jueves, 23 de febrero de 2023

DARDO POÉTICO (XCI) "Recitado do poema de Oroza `Prohibido el paso´o día que bota a andar a Asociación ÉVAME-OROZA"



A Asociación Évame-Oroza botou a andar a finais do mes de xaneiro no local da mesma.

É esta una asociación presidida polo infatigable Xabier Romero, director da Editorial Elvira, e un bo número de persoas distinguidas da cultura da nosa cidade e fóra dela.






O obxectivo e salientar a obra dun poeta demasiado esquecido, que rachou moldes, extraordinario poeta oral, como foi Carlos Oroza.

Pero, tamén, crear un núcleo que fomente a actividade cultural de Vigo e que sexa un punto de encontro daquelas persoas que pensan a cultura dun xeito rico e aberto.

No acto de inauguración da sede, Romero explicou a razón de ser da asociación e logo varias persoas recitamos algúns poemas de Oroza.

Eu escollín un dos seus máis significativos: Prohibido el paso, unha mostra da faceta máis social do poeta.

Ramón Rozas, que por alí andaba, gravou a lectura e Versos e aloumiños ofrécea para ser escoitada.

 

 


 


                                              PROHIBIDO EL PASO (fragmento)


Se prohíbe adelantar la brisa hacia esta orilla

Hay temor y se prohíbe el paso

Se prohíbe el paso

Atelaida está muriendo en el hombre en una tremenda muerte dividida a la espalda del mundo

Se prohíbe el paso

Las ruedas de la vida se sostienen en el aire

Se prohíbe el paso

El grito de la libertad ha muerto intacto

Las llaves de las cárceles de atelaida están mása allá de las fronteras

Se prohíbe el paso al aire de nuestro pueblo

El aire de nuestro pueblo cayó en un punto de eternidad en la frontera

Como un peso de niño de extrañas avenidas

 

Sermáforo ¡cuidado! (…)



            



        Velaquí o vídeo da lectura de Prohibido el paso







jueves, 16 de febrero de 2023

AUDIO DA PRESENTACION DE "SE FALASES DE MIN" NA LIBRERÍA VERSUS



A finais do mes de febreiro, tivo lugar unha nova presentación do libro Se falases de min na prestixiosa librería Versus.


     Introduciu o acto o director da editorial Elvira, Xabier Romero, e deseguido o artista Alberto Cunha dixo unhas palabras referentes ao espírito desta xuntanza literario-musical.

Intervención de Xabier Romero

     Antes de que eu contase a miña impresión do libro, Alberto e Andrés Cunha interpretaron a canción Se falases de min, que no libro aparece na voz do gran Paco Ibáñez. Foi, sen dúbida, unha fermosa versión, como neles é costume.

Alberto Cunha fala do acto e do libro

      Tamén eles dous, tras a miña intervención, deixaron no aire (e nos nosos sentimentos) dúas cancións baseadas en poemas do libro. Foron intres de emoción nada disimulada.

 

Os irmáns Cunha deleitando aos asistentes


     Resultou, sen ningunha dúbida, un acto entrañable nun recuncho precioso da librería que nos acolleu cun enorme agarimo.

O acto foi gravado en audio e aquí está para os que vos animedes a escoitalo.

AGT falando do libro

       Versos e aloumiños segue a ser un espazo para xente sensible ás artes. Se falases de min, que reúne arredor da poesía, as pinturas de Xulio García Rivas, as palabras de Jordi Sierra i Fabra, a composición de Paco Ibáñez (case nada!), seis temas de Alberto Cunha e a miña voz lendo poemas do libro; Versos e aloumiños, digo, séntese un blog-revista moi honrado de recoller estas pezas, algunha delas, histórica.







E velaquí o audio deste acto tan marabilloso.







sábado, 11 de febrero de 2023

ANDEL DE NOVIDADES (7) Francisco Fernández del Riego en senllos libros de Ramón Nicolás e Héctor Cajaraville

 



A piques de que comece o “Ano Del Riego”, a quen se lle adica no 2023 o Día das Letras Galegas, as editoriais poñen en marcha os seus motores.

     Edicións Xerais de Galicia vén de editar dous libros ben interesantes como sucede cada ano para celebrar o día das Nosas Letras.

O primeiro deles aparece da man e do saber do escritor e crítico literario Ramón Nicolás, cun libro que leva por título Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo, incluído na colección Xerais Libro X.

Trátase dun volume moi interesante de carácter divulgativo. Escrito cunha prosa amena e directa, o autor vai deitando unha biografía moi clara sobre don Paco, que nos leva, sen dúbida, a entrar na súa complexa vida, chea de proxectos, feitos e investigacións e que nos permite comprender as claves fundamentais do galeguismo e da cultura galega no século pasado.

     

Cando un remata a súa lectura, entende a chea de atrancos e dificultades que os pioneiros, e neste caso Del Riego, tiveron que superar para dotar a Galicia dun espírito intelectual e cultural de seu. Os diversos capítulos van levándonos por unha vida chea de sobresaltos, fannos entender certas realidades e amósanos a figura de Francisco Fernández del Riego como un home xeneroso, poliédrico, comprometido e honesta.

     Ao pechar a última páxina do libro, un sente as ganas de afondar na persoa e nas múltiples actividades que desenvolveu ao longo de moitísimos anos.

     Isto é, sen dúbida, o que Ramón Nicolás pretendía e abofé que o conseguiu completamente. Nicolás escribe no limiar que “o propósito destas páxinas é o de ofrecerlle á persoa interesada unhas claves sintéticas e apertadas, construídas desde o respecto e a admiración, que posibiliten coñecer quen foi Francisco Fernández del Riego e o que supuxo para a nosa cultura”.

 

O segundo libro editado por Xerais na colección Merlín é da autoría de Héctor Cajaraville, vai dirixido a un público máis novo e titúlase Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro.

     Cajaraville é consciente da importancia de achegar a figura de tan eximio intelectual á rapazada e á mocidade e sabe que debe escribir nun ton sinxelo pero sen concesións. As primeiras páxinas teñen como obxectivo centrar a figura de don Paco e destacar a súa importancia como un dos intelectuais máis relevantes da nosa historia e engade “non só polo seu labor persoal, senón porque grazas ás súas iniciativas foron moitos os autores que puideron dar a coñecer e ver recoñecida a súa obra”.

     

Gústame o espírito do libro que é fiel ao concepto que enmarca todas esas iniciativas no “galeguismo”, que, para quen isto escribe, é o fundamental dos seus variados proxectos.

 Ao longo da obra imos vendo as distintas etapas da súa vida: a posguerra e os “anos da fame”, a creación da editorial Galaxia (“o máis emblemático fito do ´segundo rexurdimento´ da cultura galega tras a Guerra Civil”), a revista Grial, outros proxectos como a Fundación Penzol, a súa faceta de escritor entre os anos 1997-2010. Cómpre destacar a inclusión dun Epistolario que inclúe cartas de Álvaro Cunqueiro, Valentín Paz Andrade, Ramón Piñeiro, Celso Emilio Ferreiro, Antonio Fraguas, todos eles galeguistas sobranceiros que compartiron con Del Riego moitos das súas inquedanzas culturais. Entre as cartas figura unha moi agarimosa enviada a Héctor Cajaraville, autor desta obra. Non falta no libro unha cronoloxía, a súa obra publicada, os recoñecementos acadados por don Paco e unha bibliografía selecta

     Por se fose pouco inclúe unha presentación audiovisual, a través de código QR, onde Cajaraville fala sobre Fernández del Riego.

 


     Ambos volumes son dun interese ben grande. Os dous reflicten a función de Del Riego, na súa longa vida, coma un alicerce ao redor do cal se artellou o difícil traballo conxunto entre os intelectuais do exilio e dos que permaneceron no interior.

Dous libros amenos e sedutores, en principio dirixidos a dúas clases de público, que se len con moito pracer.


                                                                                     Antonio García Teijeiro




jueves, 2 de febrero de 2023

DARDO POÉTICO (XC) Os libros de Mª Cristina Ramos que voaron cinco veces de Neuquén a Galicia

 





Hai libros que un desexa que cheguen á túa casa, que están voando cara a ela e que se perden no misterio do imposible.

Hai libros que son enviados con moito agarimo e, non sei por que influencia dos trasnos , nunca acaban de chegar.

Pasa unha vez, pasan dúas e… talvez á terceira?

Pois non, á terceira a fortuna, o misterio, a maxia deixaron no meu fogar un mundo cheo de soños procedente de Arxentina.

Con María Cristina Ramos na FILBA (Buenos Aires)

Trouxeron a palabra da miña admirada María Cristina Ramos, unha das voces literarias máis recoñecidas e potentes de América.

Cando lle comuniquei a chegada que tanto se fixo agardar, María Cristina escribiume unha frase moi fermosa: “Ahhhh…xa comezaba a pensar que non chegaban porque a túa casa estaba na fronteira entre a lírica e os soños, Antonio!!!

Pura poesía.

Os libros que aterraron en Galicia recenden a mar, a océano, a luz, a herba fresca, a música. Veñen de Neuquén, na Patagonia arxentina.

Narrativa, didáctica, pequenos relatos e…moita poesíaaaaaaa!

Poesía para acariñar, para xogar, para bicar, para brincar.

 



Cuando la luna se acuesta,

la vienen a saludar

los hijos de las estrellas

y las hijas de la mar.

 

Cuando la luna se duerme,

sueña una orilla de sal

y un río que pasa y deja

caracoles de cristal.

 

Cuando la luna despierta,

se peina con soledad,

busca zapatos de niebla

y se va a peregrinar.

 

Que beleza de poema contido no libro Corazón de grillo. Que terá a lúa que conmove tanto aos poetas, ás poetas?

 



No libro  El mar de volverte a ver podemos ler poemas fermosos coma este:

 

Teolvido del te lo dije

 

Dijiste que no te quiero,

te aviso que te avisé.

Que lo he escrito veinte veces

y no has querido leer.

 

Lo escribí en la orilla mansa

de la laguna encantada,

esa que brilla de noche

y se esconde en la mañana.

 

Lo escribí en las muchas notas

con que suenan las campanas;

en los párpados del vidrio

cuando duermen las ventanas.

 

Y lo escribí en la bitácora

de un barco que anda en el mar,

buscando un puerto seguro

al que no puede llegar.

 

E que vos parece este minirrelato tan poético? Moi ben, a que si? Lédeo e darédesme a razón.

Di así:

 

                              LA  LECHUZA

     

     Una lechuza perdió una pluma, la pluma que usaba para escribir. Dicen que la encontró una liebre y la usó para hacer dibujos en la orilla del río. La pluma cayó al agua y se la llevó una rana para escribir mensajes en su cueva. Pero un martín pescador la pescó y luego la soltó en el aire.

     Desde entonces, anda volando. La lechuza abre mucho los ojos para ver si loa pluma regresa.

 


Este texto está incluído no título Secretos de los que van y vienen. Contos curtos moi vivos, con humor e poesía.

 

Compartindo obradoiro con MªCristina Ramos e Griselda en Santiago

 Ben, pois eses libros polos que eu devecía e que cruzaron o Atlántico cinco veces!!! por fin pousaron na casa para a miña satisfacción.

María Cristina Ramos é un ser fantástico, que escribe moi ben, que ten poesía nos seus dedos e palabras en todo o seu corpo.

Hoxe son feliz entre poemas, relatos e propostas didácticas arredor da literatura.

Espero que a gocedes.

Os seus libros son un tesouro.

Cris Ramos,Susi e AGT en Buenos Aires