jueves, 30 de julio de 2015

POSTAIS DE MARTIN (3) : LITERATURA, LITERATURA E... DYLAN, CLARO



Estou en Martin, Tennessee, un lugar apracible, cun verde que acariña, coas casas tipicamente americanas que lle dan un aspecto fermosamente uniforme.

Gozo cos voos en círculo da nosa anduriña, sorprendente, tenra e preciosa.

Non vivo de costas—non podería—á lectura e á música.


O meu fillo Antón, no Spotify, cumpre os meus desexos dylanianos. Teño ganas de escoitar o álbum Slow Train Coming. Pídollo e saboréoo porque é magnífico. Abuso da súa xenerosidade e solicito Oh Mercy! Magnífico tamén. Xa sen dicirlle nada, Antón pon ao aire Infidels e constato que ten cancións excelentes. Agora estou a escoitar Street Legal. Encántame.

Acabo de pousar sobre a mesa onde xoga a nosa anduriña o libro de Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, gañador do Premio Blanco Amor 2014, editado por Xerais. Remateino. Gustoume moito.

Primeira novela dun autor que me engaiolou con esa maneira directa de narrar, coa cidade de Vigo ao fondo, e capaz de artellar unha historia de loita individual na que os seus protagonistas procuran os soños, a razón que os permite vivir e superar conflitos. Magnífica estrutura e unha prosa limpa que produce un gran pracer cando a les.




Teño aberto, ademais, un libro ben interesante, por certo. Trátase dunha antoloxía de poesía en castelán editada por Visor: El canon abierto. Última poesía en español, cun estudo excelente de Remedios Sánchez García, da Universidade de Granada.

Un libro que parte dun proxecto de investigación literaria no que colaboran institucións de diferentes países e que ten como obxectivo coñecer as voces máis representativas da última poesía en lingua española.

Críticos e investigadores seleccionaron poetas, homes e mulleres nacidos a partir de 1970 con obra publicada e que escriban en español.

Interesante panorama que nos permite ler escritores/as de España, República Dominicana, O Salvador, Perú, Colombia, México, Costa Rica, Arxentina, Chile, Bolivia, Ecuador ou Panamá.

Un balcón aberto á poesía última de persoas que xa están a aportar moita calidade á literatura española e hispanoamericana de hoxe en día.

Vou rematando esta postal. Soa Bob Dylan cantando "Señor (Tales of Yankee Power)".

Eu poño punto e final cuns versos do poema "Un murmullo", de Daniel Rodríguez Moya (Granada, 1976), mentres a nosa anduriña, dende os brazos da súa nai, dinos good night!


(...) Alguien cree que hay silencio justo antes,

del disparo de gracia en un fusilamiento
Daniel Rodríguez Moya
(Foto: José Domingo)


pero el eco devuelve repetidas

las últimas plegarias de los ejecutados.



Siempre ha habido un murmullo envolviéndolo todo,

un ruido permanente.



Más que el miedo al silencio

                                              el temor es a oír,

las cosas que se dicen en voz baja.




ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO



martes, 28 de julio de 2015

POSTAIS DE MARTIN (2) : ESCURA IMPACIENCIA



ESCURA IMPACIENCIA

(Pequena triloxía da incerteza)


I


Esperas que cheguen

a través dun cansazo

incubado por miserias e parasitos.

Inútil agardar por algo

deseñado / destruído

por aqueles que adoitan ofrecer aos demais

as humidades que se encistan na inxustiza.




II


Non souben endexamais

por que algúns inquilinos da miña vida

chegaron a ocupar tantas estancias de meu.

Moitos deles xa non están (mais aínda quedan algúns)

e marcharon laiándose do frío pegado nas paredes.

Non podo crer

                         que os seus argumentos

se acheguen máis ao cinismo que á xenerosidade

con que foron recibidos.

Portón de vida,

brazos cansos de apertar corpos con rostros de pedra,

nacidos na lama máis escura dos camiños.




III


Curvas húmidas
Fotos: Susi F.D.

que deterioraron milleiros de horas, días e noites,

dunha existencia

que foi perdendo pouco a pouco a súa caligrafía.

Os símbolos ficaron desfigurados

e non quedou outra

que remover os prantos silandeiros da nenez.




ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

domingo, 26 de julio de 2015

POSTAIS DE MARTIN (1) : VUELA, VUELA MI ANDURIÑA EN SU NIDO...



A Libby, en su nido de Martin.

Ah, vuela, vuela,


dulce anduriña,

por horizontes

de tinta china

y por las playas

de arena fina.

Por los desiertos,

por las salinas

y busca nubes

en las colinas.




Ah, vuela, vuela,

dulce anduriña,

por las tormentas

por la neblina

y traza risas

de ámbar y harina.

Vuela muy alto

por la calima,

por los senderos

y las encinas.




Ah, vuela, vuela,

dulce anduriña,

por las cascadas,

por las vitrinas

y por los besos

de muselina.

Entre las rosas

y sus espinas.

Y por los versos

entre sus rimas.




Ah, vuela, vuela,

dulce anduriña.



ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

viernes, 24 de julio de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (LIV) . Arcadio López-Casanova. (3)




                                 ARCADIO  LÓPEZ-CASANOVA  (Lugo, 1942)



ROSALÍA XUNTO  Ó  MAR  DE CARRIL



Orballan as horas miudas sobre deste mar
tan quedo que me dá alento,
e veñen, veñen as ondas ata esta orela de sombra
mesmo coma se renderan no esteiro
do meu baleiro corazón.

Arcadio López-Casanova

Toda a miña vida e maila miña morte aquí están,
son isto que vexo,
unha ollada a aquela illa de luz,
vagas de vazar e altas escumas
de ás brancas,
paxaros de cinza que do escuro do bosque
niño de herba fan no meu peito doente,
nesta miña causela de dor
e de ausenza.


Quixen esta ollada derradeira sobre deste mar,
tal eran a ansia, e a sede, e tamén o desamparo
que por de dentro me aloureaban,
aburaban as pólas esmaceladas do meu sangue,
e sega facían nas mañizas de todo o meu vivir.


Son os ollos do corazón os que velan e ven,
pois cguiña estou, filliña da Noite,
tempo e tempo hai xa.


Sen sentilos van os días por min
coma un asubío de sombra
acó, deitada no leito,
soa, soa,
soíña,
vendo as ramallas do solpor que chegan,
que caen contra a ventá baleira
de luz,
e nada hai, e nada hai, e non
hai nada,
só esta escuridade mesta, a Sombra
que me asexa,
a alcoba pechada de silencios,
e fora, alá, o mar, o mar
sempre, sempre
o mar,
o eterno e mouro vazar da Morte…

Velan os ollos e nada ven,
e miñas son a sede e a inseguranza.
Ai!, viñera para estes ollos meus
a venda do celeste,
a voz nos meus oídos xordos
dos deuses benévolos,
o amparo dunha man, dun agarimo,
un conforto nesta hora
de tódalas horas,
cando sinto que todo, todo se me vai,
todo se me esvaece coma si a vida,
este meu vivir, os anos meus
a penas un sono foran,
un lampo de luz
que nas mans de cinza queda murcho…


Todo está neste mar, todo
está neste mar
que cos ollos cansos vexo ó lonxe, moi ó lonxe,
mentres os fiaños do solpor  veñen,
e preto de min sinto a Noite,
e na Noite os pasos da Sombra
que chega,
que chega de vagariño, solermiña,
infinda e posuidora…




(Do libro As voces da máscara. Centro PEN-Galicia. 2014)





Texto de Arcadio López- Casanova.

                                                                                                                         (Consello da Cultura Galega)

miércoles, 22 de julio de 2015

DARDO POÉTICO (XXIII). Xoán Babarro González



   É un dos grandes escritores da LIX galega. Xoán Babarro González reúne todo aquilo que nós lles esiximos aos autores: honestidade, amor polo universo infantil, orixinalidade, respecto polo lector ou lectora, esforzo, palabra sincera e calidade literaria.

    
Todo isto e moito máis, podemos atopalo na ampla obra de Xoán Babarro. Unha obra modélica con forte presenza da literatura popular, os mitos, a musicalidade poética. Unha obra que toca os diversos eidos literarios: narrativa, teatro, poesía, ensaio. Unha obra premiada en diversos certames e valorada positivamente por todos os que amamos o valor da palabra e cremos fondamente nela.

     Xa lle dedicamos unha entrada na sección A luz das palabras, polo que non imos insistir nos detalles da súa traxectoria, porén, permitídenos que tomemos unhas fermosas palabras tiradas do seu último libro, As máscaras do profesor Robindra (Galaxia. 2015), que, escritas por el mesmo, o definen con humor  e fantasía:
         
     Xoán Babarro naceu un día en que o dragón Samamede cubría a súa crista cunha capa branca e vía como nas augas dea Limia paseaban, por entre os veos da brétema, o rei Arturo e a raíña Xenebra. Ao lado do dragón foi aprendendo os nomes da terra e descubrindo os seus feitizos. Xa de maior, coñeceu os bardos e os magos das palabras e, con eles, viaxou polas mil e una rutas do mapa”.

   En Versos e aloumiños estamos moi felices de ofrecer aos nosos lectores e lectoras textos da calidade de autores como Xoán.

   
     Desta volta, trátase duns poemas (haikus) da obra gañadora en 2013 do XIII Certame de Poesía  “Anduriña Voandeira” da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi.

   Son fermosos, brillan por si mesmos. Son pura imaxe. Unha marabilla. Un luxo.

Xoán Babarro nun encontro con lectores

  
                         
                                                             DOCE  POEMAS




Luz de decembro.
O sol a arrandearse
no bambán curto.



Noite sen lúa,
tan só ti e mais eu.
Ollos de moucho.



Soñaba a arxila
baixo o nobre salgueiro.
Olas de plástico.



Arpa do inverno,
candeas no tellado.
Pobres sen teito.



Abrolla a viña.
Eu e ti, primavera
sobre a andoriña.



Ai, Fukushima...!
Sementa o prexegueiro
os seus farrapos.





Lúa redonda.
Namorados mirándonos
no noso espello.




Nacía Xuño.
Cachelas para ti
no sabugueiro.




A margarida,
contando sis e nons,
recorta soles.



Entra o outono
por ventás de figueira
feitas de adeuses.



Baixa o regueiro
con axóuxeres de aire.
Ti e eu na brétema.


lunes, 20 de julio de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (LIII) Luis García Montero





                        LUIS  GARCÍA  MONTERO  (Granada, 1958)



No buscaba las olas
cuando después del beso descubrí en su piel
un recuerdo salado del mar donde fui niño.

Confirmo si hace falta que todo lo pensé,
mil veces he medido las sílabas del tiempo,
pero también mil veces aprendí que no salen las cuentas,
y la duna que soy de forma irremediable
Luis García Montero
se ha hecho con arena movediza,
con mi viento descalzo de los juguetes rotos,
mis historias de amor,
mi mala vida.




¿Qué recuerdo de ti?
La noche inevitable que arde como un rito,
la norma temeraria de castigar los límites
y el negro maltratado de tus ojos.

¿Qué recuerdas de mí?
La noche inevitable que arde como un rito,
la norma temeraria de castigar los límites
y el negro maltratado de mis ojos.

¿Qué sabrán de nosotros?
La noche interminable que ardía como un rito,
la norma temeraria de castigar los límites
y el negro maltratado de los ojos.




No te voy a pedir el corazón que llevas
escondido debajo de tu ropa de invierno.
Solamente esperaba, como leña reunida,
para arder en el fuego que calienta tus manos.
Quiero entender tu noche, tu sed, tus libramientos,
tu vivir en las sílabas que componen tu nombre,
tu quedarte dormida, tu me voy a la cama,
tu silencio acostado, mi silencio acostado,
las cosas que me pasan cuando sueñas conmigo.


                                               

                                                                                       
                                                                                                               (Do libro Un invierno propio, editado por Visor. 2011)


                               Escoitemos a Luis García Montero recitando dous poemas. 
                                                                                          O primeiro chámase "Dedicatoria".






E o segundo, dedicado á súa nai, chámase "Madre". Presentación do seu libro "Vista cansada", na Residencia de Estudiantes no ano 2008.





jueves, 16 de julio de 2015

BOB DYLAN: ESA LENDA QUE SEGUE A SER UNHA LENDA. ELEGANTE, MOI ELEGANTE FOI O SEU CONCERTO EN MADRID.

     
Actuación de Bob Dylan en Madrid
  

     Vino unha vez máis. Gocei unha vez máis. Vibrei unha vez máis.

      Bob Dylan deu en Madrid un concerto primoroso. Se tivese que definilo cun adxectivo, ese sería elegante.
     Ao longo de dúas horas e cuarto (cun descanso de vinte minutos), Bob Dylan demostrou que segue a ser o artista musical por excelencia aos 74 anos de idade. Non hai ninguén coma el no universo musical.
     Sobrio, acompañado por unha banda magnífica, foi elevando á categoría de arte cancións coñecidas e outras non tanto. Coa súa levita beixe, o seu típico sombreiro claro e agochado na penumbra, Dylan creou un ambiente de intensidade vocal chea de maxia.
  
     

     Bob Dylan arrisca en cada un dos concertos (cen cada ano, máis ou menos) desa Never ending tour. Os seus músicos coñecen perfectamente os desexos do xenio de Duluth e soan limpos, brillantes, sabendo en cada momento o que deben facer. Dylan non tocou, como xa vén sendo habitual, a guitarra nin o teclado. Pero diante dun piano de cola e , sobre todo, coa harmónica conseguiu momentos excelsos.
     

     Así é Bob Dylan. Esíxese e esixe os seus admiradores. Non está disposto a aburrirse cantando as cancións de hai corenta anos do mesmo xeito. Non baixa o nivel. Coa súa voz cavernosa acada pasaxes dunha fermosura difícil de alcanzar polo resto dos cantantes. Dylan, a diferenza dos que non o escoitan habitualmente, non engana a ninguén. O Bob Dylan de hoxe é un artista diferente que foxe das multitudes, que consegue un intimismo profundo que me encanta. 

Entrada do concerto

     Por que hai que brincar, berrar e lanzar proclamas cando actúa? Quen se sente estafado é que non sabe polas rutas polas que transita o vello Bob e cal é a súa liña dende hai ben tempo. Agradecín estar sentado no Barclaycard  Center (vaia nome ao Pazo dos Deportes!) escoitando a música, as palabras que vomitaba con forza, as chiscadelas musicais que non faltan en ningunha actuación; gocei coa brillantez dos músicos, co escenario medio en tebras, coa iluminación axeitada para un concerto no que houbo de todo: country, blues, momentos case jazzísticos, swing, folk e rock.
     

     Bob Dylan é unha lenda e, xaora, un enigma que, moi a miúdo, sorprende e emociona. Quen non comprenda isto, que escoite os seus discos e todo arranxado. Inútil resulta andar con andrómenas que non teñen ningunha razón de peso.
   Repito que gocei coas cancións dos seus álbums Tempest  (principlamente) e Through life together, coas dúas cancións de Shadows in the night  e coa interpretación sublime de Simple twist of fate  baixo o influxo da harmónica e, mesmo, cos bises: marabillosos ese Blownin´ in the wind  ao piano, case descoñecido, e un penetrante Love sick.

     Non esaxero se digo que este de Madrid foi para min un dos mellores concertos do Bob Dylan actual. Velo tan enxoito, tan pouca cousa e comprobar como enche o escenario resulta fascinante.


No descanso da actuación do vello Bob.

     Non o podo evitar. Nin quero.
     Esa caixa de sorpresas que é Bob Dylan sempre estará ben preto das miñas inquedanzas. Non me importa que sexa arisco, nin que non dea unha palabra ao público, nin que ande con floreos demagóxicos. O que si me importa é que cante, que revolucione os seus propios temas, que faga da música arte (que é o que ten que ser), que cante sen tempos perdidos. En definitiva, que siga a ser ese artista que leva a música nas veas e que percorre medio mundo porque ten necesidade de cantar. Por diñeiro non o fai. Ten ingresos varios e inxentes para viviren el e os seus durante anos e anos sen necesidade de saír á estrada mes tras mes.
 
Con Susi e Antón.
     Bob Dylan leva significando para min moito. E, curiosamente, continúa sen perder nada da influencia que deitou un día sobre a miña persoa.

     Estas son as cancións que soaron en Madrid e eses son os músicos que forman unha banda xenial.


     CANCIÓNS  QUE  BOB DYLAN INTERPRETOU
                        Setlist
 
Things Have Changed
She Belongs to Me
Beyond Here Lies Nothin’
Workingman’s Blues #2
Duquesne Whistle
Waiting for You
Pay in Blood
Tangled Up in Blue
Full Moon and Empty Arms

DESCANSO




High Water (For Charley Patton)
Simple Twist of Fate
Early Roman Kings
Forgetful Heart
Spirit on the Water
Scarlet Town
Soon After Midnight
Long and Wasted Years
Autumn Leaves
——
(Bises)

Blowin’ in the Wind
Love Sick 





    
 BANDA:

Kimball, Sexton, Garnier, Dylan, Recile (tapado) e Herron.
Bob Dylan – piano, harp
Tony Garnier
– bass
George Recile –
drums
Stu Kimball –
rhythm guitar, maracas
Charlie Sexton
on lead guitar
Donnie Herron – banjo, electric mand

Los Lobos

          Non quero rematar estas liñas sen salientar a marabillosa hora de boa música que ofreceron Los Lobos que actuaron de 20.00  a  21.00. Esta banda liderada por David Hidalgo deu unha lección de música de alto nivel, con ese estilo tan variado no que predomina a música anglosaxona, pero como fillos de inmigrantes mexicanos, levan no seu repertorio unha variedade de estilo que os fai moi sólidos. Con influencias moi claras do rock, do tex-mex, do folk, sons caribeños, música tradicional de México, rhythm & blues, boleros ou norteños etc. posúen un repertorio rico, pouco usual e dunha calidade incuestionable. Un referente da mestizaxe musical de primeira liña.
     
     Estiveron moi atinados nas cancións escollidas, pero os momentos álxidos conseguíronos coa interpretación de La bamba  e Volver, volver.
     Un complemento ideal para unha noite soberbia.


          
E agora, aínda que a imaxe é deficiente, podedes ver-escoitar un dos bises de Bob Dylan no concerto: Love Sick.

                                                                                                               
Ademais, unha magnífica versión do tema Early Roman Kings do seu álbum Tempest, tamén no concerto de Madrid.

                                                                                              



                                                                                               ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO