Para non ser repetitivo, non vou falar máis do memorable concerto de Paco Ibáñez no Auditorio Mar de Vigo.
Nin tampouco da emoción que
eu sinto cando o escoito interpretar as cancións baseadas nos meus poemas.
Pero Versos e aloumiños ten
a obriga de gardar momentos sonoros coma estes, que se poden escoitar co paso
do tempo.
Velaquí, no vídeo, dous momentos emocionantes
para min con Paco no escenario.
Un deles, cantando eu a canción
Pomba, na que o mestre me deixou só, a capela, con Paco facéndome unha
segunda voz. Esqueceu de tocar a guitarra, moi pendente da letra.
No outro, a interpretación musical
do poema Que ocorre na terra?, tan paseado polos escenarios de medio
mundo en galego.
Para que poidan ser desfrutados polos
seguidores e seguidoras deste blog-revista, aquí quedan rexistrados nun vídeo excepcional.
Sede, iso si, comprensivos
coa miña interpretación porque eu non sei cantar; porén, quen lle di que non ao
mestre?
* Grazas a Helena Pérez polo envío de ambos os dous vídeos.