Experto
eXcalador de eXcaleras
Javier
González
Ilustracións de Lluïsot
Editorial
Kalandraka Col. Orihuela
Dende
logo que hai moitas maneiras de concibir o feito poético.
E,
se hai talento, todas son válidas para expresar no papel aquilo que nos ronda
pola cabeza.
Hai
poemas que se poden ler en voz alta; outros, non tanto.
Hai
poemarios máis clásicos e outros que rachan as convencións poéticas na procura
dunha orixinalidade que os fagan máis atractivos.
Hainos
influídos por Lorca, Machado ou Alberti; e outros que beben das vangardas, de
Apollinaire ou do gran Gianni Rodari.
Acabo
de ler Experto excalador de excaleras e impactoume o seu discurso
poético por orixinal e rompedor.
Con
el, Javier González acadou o “Premio Cidade de Orihuela” de poesía en
2023.
Javier González |
Mergulleime
na súa proposta e debo recoñecer que me resultou inquietante poeticamente
falando.
EXperto
eXcalador de eXcaleras
é un exemplo claro dunha poesía que roza
o visual en moitos momentos, que está moi traballada, moi ben construída e
ateigada de enxeño.
Vexamos,
por exemplo, estes versos que amosan a singularidade deste poemario:
No
quiere la poesía que la lean/ y entonces revuelve las letras/ de sus palabras y
sía adien epdau/ rlee uss srsoev euqrop
osn…
Estes
primeiros catro versos do primeiro poema “No quiere la poesía que la lean”, que
vai detrás da sopa de letras que abre o poemario, marcan a intención do
seu autor. Unha enorme imaxinación ao servizo dun discurso poético esteticamente
moi interesante.
Unha
poesía pensada para ler, pero, sobre todo, para ver e sorprenderse.
Un
poemario orixinal, diferente, cun carácter lúdico, ateigado de poemas que xogan
con imaxes, coas palabras, coas onomatopeas e cun sentido do humor moi
profundo.
Distintos
tipos de letras, con intensidades variadas, con versos que se van esfumando,
con poemas-espello ou con versos que traspasan a folla para rematar na seguinte
antes de poder ler o novo poema.
As
ilustracións de Lluïsot están en íntima relación co contido destes versos,
algún deles moi tolos, que nos fan sorrir e que nos sorprenden en cada páxina.
Un
poemario para gozar da comuñón íntima entre palabra e forma.
Unha
proposta que amplía o variado abano de posibilidades poéticas para gozar da
poesía dende un punto de vista atraente.
Antonio García Teijeiro