Mostrando entradas con la etiqueta artigo literario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta artigo literario. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de octubre de 2025

PUBLICADO EN "ESTELA" do FARO DE VIGO: "Os libros, seres vivos que perturban". (Antonio García Teijeiro)

 




                         OS LIBROS, SERES VIVOS QUE PERTURBAN

 

                                                                                     Antonio García Teijeiro

 

AGT (Foto de Anxo Cabada)




Sentado diante da fiestra sinto horror polo xenocidio de Gaza e decido boicotear a Vuelta Ciclista e o EuroBasket pola participación de Israel en ambas competicións.




Aplaudo as interrupcións das etapas e danme noxo as declaracións de personaxes do deporte branqueando o sionismo israelí.

Sen música, remato La noche de Tlatelolco, de Elena Poniatowska: masacre e horror institucionais contra a xustiza e a liberdade. Nada novo.

Daquela…

Volve setembro. Van apagándose as esaxeradas calores estivais que padecemos estes meses. Con setembro, entre o remate do verán e o principio do outono, as escolas abren de novo as portas e plantéanse os mesmos retos de sempre.




A rapazada, inmersa en móbiles e redes, volve a atoparse cos libros de texto, cos exercicios, cos controis, cos proxectos e demais. E a lectura?

Eu non podo esquecer os libros de literatura nas aulas. A súa importancia. A súa necesidade. E penso nela como algo fundamental na formación do alumnado. Cada curso apostei por que os meus alumnos e alumnas gozasen da boa literatura. E, se falo a nivel global, por desgraza, dubido da verdadeira consolidación da lectura aberta, de calidade, positiva, nas nosas aulas.

Síntoo moito, pero cada ano que pasa son menos optimista (non quero dicir pesimista para que non me chamen derrotista) no tocante a que a lectura se desenvolva convenientemente nas escolas.

Hai unhas semanas Elena Villanueva apuntaba en FARO uns datos desoladores: o último informe PISA (2024) evidenciou as carencias do alumnado galego en lectura. Sinalaba un retroceso de case trece puntos nos hábitos lectores nunha década. Non me sorprendeu. Nada novo para min. Dende hai uns anos veño constatando, malia certas opinións en sentido contrario, que a lectura entre a mocidade está diminuíndo e que os mozos e mozas non a contemplan como un dos seus plans cotiáns.Na información da xornalista podiamos ler que só un 8% le diariamente, que un 43% dos maiores de cincuenta anos non le nunca e que o IGE (Instituto Galego de Estatística) informa que, referíndose a Vigo, catro de dez vigueses non colle un libro nunca e só un 9% o fai cada día. Son datos estremecedores. Datos para botarse a tremer.

Así que un non deixa de pensar que algo  non se está a facer ben.




Na maioría dos fogares non existe o hábito lector e a escola (agás docentes moi concienciadas) ten a lectura como algo secundario. Pouco ou nada  le unha boa parte dos mestres como sería aconsellable.E se faltan bos ou boas mediadoras todo resulta inútil. Hai excepcións, sen dúbida, pero abondan as prescricións que as editoriais envían aos centros con criterios máis comerciais que literarios. Non se fan postas en común sobre libros interesantes: eses libros que permiten reflexionar -ademais de entreter, que tamén existen- sobre comportamentos dos personaxes, sobre situacións da vida, sobre a complexidade da sociedade. Son textos que axudan, dende a boa literatura, a tomar conciencia do mundo que vivimos, a un coñecemento de cadaquén máis profundo e a procurar horizontes de conciencia persoal e social en liberdade.

Un libro é algo vivo que convida a penetrar nel e a perderse pola infinidade de vieiros que abren ao lectorado. Libros con sensibilidade que rabuñan por dentro e que permiten que sigamos medrando interiormente.

Vivimos na época das RRSS, do inmediato, da velocidade, da imaxe banal. Somos parte dunha sociedade que rexeita, en boa medida, todo o que signifique reflexionar, detérmonos na voráxine cotiá. Que rexeita todo o que supoña un esforzo. O pensamento e a serenidade semellan unha perda de tempo. Aburren. Non queren deixarnos parar. Non lles convén.

Observo unha uniformidade social e de comportamentos que me deprime. E considero que os bos libros nos crean conciencia de nós mesmos. Encantaríame que, dunha vez por todas, puxésemos resistencia ao conformismo imperante cos libros como bandeira.




Na sedución que me produce o acto de ler, coincido coa escritora e ensaísta arxentina Mª Teresa Andruetto cando expón que “a literatura é un espazo de desacato capaz de facer que os lectores e lectoras, no decorrer da lectura, esquiven riscos, loitas e que se planteen toda clase de preguntas”.

Como dixen anteriormente, un libro é  un verdadeiro ser vivo que nos perturba -no bo sentido- e nos ensina a mirar zonas aínda non comprendidas de nós mesmos.

Así o sentín eu cando descubrín a riqueza das boas lecturas e, xa como escritor, como dicía Borges, non son o que son polo que escribo, senón polo que leo.

E por iso sigo a ler a diario textos variados, agardando con ilusión esa hora de lectura feliz , silandeira, á última hora do día. Esa lectura que me reconforta nun mundo que me desespera. Anímense e acompáñenme.

 

 



miércoles, 29 de marzo de 2023

VÍDEO NO QUE ANTÓN GARCÍA FERNÁNDEZ GLOSA O ARTIGO "A miña experiencia cos libros de Roald Dahl", de Antonio G. Teijeiro




O pasado domingo, día 12 de abril, escribín no meu espazo no Faro de Vigo, “Dende a miña fiestra”, un artigo no que expresaba a miña opinión sobre a barbaridade que supón modificar a obra dun autor para, dicen, amosar unha linguaxe inclusiva nos seus textos.

Isto sucedeu cos libros de Roald Dahl e supuxo un balbordo de enormes dimensións.

Como xa se escribiron mil artigos sobre o tema, non vou comentar nada máis.

Pero resulta que o catedrático da Universidade de Tennessee en Martin, Antón García Fernández fai unha glosa nun vídeo sobre o artigo en cuestión, “Versos e aloumiños” , dado o interesante achegamento do docente, reproduce o devandito vídeo, ademais de incluír unha foto do artigo en cuestión.

Moi interesantes as palabras de García Fernández que podedes saborealas máis abaixo.









miércoles, 29 de septiembre de 2021

DARDO POÉTICO (LXXIII) "Juan Manuel Roca, un poeta descuberto nunha revista nun avión"

 





Descubrino, que curioso!,nunha desas revistas que están na parte traseira do asento dianteiro no avión. Eu ía, precisamente, a Medellín, vía Bogotá, para participar nunhas actividades do Taller de Letras da Fundación Jordi Sierra i Fabra e no Festival de Poesía de Medellín.

     



     Lembro que, cando folleei a revista e me detiven nunha páxina que falaba da personalidade dun descoñecido para min Juan Manuel Roca, fiquei entre sorprendido e contento. Era unha sorte de entrevista curta pero nela dicíanse cousas que me interesaron axiña. Tanto foi así que copiei no meu caderniño, ese que me acompaña decote, algunhas das afirmacións do poeta, descoñecido para min.

 

Juan Manuel Roca. (Fto El país)

     En Medellín merquei unha antoloxía de Juan Manuel Roca (Medellín, 1946) e sentinme moi feliz desta descuberta. Lina naqueles momentos, escasos iso si, que me deixaban as múltiples actividades na cidade. Nn tardei e saborear a poesía de Juan Manuel Roca, plena de imaxinación e conciencia crítica que se iniciara en 1973 co seu libro Memoria del agua. Poeta de versos con calor, dunha ética incombustible e que, en palabras de Luis García Montero, “asume o conflito para procurar a dignidade na disidencia”.

 

     Non deixei de voltar a el. Fágoo a miúdo. É algo máis que un poeta: é alguén que é capaz de mirar, ver e denunciar cob calidade poética, aquilo que moitos agochan por pura conveniencia.

 

     Da súa antoloxía persoal, Biografía de Nadie, editada por Visor, velaquí un poema deste home, Juan Manuel Roca, que me segue a emocionar unha e outra vez que o leo.

  

 

Lectura de poemas



                                                    PARÁBOLA DEL DESIERTO

 


Tras perseguir

A los paseantes

Que no tenían

Tiempo de escucharlo,

El hombre

Trajo del desván

El viejo

Sillón de la familia.

Sacó de su abrigo

Un cuaderno manoseado

En trastiendas y graneros

Y se acomodó las gafas

En medio de la porqueriza.

Los poemas que leía

A la piara de cerdos

Hablaban de Dios.


                                         
                                                                                                                                        Antonio García Teijeiro

martes, 13 de abril de 2021

NO DÍA DA POESÍA 2021: UN RECITADO E UN TEXTO, DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO




O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Non son eu moi amigo dos "Días de..." pero talvez sexan necesarios para fomentar certos hábitos, neste caso literarios.

A miña contribución a este día vén dado por dúas cousas.

Por unha banda, o recitado de dous poemas, un en galego e o outro, en castelán, para homenaxear un xénero que segue a ser de minorías. O primeiro é unha loa da poesía. O segundo, unha homenaxe moi sentida a Paco Ibáñez, á súa voz e á súa guitarra.

Se vos apetece escoitalo, tédelo á vosa disposición aquí embaixo.





O segundo achegamento a este día é un meu texto, pedido e publicado no Faro de Vigo contestando a unha pregunta sobre "Ser poeta en Galicia",

Reprodúzoo aquí, por se é do voso interese.




martes, 2 de marzo de 2021

A LUZ DAS PALABRAS (83) Rosalía Fernández Rial

 



Cando lin algúns dos seus versos alá polo ano 2016, decateime logo de que Rosalía Fernández Rial ía ser unha escritora que me ía interesar. Non me trabuquei. Segue medrando como autora e alégrome. Ten moito dentro dela.

Despois de ler Bonus track, un libro de relatos coa música de fondo, sentín que me unía a ela -ademais da boa literatura- o gusto pola música en xeral e por Bob Dylan en particular. Vela tocar o acordeón emociona. Igual que co seu último poemario Árbores no deserto, que me pareceu indispensable neste mundo da lírica galega. Por riba, é unha persoa afable, agarimosa coa que dá gusto falar e compartir desexos.

De aí que a súa presenza en Versos e aloumiños xa se facía agardar. Pero aquí está cun texto escrito especificamente para esta sección tan fundamental para o decorrer deste blog-revista. Un texto delicioso.

Gocemos da súa palabra. É un auténtico pracer.

Grazas, Rosalía, pola túa xenerosidade.

E que siga soando o acordeón dos teus soños.


Hey, Mr. Tambourine Man, play a song for me

I'm not sleepy and there is no place I'm going to

Bob Dylan.

 

Rosalía Fernández Rial (Foto de Antonio Seijas)

A miña travesía funámbula a través dos quince anos ensinoume a esvaecer, con coidado pictórico, as fronteiras entre realidade e ficción. Naquela altura a conciencia oscilábame, equilibrista, entre ambas dimensións, sen nunca decantarme de todo por unha ou outra. Un estado híbrido que derivara, no fondo, dunha evolución dos xogos da infancia e que se acabou por prolongar, baixo o disfrace de poeta despistada, á idade adulta.

Na referida confusión adolescente, soñaba esperta de maneira recorrente con Mr. Tambourine Man. Mitificara o personaxe dylaniano de tal maneira que imaxinaba como me viña rescatar do meu insomnio para transportarme a algún lugar máxico no remuíño do seu barco interestelar.

Cada vez que tiña un problema, un desengano, unha situación que desexaba evitar, pechaba os ollos e imaxinábame seguindo o ritmo desa percusión amiga para deambular polos cronotopos onde as obrigas e o tedio cotiá deixaban de existir. Así, o delirio onírico desa saída de emerxencia abríaseme sempre en momentos de tensión invernal.

De todo isto acordeime nas xeadas do presente xaneiro do 2021 ao escoitar o “Maneo de Erviñou” xenialmente interpretado por Fransy, Davide e Cibrán en beabesada homestudio. De maneira inconsciente, a combinación da música e a imaxe transportoume ás centos de foliadas que teño vivido de nena, adolescente e moza, en especial no verán, mais tamén noutros momentos puntuais do ano.

Entón, por algunha misteriosa relación sináptica que o cerebro teceu pentagramas a través, hoxe mesmo decateime de que o equivalente real do Mr. Tambourine Man eran os momentos de troula compartida os sábados da Barca, o día San Roque en Muxía, as noites da Carballeira de Zas, os albaroques de Bergantiños ou máis tarde os mércores da Casa das Crechas compostelá.

As verdadeiras señoras da pandeireta pertencían ao territorio da realidade, por moito que transportaran á literatura da miña mente á máis excelsa das utopías. Cando vivía un momento de ansiedade, o que me pedía o corpo era viaxar ao torreiro da festa colectiva, onde fora tan feliz.

O problema é que, unha vez descuberta esa certeza, non hai xa foliadas reais. Por tanto, cando a angustia me ameace, terei que retomar aquela febre adolescente e imaxinarme danzando, atrás do Mr. Tambourine con todas as pandereteiras e músicos que alimentaron as nosas vidas antes de que a COVID-19 nos fixese aterrar nunha “nova normalidade” demasiado tanxible, a pesar das distancias e as máscaras.

Só espero que no futuro esa banda de música tradicional detrás da que agora corro, como nos filmes de Kusturica, de maneira imaxinaria, non fique no territorio da ficción e poida pronto regresar aos escenarios de ledicia conxunta que tanto botamos en falta nestas longas e xélidas noites de pandemia.

Rosalía Fernández Rial

Xaneiro, 2021.



Rosalía Fernández Rial (Foto de Antonio Seijas)



Se queres saber máis de Rosalía...


Rosalía Fernández Rial (Costa da Morte, 1988) é filóloga, doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática pola USC e profesora de ensino secundario. Asemade, formouse no ámbito das artes escénicas e musicais. Mais, sobre todo, e desde moi nova, dedícase á escrita. Como poeta publicou libros como: En clave de sol (2009), Átonos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) ou a antoloxía bilingüe Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016). Títulos que tamén levou á escena ou ao formato audiovisual con propostas diversas. 

Na súa narrativa destaca Bonus track (2018) e no ensaio Aulas sen paredes (2016), un libro-DVD que foi Premio á mellor iniciativa bibliográfica na Gala do Libro Galego.

No que atinxe ao xénero dramático destaca, entre outros proxectos  a escrita de "A lúa, válvula de spray", unha ficción sonora a través das rúas de Carballo dirixida por Quico Cadaval, interpretada por Melania Cruz, María Roja e Santi Romay, editada por Marcos PTT e producida por LIDISS para o FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro).  
O seu último poemario é Árbores no deserto (2020), un traballo escrito desde códigos propios das artes vivas e as artes plásticas contemporáneas.


viernes, 19 de febrero de 2021

A LUZ DAS PALABRAS (82) María Dolors Pellicer

 



Cando unha poeta chega a dicir que “da infancia me gusta lembrar o verán e o mar”, noto axiña que temos puntos en común que debo valorar. A min pásame o mesmo.

Cando alguén escribe un poemario coma Poalet de versos dedicado a cantar a felicidade que sentiu onda o mar durante longas xornadas de verán e é quen de vencellar esa experiencia vital  coa vivencia mariña, a emoción deses poemas está asegurada. É aquí onde a miña empatía con María Dolors Pellicer (Oliva, 1956) se fai realidade.

Encántame a poesía de María Dolors porque nos convida a vivir. Convídanos a vivir en poesía, cos seus versos alegres, emocionantes, xogantíns e musicais. Puiden comprobalo en poemarios, ademais do anteriormente citado, noutros dous como son Una cançoneta i a dormir e Comptem cabretes i pintem ocells.

Traela a esta sección de Versos e aloumiños é un verdadeiro luxo. E escríbenos un texto moi interesante sobre a súa vida dedicada á docencia e mais á poesía. Nel traza toda unha xeografía socio-literaria dun tempo tan duro coma fascinante. Porque María Dolors Pellicer é unha namorada da palabra poética e decatámonos ao ler o primeiro verso dun seu poema. É a súa maneira de ollar a vida a través duns ollos tan tenros coma intelixentes.

Ofrecemos o texto Poesía, Escola i Identitat no seu idioma orixinal (catalán) e as versións galega e castelá realizdas por Alba Piñeiro e a autora respectivamente.


María Dolors Pellicer




                              POESIA, ESCOLA I IDENTITAT

 

El primer contacte que els infants han tingut amb la poesia, des de temps immemorials, ha estat, potser, a través de les cançons de bressol.

És ben conegut que vivim un procés de globalització que ve de llarg i comporta el progressiu abandonament de moltes formes que ens són pròpies, que ens defineixen com a poble. Hàbits i costums han anat substituint-se per d’altres de foranis, s’han anat abandonant maneres de viure i de relacionar-se tradicionals. Al País Valencià, la majoria de persones de la meua generació, encara vam gaudir d’un món farcit d’aquells costums que havíem heretat, encara vam ser acaronades des del bressol per aquest primer frec poètic, quan les mares ens cantaven

 

La meua xiqueta és l’ama

del corral i del carrer,

de la figuera i la parra,

de la flor del taronger.

 

Noni noni, fes noneta

que la mare no té llet.

La poqueta que tenia

l’ha donada al porqueret.

 

 

Aquell murmuri afectuós de paraules i melodies de ritme calmat, que ens ajudava a agafar el son, encetava un seguit de manifestacions líriques que anaven incorporant-se a la nostra vida quotidiana i se’ns transmetien de manera natural, a través de l’oralitat, sempre en situacions i ambients plaents, tant a la llar familiar com al carrer, en les reunions domèstiques al racó del foc, amb el berenar entre mans, al brancal de la porta, amb amigues i amics del veïnat, entre jocs i esbargiment.

A penes podíem captar significats, s’ajuntaven a les moixaines que rebíem xicotetes rimes per a fer-nos parar atenció a les diferents parts del cos, com ara les mans i la cara, el cap o els dits:

 

Mixinetes, rapa manetes,

vindrà el gatet

i es menjarà les sopetes.

Xap xap xap xap!

 

Bernat, Bernat,

pega‘t al cap

amb un coixí

ple de forats.

 

Este és el pare,

esta és la mare,

este demana pa

este diu que no n’hi ha.

I este fa:

-Gorrinet xinxet,

a l’armari hi ha un trosset

de pa i peixet.

 

           Hi havia cançonetes i rimes diverses lligades a tota mena de jocs i activitats:

 

Pis pissiganya,

oli de la ganya,

filla mandoquera,

agrana’m esta casa.

Mare, jo no puc,

que tinc la mà cordada.

Qui te l’ha cordada?

El rei i la reina.

Passa un castelló,

posa el peu

dins del caixó.

 

Roda la mola,

Peret se’n va a escola.

Roda el molí,

Peret ja està ací.



Fórmules per a triar o eliminar:


Quatre pedres hi ha al carrer,

jo les sé comptar molt bé.

Del color del xocolate,

una, dos, tres i quatre.

 

Una poma

ben redona

cau dins l’aigua

i no s’afona.

 

Contes de l’enfadós:

 

Això diu

que eren dos,

tu i el gos.

 

Un gat dalt d’un barandat

tenia la boca torta.

Vols que te’l conte altra volta?

 

 

Formuletes rimades per acabar la narració de contes:


Conte contat

ja s’ha acabat.

Em menjaria una botifarra

com el teu cap.

 

 

I d’altres jocs lingüístics, com endevinalles:

  

Endevina endevinalla,

quin animal pon en la palla?

 

Una caixeta blanca

que s’obri i no es tanca.

Què és?

 

 

Embarbussaments:

 Plou poc

però pel poc que plou,

plou prou.

 

Diu la guatla:

-Què fas, gat?

-Què fas guatla?,

diu el gat.

 

Una vella collint codonys,

codonys collia.

Collint codonys

a rossegons.

Codonys collits

amb la punta dels dits.

 

 

Dites i refranys:

 

Ara, que plou i s’esvara!

Cel a borreguets,

aigua a canterets.

 

 

Però totes aquestes joies no es regalaven a l’escola.

L’escola espanyola de mitjans del segle passat no tenia cap interés per l’expressió del poble. L’ús de la llengua pròpia hi era prohibit, i qualsevol manifestació de la nostra riquesa cultural, bandejada. En aquell context, no tenia cabuda la poesia infantil de transmissió oral, no hi cabia el joc poètic.

Sense abandonar la infantesa, les criatures ens véiem, de sobte, privades d’allò que consideràvem natural, de les paraules que ens havien agombolat, aquelles que ens havien anat conformant com a éssers que creixíem dins d’una col·lectivitat. Aquell enriquiment quedava limitat als àmbits més íntims, i la nostra llengua era desposseïda de qualsevol valor d’ús públic.

No va ser fins al darrer quart del segle passat, quan es va publicar l’Estatut d’Autonomia i la posterior Llei d’Ús i Ensenyament del Valencià, que l’escola va obrir portes i finestres i s’hi començà respirar aires nous.

Jo vaig tenir la sort d’iniciar-me com a mestra en aquell temps i poder compartir amb tantes companyes i companys, tot un esclat de canvis que vivíem de manera compromesa. A l’escola, es tractava de deixar-hi entrar la vida, de transformar aquells edificis encarcarats en  llocs acollidors que permeteren dignificar i fer paleses aquelles veus que havien estat silenciades, en  llocs on poder començar els estudis amb l’exploració de l’entorn més proper. S’escampava l’ensenyament del valencià i en valencià amb una mancança quasi absoluta d’eines que en facilitaren la comesa.

De dins dels Moviments de Renovació Pedagògica eixien, d’una banda, les primeres autores i autors d’aquests nous llibres de text; d’altra banda, altres mestres (d’entre les quals m’hi compte) ens iniciàvem en l’aventura d’escriure, de fer literatura per als nostre infants. I eixien les primeres editorials que publicaven aquests materials on s’intentava fer present la realitat del país. Se li deia a l’alumnat que la seua era una llengua de cultura, que calia conéixer la nostra tradició per poder-la estimar i transmetre. I a l’escola entraven, per primer cop, aquelles joies que hi havien estat negades. Es recuperava la narració de rondalles, les cançons tradicionals, endevinalles, embarbussaments, refranys i dites, rimes… La poesia infantil de transmissió oral hi entrava, en moltes ocasions, de mà dels mateixos infants que en feien treballs de recopilació. Ensenyants, alumnat i les pròpies famílies ens embarcàvem en un projecte comú de represa cultural.

Poar del passat per construir un present i projectar un futur. Conservar la memòria per no perdre la identitat, enmig d’un procés global d’uniformització més i més agressiu.

En qualsevol cas, però, per avançar cal fer passes cap endavant. Si bé en narrativa podem dir que, al costat dels contes i rondalles de la tradició oral, les nostres criatures comptaven amb un assortiment de noves propostes literàries i noves d’històries d’autors actuals, llibres plens de màgia amb què anaven dotant-se les biblioteques escolars, no passava així amb la poesia. Sabíem que no hi havia prou amb recrear-nos amb el coneixement i reconeixement de l’expressió lírica tradicional, ni tan sols amb l’aportació d’alguns poemes escollits d’entre els clàssics. Cert que la poesia arribava a l’escola de la mà de cançons que havien enregistrat grups de música folk com Al Tall o Carraixet, cantautors com Ovidi Montllor, Raimon o Sisa, i diversos temes del folk americà traduïts al català. Però, si volíem aconseguir fer lectores i lectors de poesia, que s’hi sentiren atrets més enllà de la pura edat escolar, persones sensibles, capaces de gaudir de la paraula feta poema, capaces de sentir i emocionar-se amb un text poètic, es feia necessari aportar-hi, a més, noves veus poètiques, les veus dels poetes actuals, amb altres formes, altres temes, amb composicions fetes a mida per als lectors actuals, xiquets i xiquetes amb unes inquietuds, uns gustos i unes necessitats ben específiques.

De mica en mica, s’anaven fent coses, s’anava preparant el camí. A casa nostra, va ser entre finals del segle XX i començaments del XXI quan algunes editorials es llancen a publicar poesia per a infants. Als llibres de veus poètiques tan importants com les de Maria Beneyto, Marc Granell  o Empar de Lanuza s’hi van anar sumant altres publicacions de companyes i companys que anys enrere ens havíem iniciat en la narrativa. Cal destacar amb satisfacció l’excel·lent acollida que aquesta poesia va tenir des del primer moment, entre els infants, així com la important tasca de mediació, que des dels àmbits escolar, familiar i social s’ha desenvolupat per fer arribar als lectors cada nova publicació. Tot plegat ha fet que, gràcies a  la faena constant i engrescada d’un bon nombre de poetes que s’ha anat consolidant, en l’actualitat comptem amb un  panorama encoratjador pel que fa a l’estat de la poesia infantil en català al País Valencià.

L’any 2003 va aparéixer Versos diversos, el meu primer llibre de poemes, un recull de composicions que havien passat el filtre de l’aula, uns poemes que havia anat escrivint per a compartir-los amb el meu alumnat i que ens havien fet gaudir junts bona cosa, al llarg de diversos cursos. Entre aquell primer poemari i el darrer, Poalet de versos, que va veure la llum el darrer mes de juny, han passat un grapat d’anys en què, sense abandonar la narrativa de l’inici,  he conreat molt especialment l’expressió lírica, i he tractat tant de fomentar el gust per la poesia entre els infants, com de dignificar la concepció que generalment es té d’aquesta poesia, que en definitiva és això: Poesia.

Gràcies a la tecnologia, durant el confinament que patírem en primavera per causa de la Covid, de tant en tant, llançava versos al vent perquè arribaren als xiquets i les xiquetes que restaven a casa, avivant el desig:

I, tot d’una , veus que ara

tens el parc a la butxaca,

la vorera, el carrer

i la plaça.

Hi tens l’escola sencera,

amb la classe,

les amigues, els amics

i la mestra.

Tens records

i somnis bells

per omplir i endiumenjar

un temps

d’espera.

 

Pensar els mots

per dir les coses.

Tenir el cor

per a sentir-les.

 

Botant a peu coix

pel corredor de casa.

Això és un gos!

Ni un ni dos.

Allà hi ha un peix!

Ni dos ni tres.

Mira, quin catre!

Ni tres ni quatre.

Quina fam tinc!

Ja són les cinc.

Tenim pastís!

Ni cinc ni sis.

Ja arriba Pep!

Ni sis ni set.

El plat és buit!

Ni set ni vuit.

Sols queda un ou.

Ni vuit ni nou.

I ja en van deu.

Descansa el peu!!


Arribaran fades

que duran cançons

i altres primaveres.

I ballarem.

Agafats de mans

omplirem les places.

Perfumarem casa

amb ramells florits.

 

Mª Dolors Pellicer Soria

Tardor 2020

País Valencià

 

 

 

 


 

 

 

 

                          POESÍA, ESCOLA E IDENTIDADE

 

O primeiro contacto que os nenos tiveron coa poesía, dende tempos inmemoriais, foi, talvez, a través das cantigas de berce.

É  de todos coñecido que vivimos un proceso de globalización que vén de antigo e conleva o progresivo abandono de moitas formas que son de noso, que nos definen coma pobo. Costumes  e celebracións foron substituíndose por outros foráneos, fóronse abandonando maneiras de vivir e de relacionarse tradicionais. No País Valenciano, a maioría das persoas da miña xeración, aínda desfrutamos dun mundo repleto daqueles costumes que herdaramos, aínda fomos acariñados dende o berce por este primeiro hálito poético, cando as nais nos cantaban:

La meua xiqueta és l´ama                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                       

Aquel murmurio cariñoso de palabras e melodías de ritmo calmado, que nos axudaba a conciliar o sono, iniciaba unha serie de manifestacións líricas que se ían incorporando á nosa vida cotiá de xeito natural, a través da oralidade, sempre en situación e ambientes pracenteiros, tanto no fogar coma na rúa, nas xuntanzas domésticas ao carón da cheminea, coa merenda entre as mans no portal da casa, coas amigas e amigos da veciñanza, entre xogos e divertimento. Axiña que podiamos captar significados, xuntábanse aos mecos que recibiamos pequenas rimas para atraer a nosa atención ás diferentes partes do corpo, como as mans e a cara, a cabeza ou os dedos :

Mixinetes, rapa manetes,

Había cancións e rimas diversas ligadas a todo tipo de xogos e actividades:

Pis pissiganya,

Fórmulas para escoller ou eliminar:

Quatre pedres hi ha al carrer,

Fórmulas rimadas para rematar a narración de contos:

Conte contat

E outros xogos lingüísticos. Entre eles, adiviñas:

Endevina endevinalla,

Trabalinguas:

Plou poc

Ditos e refráns:

Ara, que plou i s´esvara!

Pero todas estas xoias non se regalaban na escola.

A escola española de mediados do século pasado non tiña ningún interese pola expresión do pobo. O uso da lingua propia estaba prohibido, e impedíase calquera manifestación da nosa desterrada riqueza cultural. Neste contexto, non tiña cabida a poesía infantil de transmisión oral, non cabía o xogo poético.

Sen abandonar a infancia, as nenas e os nenos viámonos, de súpeto, privados daquilo que considerabamos natural, das palabras que nos arrolaran, aquelas que nos foran conformando coma seres que medrabamos dentro dunha colectividade. Aquel  enriquecemento quedaba limitado aos ámbitos máis íntimos, e a nosa lingua era despoxada de calquera valor de uso público.

Non foi ata o derradeiro  cuarto do século pasado, cando se publicou” O Estatut d´Autonomia” e a posterior” Llei d´Ús i Ensenyament del Valenciá”, que a escola abriu as portas e ventás e comezáronse a respirar aires novos.

Eu tiven a sorte de iniciarme coma mestra  naquel tempo e poder compartir con tantas compañeiras e compañeiros, todo un estalido de cambios que viviamos de xeito comprometido. Na escola, tratábase de deixar entrar a vida, de transformar aqueles edificios ríxidos en lugares acolledores que permitiron dignificar e facer patentes aquelas voces que foran silenciadas, en lugares onde poder comezar os estudos coa exploración da contorna máis próxima. Xeneralizábase o ensino do valenciano e en valenciano cunha carencia case absoluta de ferramentas que facilitasen esta función.

Dende os Movementos de Renovación Pedagóxica xurdían, por unha banda, os primeiros autores dos necesarios novos libros de texto; pola outra, outros mestres e mestras ( nas que me conto)iniciabámonos na aventura de escribir, de facer literatura para os nosos alumnos. E agromaban as primeiras editoriais que publicaban estes materiais onde se intentaba facer presente a realidade do país. Dicíaselle ao alumnado que a súa era unha lingua de cultura, que había que coñecer a nosa tradición para podela amar e transmitir. E, na escola entraban, por primeira vez, aquelas xoias que nos foran negadas. Recuperábase a narración de contos, as cantigas tradicionais, adiviñas, trabalinguas, refráns e ditos, rimas…A poesía infantil de transmisión oral entraba, en moitas ocasións, da man dos mesmos nenos que facían traballos de recompilación. Ensinantes, alumnado e as propias familias embarcabámonos nun proxecto común de recuperación cultural.

Beber do pasado para construír un presente e proxectar un futuro. Conservar a memoria para non perder a identidade, no medio dun proceso global de uniformización cada vez máis agresivo.

Con todo, para avanzar hai que mirar cara adiante. Se ben na narrativa podemos dicir que, xunto aos contos e fábulas de tradición oral, os nenos contaban cunha variedade de novas propostas literarias e novas de autores actuais, libros cheos de maxia cos que se ían dotando as bibliotecas escolares, non pasaba así coa poesía. Sabiamos que non era suficiente con recrearnos co coñecemento e recoñecemento da expresión lírica tradicional, nin tan sequera coa achega dalgúns poemas escollidos de entre os clásicos. Certo que a poesía chegaba á escola da man de cancións que gravaran grupos de música folk como Al Tall ou Carraixet, cantautores como Ovidi Montllar, Raimon y Sisa, e varios temas de folk americano traducidos ao catalán. Porén se queriamos facer lectoras e lectores de poesía, que se sentisen atraídos máis alá da pura idade escolar, persoas sensibles, capaces de desfrutar da palabra feita poema, capaces de sentir e emocionarse cun texto poético, cumpría achegar, ademais novas voces poéticas, as voces dos poetas actuais, con outras formas, outros temas, con composicións feitas á medida para os lectores actuais, nenos e nenas cunhas inquedanzas, uns gustos e unhas necesidades ben específicas.

Paseniño, íanse facendo cousas, íase preparando o camiño.No noso País, foi entre finais do século XX e inicios do XXI cando algunhas editoriais se lanzan a publicar poesía para nenos. Aos libros de voces poéticas tan importantes como as de María Beneyto, Marc Granell ou Empar de Lanuza fóronse sumando outras publicacións de compañeiras e compañeiros que anos atrás nos iniciaramos na narrativa. Cabe destacar con satisfacción a excelente acollida que esta poesía tivo dende o primeiro momento entre os nenos, así como a importante tarefa de mediación, que dende os ámbitos escolar, familiar e social, se teñen desenvolvido para facer chegar aos lectores cada nova publicación. Todo isto fixo que, grazas ao traballo constante e ilusionado dun bo número de poetas que non deixa de medrar e diversificarse, na actualidade contemos cun panorama alentador para o estado da poesía infantil en catalán no País Valenciano.

No ano 2003 apareceu “Versos diversos”, o meu primeiro libro de poemas, unha colección de composicións que pasaran o filtro da aula, uns poemas que fora escribindo para compartilos co meu alumnado e que nos fixeran desfrutar moito xuntos, ao longo de varios cursos. Entre aquel primeiro poemario e o último, “Poalet de versos”, que veu a luz o pasado mes de xuño, pasaron uns anos nos que, sen abandonar a narrativa do inicio, cultivei moi especialmente a expresión lírica, e tratei tanto de fomentar o gusto pola poesía entre os nenos, como de dignificar a concepción que en xeral se ten desta poesía, que, en definitiva, é iso: Poesía.

Grazas á tecnoloxía, durante o confinamento que sufrimos en primavera por mor da Covid, de cando en vez, botaba versos ao vento para que chegasen aos nenos e nenas que estaban na casa, avivando o desexo:  

I, tot d´una, veus que ara

 

Pensar els mots

 

Botant a peu coix

 

Arribaran fades

 

(Non se repiten os poemas pois xa están no texto orixinal. Versión galega de Alba Piñeiro Estévez).


     



                               POESÍA, ESCUELA E IDENTIDAD
El primer contacto que los niños han tenido con la poesía, desde tiempos inmemoriales, ha sido, quizás, a través de las canciones de cuna.
Es de sobras conocido que vivimos un proceso de globalización que viene de antiguo y conlleva el progresivo abandono de muchas formas que nos son propias, que nos definen como pueblo. Costumbres y celebraciones han ido sustituyéndose por otros foráneos, se han ido abandonando maneras de vivir y de relacionarse tradicionales. En el País Valenciano, la mayoría de personas de mi generación, todavía disfrutamos de un mundo repleto de aquellas costumbres que habíamos heredado, aún fuimos acariciados desde la cuna por este primer hálito poético, cuando las madres nos cantaban

 

La meua xiqueta és l’ama

del corral i del carrer,

de la figuera i la parra,

de la flor del taronger.

 

Noni noni, fes noneta

que la mare no té llet.

La poqueta que tenia

l’ha donada al porqueret.

 

Aquel susurro cariñoso de palabras y melodías de ritmo calmado, que nos ayudaba a conciliar el sueño, iniciaba una serie de manifestaciones líricas que iban incorporándose a nuestra vida cotidiana y se nos transmitían de manera natural, a través de la oralidad , siempre en situaciones y ambientes placenteros, tanto en el hogar familiar como en la calle, en las reuniones domésticas alrededor de la chimenea, con la merienda entre manos en el portal de casa, con amigas y amigos del vecindario, entre juegos y esparcimiento.
Tan apenas como podíamos captar significados, se juntaban a los mimos que recibíamos pequeñas rimas para atraer nuestra atención a las diferentes partes del cuerpo, como las manos y la cara, la cabeza o los dedos:

 

Mixinetes, rapa manetes,

vindrà el gatet

i es menjarà les sopetes.

Xap xap xap xap!

 

Bernat, Bernat,

pega‘t al cap

amb un coixí

ple de forats.

 

Este és el pare,

esta és la mare,

este demana pa

este diu que no n’hi ha.

I este fa:

-Gorrinet xinxet,

a l’armari hi ha un trosset

de pa i peixet.

 

Había canciones y rimas diversas ligadas a todo tipo de juegos y actividades:

 

Pis pissiganya,

oli de la ganya,

filla mandoquera,

agrana’m esta casa.

Mare, jo no puc,

que tinc la mà cordada.

Qui te l’ha cordada?

El rei i la reina.

Passa un castelló,

posa el peu

dins del caixó.

 

Roda la mola,

Peret se’n va a escola.

Roda el molí,

Peret ja està ací.

 

Fórmulas para escoger o eliminar:

 

Quatre pedres hi ha al carrer,

jo les sé comptar molt bé.

Del color del xocolate,

una, dos, tres i quatre.

 

Una poma

ben redona

cau dins l’aigua

i no s’afona.

 

Contes de l’enfadós:

 

 

Això diu

que eren dos,

tu i el gos.

 

Un gat dalt d’un barandat

tenia la boca torta.

Vols que te’l conte altra volta?

 
Fórmulas rimadas para terminar la narración de cuentos:
 

Conte contat

ja s’ha acabat.

Em menjaria una botifarra

com el teu cap.

 
 
Y otros juegos lingüísticos. Entre ellos, adivinanzas:
 

Endevina endevinalla,

quin animal pon en la palla?

 

Una caixeta blanca

que s’obri i no es tanca.

Què és?

 
Trabalenguas:
 

Plou poc

però pel poc que plou,

plou prou.

 

Diu la guatla:

-Què fas, gat?

-Què fas guatla?,

diu el gat.

 

Una vella collint codonys,

codonys collia.

Collint codonys

a rossegons.

Codonys collits

amb la punta dels dits.

 
Dichos y refranes:
 

Ara, que plou i s’esvara!

Cel a borreguets,

aigua a canterets.

 
Pero todas estas joyas no se regalaban en la escuela.
La escuela española de mediados del siglo pasado no tenía ningún interés por la expresión del pueblo. El uso de la lengua propia estaba prohibido, y se impedía cualquier manifestación de nuestra desterrada riqueza cultural. En ese contexto, no tenía cabida la poesía infantil de transmisión oral, no cabía el juego poético.
Sin abandonar la infancia, las niñas y niños nos veíamos, de repente, privados de aquello que considerábamos natural, de las palabras que nos habían arropado, aquellas que nos habían ido conformando como seres que crecíamos dentro de una colectividad. Aquel enriquecimiento quedaba limitado a los ámbitos más íntimos, y nuestra lengua era despojada de cualquier valor de uso público.
No fue hasta el último cuarto del siglo pasado, cuando se publicó el Estatut d’Autonomia y la posterior Llei d’Ús i Ensenyament del Valencià, que la escuela abrió puertas y ventanas y se empezaron a respirar aires nuevos .
Yo tuve la suerte de iniciarme como maestra en aquel tiempo y poder compartir con tantas compañeras y compañeros, todo un estallido de cambios que vivíamos de manera comprometida. En la escuela, se trataba de dejar entrar la vida, de transformar aquellos edificios rígidos en lugares acogedores que permitieron dignificar y hacer patentes aquellas voces que habían sido silenciadas, en lugares donde poder comenzar los estudios con la exploración del entorno más cercano. Se generalizaba la enseñanza del valenciano y en valenciano con una carencia casi absoluta de herramientas que facilitaran este cometido.
Desde los Movimientos de Renovación Pedagógica surgían, por un lado, los primeros autores de los necesarios nuevos libros de texto; por otra parte, otros maestros y maestras (de entre las que me cuento) nos iniciábamos en la aventura de escribir, de hacer literatura para nuestro alumnos. Y afloraban las primeras editoriales que publicaban estos materiales donde se intentaba hacer presente la realidad del país. Se le decía al alumnado que la suya era una lengua de cultura, que había que conocer nuestra tradición para poderla amar y transmitir. Y en la escuela entraban, por primera vez, aquellas joyas que nos habían sido negadas. Se recuperaba la narración de cuentos, las canciones tradicionales, adivinanzas, trabalenguas, refranes y dichos, rimas ... La poesía infantil de transmisión oral entraba, en muchas ocasiones, de mano de los mismos niños que hacían trabajos de recopilación. Enseñantes, alumnado y las propias familias nos embarcábamos en un proyecto común de recuperación cultural.
Beber del pasado para construir un presente y proyectar un futuro. Conservar la memoria para no perder la identidad, en medio de un proceso global de uniformización cada vez más agresivo.
En cualquier caso, sin embargo, para avanzar hay que mirar hacia delante. Si bien en narrativa podemos decir que, junto a los cuentos y fábulas de la tradición oral, los niños contaban con un surtido de nuevas propuestas literarias y nuevas de autores actuales, libros llenos de magia con que iban dotándose las bibliotecas escolares, no pasaba así con la poesía. Sabíamos que no había suficiente con recrearnos con el conocimiento y reconocimiento de la expresión lírica tradicional, ni siquiera con la aportación de algunos poemas escogidos de entre los clásicos. Cierto que la poesía llegaba a la escuela de la mano de canciones que habían grabado grupos de música folk como Al Tall o Carraixet, cantautores como Ovidi Montllor, Raimon y Sisa, y varios temas del folk americano traducidos al catalán. Pero, si queríamos hacer lectoras y lectores de poesía, que se sintieran atraídos más allá de la pura edad escolar, personas sensibles, capaces de disfrutar de la palabra hecha poema, capaces de sentir y emocionarse con un texto poético, se hacía necesario aportar, además, nuevas voces poéticas, las voces de los poetas actuales, con otras formas, otros temas, con composiciones hechas a medida para los lectores actuales, niños y niñas con unas inquietudes, unos gustos y unas necesidades bien específicas.
Poco a poco, se iban haciendo cosas, se iba preparando el camino. En nuestro País, fue entre finales del siglo XX y principios del XXI cuando algunas editoriales se lanzan a publicar poesía para niños. A los libros de voces poéticas tan importantes como las de María Beneyto, Marc Granell o Empar de Lanuza se fueron sumando otras publicaciones de compañeras y compañeros que años atrás nos habíamos iniciado en la narrativa. Cabe destacar con satisfacción la excelente acogida que esta poesía tuvo desde el primer momento entre los niños, así como la importante tarea de mediación, que desde los ámbitos escolar, familiar y social, se ha desarrollado para hacer llegar los lectores cada nueva publicación. Todo ello ha hecho que, gracias al trabajo constante e ilusionado de un buen número de poetas que no deja de crecer y diversificarse, en la actualidad contemos con un panorama alentador para el estado de la poesía infantil en catalán en el País Valenciano.
En 2003 apareció Versos diversos, mi primer libro de poemas, una colección de composiciones que habían pasado el filtro del aula, unos poemas que había ido escribiendo para compartirlos con mi alumnado y que nos habían hecho disfrutar mucho juntos, a lo largo de varios cursos. Entre aquel primer poemario y el último, Poalet de versos, que vio la luz el pasado mes de junio, han pasado unos años en los que, sin abandonar la narrativa del inicio, he cultivado muy especialmente la expresión lírica , y he tratado tanto de fomentar el gusto por la poesía entre los niños, como de dignificar la concepción que generalmente se tiene de esta poesía, que, en definitiva, es eso: Poesía.
Gracias a la tecnología, durante el confinamiento que sufrimos en primavera por causa de la Covid, de vez en cuando, lanzaba versos al viento para que llegaran a los niños y niñas que estaban en casa, avivando el deseo:
 

I, tot d’una , veus que ara

tens el parc a la butxaca,

la vorera, el carrer

i la plaça.

Hi tens l’escola sencera,

amb la classe,

les amigues, els amics

i la mestra.

Tens records

i somnis bells

per omplir i endiumenjar

un temps

d’espera.

 

 

 

Pensar els mots

per dir les coses.

Tenir el cor

per a sentir-les.

 

 

 

Botant a peu coix

pel corredor de casa.

Això és un gos!

Ni un ni dos.

Allà hi ha un peix!

Ni dos ni tres.

Mira, quin catre!

Ni tres ni quatre.

Quina fam tinc!

Ja són les cinc.

Tenim pastís!

Ni cinc ni sis.

Ja arriba Pep!

Ni sis ni set.

El plat és buit!

Ni set ni vuit.

Sols queda un ou.

Ni vuit ni nou.

I ja en van deu.

Descansa el peu!!

 

 

 

Arribaran fades

que duran cançons

i altres primaveres.

I ballarem.

Agafats de mans

omplirem les places.

Perfumarem casa

amb ramells florits.

 

Mª Dolors Pellicer Soria

Otoño 2020

Pego, País Valencià

 


            SE queredes saber máis de MARíA DOLORS...


Co ilustrador Paco Giménez


Maria Dolors Pellicer i Sòria ( Oliva, País Valencià, 1956) és mestra i llicenciada en Filologia Catalana. Va estudiar en les Universitats de València i Alacant. Treballà com a professora dels cursos de “Lingüística Valenciana i la seua Didàctica” de l’ICE de la Universitat Literària de València.

Va formar part de l’ MRP Col·lectiu de Mestres de la Safor i fou cofundadora de l’ Escola d’Estiu Marina-Safor, on va impartir diversos cursos i tallers de Didàctica de la Llengua, de Literatura i Foment de la lectura entre els infants.

Durant molts anys va treballar de mestra en diverses escoles del País Valencià i Catalunya. Finalment, va ensenyar a Pego, el lloc on viu.

Des del primer moment va compaginar la docència amb l’escriptura. Hi ha publicat llibres de narrativa, com Tegolins i tegolines (Premi Darrer Diumenge d’Octubre, Ajuntament de Pego 1986), Cul, culot, Un elefant sota el llit, La banda dels superbruts, Fil que penja (finalista del Premi Enric Valor, editorial Bullent 1988), El xiquet de cotó en pèl, Cita amb la por, El pare també té por, Marina ja no té por, Com una cabra o El gegant Romuald (un homenatge a Roald Dahl).

D’entre els llibres de poesia, citem títols com ara, Versos diversos, Rimes i rialles, 100 haikus amb gust de boira, Versos de tres sabors, Qui la rima l’endevina, Poalet de versos, La selva en vers ( Premi de la Crítica de l’ Institut Interuniversitari de Filologia Valenciana 2010 i amb Lletres al Camp, de la Institució de les Lletres Catalanes i el Futbol Club Barcelona 2011), Poemes amb llum de lluna ( publicat en Bromera, fou Premi de la Crítica dels Escriptors Valencians 2018 i llibre seleccionat a la Llista d’ Honor de l’OEPLI 2017) i Comptem cabretes i pintem ocells ( Premi Fundació Caixa Cooperativa de Poesia Infantil, Algemesí 2018).

Va ser antologada en Poesies amb suc. Antologia de poesia per a infants, de Miquel Desclot (La Galera 2007). El 2018  va rebre el Premi Ocell  de la ciutat d’ Ondara, “per la trajectòria i producció literària”. Els seus poemes apareixen musicats en CDs de diversos CEIPs, dels grups Tr3scant, Trobaversos, Samfaina de colors, i de Toni Xuclà.

En l’actualitat està jubilada i continua engrescada entre rimes i paraules, reflexions sobre la pandèmia, versos i pensaments. Acaba d’ enllestir un poemari de Haikus per a lectores i lectors que tot just s’hi inicien, i que, previsiblement, publicarà l’editorial Andana, amb il·lustracions de Josep Ferrer.