Unha nova sección abre Versos e
aloumiños. Chámase FIESTRA ABERTA. Este blog sempre quixo ser un espazo para
COMPARTIR textos, para darlle a voz a todos aqueles e aquelas que teñen algo
que dicir, normalmente especialistas nalgún xénero literario, autores e autoras
da LIX galega e castelá, poñendo o acento, o máis posible, na POESÍA, un xénero
literario bastante maltratado, música de todos os estilos, noticias e artigos
de interese indubidable.
Pero os que facemos Versos e
aloumiños, queremos darlles a palabra a moitas persoas que, sen ser coñecidas
(ou si) queiran PARTICIPAR neste proxecto plural, escribir o que sintan, crear
textos, iso si, literarios ou amosarnos aquí, e isto vai dirixido aos docentes,
as actividades que en relación coa LECTURA ou coa LITERATURA estean realizando
nos seus centros.
Versos e aloumiños ABRE a súa
FIESTRA con agarimo, e coa esperanza de que sexan moitos os que se decidan a remitirnos
as súas reflexións, os seus comentarios, os seus poemas, os seus artigos para
que poidamos gozar da palabra escrita. Non hai idades específicas. Todas teñen cabida nesta sección.
E tamén nos gustaría a
participación dos nenos e nenas, dos mozos e mozas que sintan a necesidade de
poñer nun papel as súas creacións e que poidamos gozar con elas.
Para isto, poñémosvos o enderezo
electrónico do blog para que enviedes aí os vosos textos.
A extensión dos escritos non debe superar os
tres folios e sairán tal como os recibamos.
Versos e aloumiños escaneará os
textos e poñeraos directamente no novo espazo.
Este é o correo electrónico: versosealouminhos@gmail.com
Agardamos unha resposta afirmativa
que una máis a todos os que ledes con tanto agarimo este blog
E como abrimos a fiestra, vou poñer
algúns poemas de cando visitei Medellín. Están escritos por cativos da cidade
colombiana.Son o mellor exemplo que podemos poñer.Nenos e nenas escribindo POESÍA.
Prueba el ácido, es agrio.
Prueba el color de mi corazón
y serás un goloso.
(Esteban Quintero. 11 años)
Cosas de niños y niñas
los temores de ayer
casi los tengo encariñados
si se soñaron alguna vez.
Más difícil y más hermosa que el mar
y sus olas fuertes que
arrastran los peces hasta la arena.
Hoy me encontré una estrella en
medio de flores color púrpura
con ricos aromas.
Hoy fui feliz con el color del cielo
lleno de estrellas brillantes
Hoy la vida es el sol brillando
en medio de la muerte.
(Laura Castrillón. 9 años)
Día y noche
veo cadenas
que resplandecen
azul con amor.
(Kellyn Yurany Zapata.10 años)
Dende logo, amigos e amigas, vós podedes facelo.
Adiante!