Poemar o mar transmítenos, do mellor modo posíbel, é dicir desde a poesía e a súa inherente beleza, a arte literaria e móstranos a ese Antonio máis humilde e, ao tempo, quizais máis valioso, que é o Antonio artesán, acolledor e amábel cos futuros lectores.
           
           

          
          Lonxe, polo tanto, do catálogo de animais e personaxes que caracteriza outra póla moi diferente da poesía infantil, en Poemar o mar non aprendemos moito do mar nin dos seus elementos propiamente ditos. A proba de que o autor non busca, en ningún momento, este tipo de lectura ou de interpretación é que non se afasta nunca dos motivos habituais, desprendidos de singularidade: un peixe xenérico, un mariñeiro xenérico, o fondo do mar, as sereas, a auga salgada, as buguinas. En cambio, dános unha pista sobre a verdadeira razón de ser dos seus versos, ao citar numerosas veces as expresións: verbas, versos, poeta, caderno, papel, recitar, mensaxe, etc.
           
        Os versos de Antonio García Teixeiro conteñen ademais, igual que outros libros seus que inciden nesta mesma liña, un vocabulario tipicamente poético: flores, soños, dozura, vento, andoriñas. Sucede, coma na pintura da Idade Media, na que os motivos acostuman a ser sempre os mesmos: a natividade, a adoración dos Reis, a crucifixión. O poeta, como aqueles pintores que encumiaban a relixión por encargo, estanos dicindo que o tema non é o fundamental, senón a recreación que facemos del. E non só a forma particular de mostralo, senón incluso a técnica que se debe utilizar para escribir-pintar ben. García Teixeiro non é así, nestes poemas, un poeta figurativo, senón un autor que estuda as cores e o trazo e que volve, unha e outra vez, sobre o mesmo tema, probando todos os ángulos de luz baixo os que pode ser mostrado, como nesas series consecutivas nas que Monet representaba, case na mesma posición, as plantas acuáticas do seu xardín de Giverny.
           
        
Antonio García Teijeiro. Foto de Anxo  Cabada
     
     Velaquí un libro, no ronsel doutros do mesmo autor, moi útil para que os mestres contaxien os lectores máis pequenos do pracer de xogar coas palabras. Un pracer polo que os nenos e nenas se senten de seguida atraídos, a pouco que se lles dea a oportunidade. O que está en liza non é só a súa futura capacidade para expresarse, importante en case todas as facetas da vida, senón tamén, como hoxe se sabe, a propia conformación da parte do cerebro que controla a linguaxe. Antonio consegue que ese exercicio se faga através da beleza e da diversión.
           
       Por último, hai que resaltar a boa factura estética e física desta colección Merlín. E, nese marco, encaixan moi ben os debuxos de Xan López Domínguez, un dos mellores ilustradores cos que contamos, algo relevante tendo en conta o bo nivel da maioría. O estilo de López Domínguez, entre a figura, a abstracción e o xogo surrealista, identifícase ben coas intencións do libro.

     Realmente, non era de peixes do que Antonio –e o debuxante– nos querían falar. Se o volvemos ler, dámonos conta de que o propio título do libro era xa ben indicativo.


Ilustración de Xan López Domínguez


sábado, 23 de abril de 2016

DARDO POÉTICO (XXXII) Uns aforismos de Benjamín Prado do libro "Más que palabras"





De cando en vez aterro en espazos moi ceibos de palabras, de versos, de longas oracións gramaticais, de repeticións que me intentan dominar, de parágrafos que me envolven entre a crueldade e o agarimo.
     

     
     De cando en vez decido pousar os meus sentidos nunhas illas que están rodeadas do mar do enxeño. Que semellan chamarte en voz baixa pero que, ben o sabes, soan a berros no teu interior.

     De cando en vez decido pisar os terreos dos aforismos, eses eidos que non parecen estar sen labradíos, pero que dan froitos insospeitados.
     As colleitas son moi xenerosas.
     Os froitos teñen unhas formas e unhas cores sorprendentes. O seu sabor, exquisito.
     
     
Benjamín Prado
     Desta volta detívenme no terceiro libro de aforismos  de Benjamín Prado, un escritor que me interesa. Alguén do que eu leo a súa poesía, os seus artigos no xornal e máis dunha novela.
     O libro leva por título Más que palabras e está editado por Ediciones Hiperión en 2015.
     Decidín poñelos en galego. Quedan ben na nosa lingua.

     


     
      Velaquí algúns deles:
         * Hai quen só conta contigo ata completar o aforo.
        * As persoas que temen perderte sempre dan un pouco de medo.
        * Recoñecina porque non se parecía a ninguén.
       *  O poema é a cabeleira da linguaxe.
       *  Cando non vaias a ningures, tamén te quererei acompañar.
       *  O que ten mérito é ser lembrado polo que fas, non polo que din de ti.
       *  Hai quen confunden darche un consello con deixarche unha multa no parabrisas.
        * A igualdade tamén consiste en que todos poidamos ser diferentes.
        * O pesimista busca desgrazas que lle dean a razón.

     *    Estar mal acompañado é estar só por partida dobre.

     Tras ler estes aforismos, decidín cerrar o libro e dedicarme a ver como aboian no máis íntimo de min as ondas do mar.

                                                                                            ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO


jueves, 21 de abril de 2016

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (XLVIII) Juan Carlos Martín Ramos (2)






JUAN CARLOS MARTÍN RAMOS  (Belmez, Córdoba. 1959)





VIVO DENTRO DE UN TEATRO
tan pequeño, tan pequeño
que aquí se pueden tocar
las estrellas con los dedos.
Juan Carlos Martín Ramos
Los caminos son muy cortos.
Cuando salgo, ya regreso,
cuando doy la vuelta al mundo
me despido: “¡Ahora vuelvo!”.

No hay sitio para fronteras,
para banderas al viento.
Aquí todo lo que pasa
no es historia, es un cuento.

El teatro donde vivo
es pequeño, tan pequeño
que hay que mirarse a los ojos
para verse desde lejos.



ME GUSTA ESPIAR AL PÚBLICO
por un pequeño agujero,
saber la cara que pone,
si sonríe o está serio.

Desde la primera fila
los niños gritan y aplauden,
pero un poco más atrás
hay quien calla o se distrae.

A veces me he preguntado
si afuera todo es lo mismo,
si hay quien da su corazón
y quien lo deja en su sitio.

Consulto al titiritero:
“Di, ¿de qué pasta estáis hechos?”.
Pero él no sabe o no quiere
revelarme su secreto.



CHACOLÍ

Cuando el público le llama,
sale veloz Chacolí
con su estaca justiciera,
por si acaso y porque sí.

“¡ Haya paz en el teatro!”,
dice nada más salir,
y a estacazos pacifistas
se llega al final feliz.

Ilustración de Federico Delicado
Es un héroe enamorado,
su corazón late a mil,
cuando lucha con el Ogro
le calienta la nariz.

Su cabeza de madera
no está llena de serrín,
tiene grandes ideales
y fantasías sin fin.

Cuando los niños le llaman
sale feliz Chacolí,
no sólo porque le llamen,
sale porque él es así.


DON CRISTÓBAL

Juan Carlos y Lurdes López, con el premio.

Don Cristóbal es un títere
deslenguado y bravucón,
va a buscar su cachiporra
cuando le dicen que no.

Don Cristóbal es un títere
desvergonzado y glotón,
en su panza cabe el mundo
y la luna alrededor.

Don Cristóbal es un títere
botarate y cabezón,
piensa poco lo que dice
y, si lo piensa, peor.



(Del libro Mundinovi, editado por Faktoría K. 2016. “Premio Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños” 2015).




martes, 19 de abril de 2016

A LUZ DAS PALABRAS ( 53 ) Dores Tembrás




    Ten unha poesía espida, punxente, metálica ás veces, que penetra no máis fondo do lector/a.
     Unha poesía que pon ao descuberto certas necesidades que o ser humano precisa para rabuñar nos sentimentos que como tal o identifican.
     Poesía directa, ateigada de dúbidas, de ofrecementos, de desexos.
     Poesía que sinala, que presenta afectos e desafectos e que tinxe de urxencias vitais.
     
     
Dores Tembrás


          Estou a falar da poesía de Dores Tembrás (Bergondiño, A Coruña, 1979). Doutora en Filoloxía Hispánica, fixo a tese de doutoramento sobre a enorme poeta Alejandra Pizzarnik. Investigadora, publicou estudos e poemas en revistas especializadas.
     
     O seu primeiro poemario, O pouso do fume, viu a luz en 2009. Cando caeu nas miñas mans este libro, decateime axiña de que estaba diante dunha poeta, cuxa obra me ía acompañar sempre.
     
     Talvez porque abro os poemarios pola metade para botarlles un ollo, os primeiros versos que lin de Dores Tembrás poderían ter sido estes:



deambulo por este corredor
que se estreita e ensancha a cada paso
as lacenas seláronse
e os vasos estalaron con nocturnidade e aleivosía
os interruptores reconcentráronse (…)

     
     O poemario deixou pegada en min. Chegoume fondo.
     E tiven que agardar cinco anos (demasiado tempo para min) ata que chegou ás miñas mans a Cronoloxía da urxencia (2014), galardoado co XVI Premio de Poesía Concello de Carral::

palabras
eran balas
con mordaza
no negro
sete setenta e cinco
cruzándonos
contra a solitas

baixo o brazo
c´est fini
ou os ollos

fogo a discreción

     
     Foi este un dos poemas que me sacudiron. Un poema escrito “lendo a Lois Pereiro”.
     
     Dores Tembrás mantense –como non!- entre esas autoras ás que volvo cada pouco.
     Así que non é difícil comprender que Versos e aloumiños lle pedise un texto para esta sección, A luz das palabras, que pretende que as persoas que teñan algo que dicir nos alumen co seu discurso literario e humano.
     
     E Dores Tembrás, cunha xenerosidade grande, agasallounos o texto que podedes ler deseguido.

    Un luxo. Unha honra.







silabario


y el no estar a la altura de las propias palabras
con esfuerzo aprendidas
Valente





era custodiar
a terra

un custodiarse

partitura de raíces
que me contiñan
eran as vexigas
na carne infantil

unha constelación
de tubérculos aluarados
que me empeñaba
en admirar

roedora insaciábel
rella
do arado que manca

ghrade e caínzo
para a iniciada

no sen alento

--






domingo, 17 de abril de 2016

ESCAPARATE POÉTICO ( LXXVIII) Emma Pedreira




                                 EMMA  PEDREIRA  (A Coruña, 1978)







O DOMINGO



O inmundo renxido do silencio dos domingos de chuvia
Emma Pedreira
viría daquela muller da gaiola que de tanto chorar
                                       / xerminou o corazón en flor
e morreu de avésporas?

As xanelas protexían das fuxidas e ceibábanme daquel
medo.

Por que será que con luz de distancia semella lenda o
                                                             / normal espectro
dunha boca
calada para sempre?







A EXCLUSIÓN

Abriu un carreiro de silencio este lume arremetendo
                                                                        / a terra.
Para limpar saciou ese oco este frío.
Creou unha carocha docísima, impracticable,
esvaradía e falsa.

Unha pegada onde non cabe o pé de ninguén,
a despoxarnos de agocho e de sementeira.

Isto é o que provoca un exilio.

Envorcar todos os ecos nun só vulto de equipaxe.
Nos vidros da memoria desfíxose a casa entalada nas
                                                      / pozas de novembro,
cousa de non tocar, de perigo.

E xa somos os perdidos
onde para sempre as bocas deixaron de dicir os nosos
                                                                            / nomes.




Recibindo o "Premio Gonzalo López Abente".

EUME


Moi amodo fuches  primeiro amor sobreimpreso n aterra.

Non estabas derretido nos gumes da aldea como o estás
                                                / agora pola miña boca,
nin eras no tempo como a pel dos meus ollos.

Disque só pedías un sacrificio cada tantos anos.
Eu dispúxeme, na miña perda, como vítima propiciatoria.





(Do libro  s/t, editado por Edicións Xerais. 2015, co que gañou o “III Premio de Poesía Gonzalo López Abente”).