Soledad García Riveiro é unha muller incansable que ama fondamente a literatura. E faino dende puntos de vista moi diferentes. Coñecina nunhas sesións poéticas que impartín hai un tempo e axiña notei a súa predisposición a escribir e facelo de xeito coherente e apaixonado.
Ten
un discurso literario ben interesante. Entre a poesía, a LIX e a divulgación
ofrécenos obras dun valor innegable.
Muller
sensible co que a rodea, fai da palabra o seu centro vital. Escribe por pracer
e porque o precisa para respirar.
De
aí que Versos e aloumiños lle pedise un texto libre no que
expresase a súa visión literaria e, sobre todo, poética (aínda que non
unicamente).
Enviounos
estes textos que poden ler deseguido e que indican por onde van as súas
inquedanzas poéticas.
Grazas,
Sole, pola túa xenerosidade.
Soledad García Riveiro |
Diría
que somos bosques ao fío das palabras dunha gran esponxa. E esa esponxa é hoxe este
instante, no que me les.
Quero
agradecer a Antonio García Teijeiro por convidarme a expresar a miña paixón pola
poesía a través desta escolla de sementes que teño prantadas.
Permíteme
comenzar con Aposiopese.
Aposiopese
quería ser unha compañeira de viaxe pola natureza a través dos haikus, quería
ter pairos coma as canilongas e
derrubar fronteiras, máis a cruel realidade tornou o seu rumbo
e ficou espida coa
dor que se sente cando
perdes a un pai. Por el, polo meu pai, Aposiopese.
HABITA
en min o veleno
un
código deserto mórdeme as crinas
xermolan
augamares na memoria
porque
a memoria é un animal doente
que
xoga a camuflarse na néboa
mata
de voces cavila esmigallada
nunha
marea présa ferinte
devece
pola vida
a
cuadratura accidental dun pentagrama
Remata
o verán, un verán fermoso sen máscaras, sen distancias, un verán de abrazos…
técese
e destécese a noite
féndese
a lúa
nun
manto de estrelas durmidas
como
doe non ter ese abrazo diario
cando
a terra te deixa no olvido
as
paredes embranquecen
as
sabas de liño en trincheiras
pensar
en arrincar o corazón
para
sembralo
así
escribía en Poemarcovida, imaxes de palabra e vida,
un poemario homenaxe ao persoal sanitario pola súa encomiable labor durante a
pandemia.
convídote
a un abrazo e a deter o tempo
Daquela
era primavera, a época na que nacen os garranos. Ao meu pai encantábanlle os
garranos, as burras do monte, e todos os garranos nacen na primavera.
Artai
é redondo e pequeno, da cor do mel.
Ten
as crinas negras
e
unha mancha en forma de raio na fronte
que
nos cabalos se chama cordón.
Artai
ten un cordón de raio e
o final das patas brancas como se levase botas
e
con elas brinca na Serra da Groba onde naceu.
Porque
Artai naceu unha noite de inverno
cando
caeu un raio no Cortelliño e fixo un burato,
un
burato do que naceu Artai.
Un
burato que empezou a encherse de auga
e
converterse en poza, na Poza Nova.
E
así é como todo o mundo pensa
que
Artai é fillo da manda,
porque
naceu sen nai,
alimentado
por todas as nais da Groba,
pola
agua da poza onde naceu
e
polas landras dun carballo,
o
seu amigo Quer.
ONDA
ONDE
onde
miras ti
respirarei
as pistas do teu lombo queimado
Eiquí
un extracto das “As palabras son cinzas por
soprar”,
premio Manuel Oreste Rodríguez de Paradela, que se publicará en decembro 2023.
E
despídome de ti cun extracto de "O
camiño de Perséfone". Un
poemario no que tento explorar a dualidade entre a tecnoloxía e a natureza a
través de imaxes evocadoras de muller, ilustradas pola artista Ángela Costas.
Perséfone
é a deusa grega da agricultura e da fertilidade, a pesar de enfrontar desafíos,
persevera na busca dunha nova primavera e o seu renacemento persoal.
Premio
Manuel María en Gipuzcoa, consta de 4 estacións, unha dualidade e a miña
escolla para ti é o verán.
o verán es ti
unha
serea envolta en leite
e
na proa somerxes os abrazos do mar
ti
es os ollos pechados
e
esbancas o liño desta áncora sentida
o
verán es ti
e
ti bailas coaa brisa
a
impulsar
o
ronsel
dos
motores do amor
Que
sigamos lendo, crecendo e soñando.
Moitas
grazas,Teijeiro! : )
Soledad
García Riveiro