viernes, 30 de diciembre de 2016

ESCAPARATE POÉTICO (XCII) María Lado




             
                                                    MARÍA  LADO  (Cee, 1979)






cinco


procúrasme coa boca.
por un momento, abres os ollos
e na casa aínda en penumbra,
unha contra déixase levar pola torpeza da brisa.
María Lado

pola físgoa dese instante
vexo o merliño.
pousa o seu canto madrugador na estrema do abrente,
escorrenta os cans da noite.

ti préndeste no meu peito, ancoras no bico,
nesa maneira
que temos ti e mais eu de bicarnos
mentres, fóra,
con pericia de faquir,
o merliño entra na nube de ourizos
e tanto saltarica
que escachan en riso as bocas entreabertas
das castañas punzantes
que caen.

ao pouco,
asoma de novo o peteiro alaranxado do paxaro.
agora a árbore ten cabeza de merliño,
que bonito,
ten inquedos e pintados ollos negros
que esculcan entre a herba do xardín.

xa estás esperta?
aínda é moi cedo e precisas
descansar.

o merliño brinca e o seu peteiro aloumiña a terra.
sabe evitar os agulleiros caídos que lle pechan o camiño
e vai escollendo as enfiadas,
pauciños
e herbas que carrexa
do xardín á árbore,
e volta
da árbore para o xardín.
con elas no bico
vai cosendo o seu niño collido por alfinetes.

ti, meu pequeño, á calor do leite,
adormeces.
descoñeces os traballos do merliño
non oes as nubes tronar sobre as follas
non sabes nada das picadas das espiñas
nas coxas da ave, e aínda así
reparas, coa túa boca,
as feridas abertas polas agullas.


María Lado canta os seus versos


trece


cómo ser mamá vaso de leite
seis galletas sobre a mesiña
amencer demasiado silencioso,
e porta a sabendas pechada?
cómo vestir abrigo de petos profundos
ou sono
de gas ao pé da cociña?

cómo se os nosos pés,
igual ca árbores que dormen o outono,
se atopan baixo a lentura
e alimentan as flores que
tras o tremer do xeo
sempre volven?

Con Lucía Aldao

dezaseis

un día, has soltar as nosas mans coma cabos.

eu seri vella nesa hora de repente
restarame só a miña antiga casa, os altos
e protectores valados da nosa herdade,
a vella pampona da luz zunindo
no teito da cociña
deitando sombras aterradas sobre as corredoiras crechas,
brancas, por veces agrisadas
que cobren o rostro da miña nai
-ollos baixos, labios cosidos polos anos
e o cansazo-
e eu volverei a ela,
serei, coma ela,
pasado.




                 (Do libro oso, mamá, si?, editado por Edicións Xerais, 2015)

martes, 27 de diciembre de 2016

REMUÍÑO DE LIBROS (5) "Nunca mascotas", de Paula Carballeira





TÍTULO:  Nunca mascotas.


AUTORA: Paula Carballeira.


Editorial Galaxia. Colección: COSTA OESTE.




“Nunca mascotas” é unha interesante achega poética para un público xuvenil da escritora, actriz, contadora de historias e directora teatral Paula Carballeira.

     Trátase dun poemario vertebrado por vinte e catro poemas de diferente extensión e verso libre, onde destaca a forza evocadora da palabra. Esta convértese, xa dende o título, na guía polo percorrido dos suxestivos versos cara ao interior do noso ser, para amosarnos a nosa parte máis irracional. A autora, ben coñecedora do valor e importancia da palabra, xoga con ela, recréaa e dótaa dunha carga semántica emocional que convida á reflexión. A través dela, reivindica a liberdade tanto individual coma colectiva nun mundo sen ataduras.
 
Paula Carballeira
     Cada un dos poemas está protagonizado por un ser do mundo animal: insectos, mamíferos, paxaros, peixes…todos se unen para presentar, coma se dun desfile se tratase, o lado máis escuro da nosa existencia: a soidade, o abandono, a discriminación, a envexa, o medo, o amor fatal…pero tamén, a esperanza, a tenrura, a lealdade, a memoria, a amizade…, é dicir, a esencia da vida.
Versos directos, cargados de ritmo e musicalidade e adubados con certa dose de humor irónico, que non deixan indiferente o lector, que buscan a súa complicidade e ábrenlle cancelas no camiño do coñecemento persoal.

     Intelixente proposta editorial da editorial Galaxia para todo aquel que é quen de emocionarse coa palabra poética e sobre todo, para os mozos que están nunha etapa vital onde abundan as preguntas pero non as respostas dentro do complexo mundo dos sentimentos.

“As avelaíñas téñenlle un medo terrrible á escuridade,
por iso prefiren morrer na procura dunha luz
que escorrente as súas pantasmas.”


 

                                                                                                                  ALBA  PIÑEIRO

lunes, 26 de diciembre de 2016

DISCOS MEMORABLES: A HARD DAY'S NIGHT, DE LOS BEATLES

Ya he dicho en más de una ocasión que la primera música que recuerdo haber escuchado cuando no contaba más que unos pocos años de edad fue la de los Beatles. Y llegué a ellos, claro, a través de la ingente colección de discos de mi padre, y mediante dos recopilaciones dobles que ya son clásicas: las que se conocen popularmente como "la roja" (y no me refiero a cierta selección futbolística, obviamente) y "la azul". Estas dos excelentes compilaciones, preferibles al más reciente CD titulado 1, me ofrecieron un panorama amplio del legado musical que los cuatro de Liverpool crearon a lo largo de la década de los sesenta y me llevaron a interesarme por los discos oficiales europeos, pues en los Estados Unidos la discografía beatle es notablemente diferente, con muchos más álbumes que en el Viejo Continente. Y el primer disco original de los Beatles, que no fuese una recopilación, que tuve fue una edición española en vinilo del A Hard Day's Night de 1964, que tenía traducido al castellano el título como Qué noche la de aquel día, que era como se conocieron en España tanto la película como el elepé, y que años más tarde inspiraría a Miguel Ríos el título de aquel programa de Televisión Española de los años 80 Qué noche la de aquel año.





Y es que A Hard Day's Night fue la primera y, sin duda, la mejor película de los Beatles, dirigida por Richard Lester, que colaboraría posteriormente de nuevo con el cuarteto en Help! (1965) y con John Lennon en How I Won the War (1966). La idea era plasmar en un documental ficticio la locura en la que por entonces se había convertido la beatlemanía, y el resultado fue fresco y atractivo, y nos recuerda ligeramente a las comedias de Bing Crosby y Bob Hope por su aire improvisado y su humor sutil y a veces absurdo. De la banda sonora se encargaron, por supuesto, Lennon y McCartney, lo que marcó la primera ocasión en la que un disco de los Beatles estaba compuesto en su totalidad por la banda, pues los anteriores mezclaban temas propios y ajenos. El álbum ofrece buena prueba de la capacidad creativa de John y Paul en un momento de esplendor compositivo, con clásicos dentro del canon beatle como "A Hard Day's Night", "And I Love Her" o "Can't Buy Me Love", con ese excelente solo de guitarra rockero a cargo de George Harrison. Las canciones incluidas en la película aparecen en la cara A del disco, y entre ellas destacan también "I Should Have Known Better", que los Mustang versionaron admirablemente como "Conocerte mejor", y la delicada balada "If I Fell", que es una de las mejores piezas que los de Liverpool habían compuesto hasta el momento. En la cara B—como ocurre también en la banda sonora de Help!—tienen cabida temas que no suenan en el film, y aquí se esconden algunas pequeñas joyas, como "I'll Cry Instead" o las magníficas baladas "Things We Said Today" y "I'll Be Back". Además, hay dos canciones, "When I Get Home" y "You Can't Do That", que revelan la influencia que el sonido Motown tuvo sobre los Beatles en estos años iniciales. En definitiva, estamos ante un disco que marca un antes y un después en los primeros compases de la carrera de los Cuatro Fabulosos, un álbum en el que la magia del dúo Lennon-McCartney, como compositores de canciones pop de gran calidad, es ya una realidad evidente. Por si alguien tenía aún alguna duda, los Beatles habían llegado al panorama musical para quedarse y se habían convertido en un fenómeno global, creando una película y un disco que son absolutamente memorables.



                                                   ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ

jueves, 22 de diciembre de 2016

A LUZ DAS PALABRAS (64) Toño Núñez



Se alguén como Toño Núñez, cando che dedica un libro, di que es un espello para el, ademais de sentirte raro, pensas que o que levas escribindo ao longo de tantos anos pagou a pena.
    
     Se cando o coñeces e compartes un café (ou o que sexa) con el en Vitruvia te decatas de que hai unha calor humana que nos une, a satisfacción que te invade chega a converterse en felicidade infinita.
    
     
Con Toño Núñez en Vitruvia
     
     Toño Núñez ama fondamente a palabra poética. Ama cada unha das cousas que o rodean. Ve e sente a paisaxe como algo tan de seu que non pode prescindir dela de ningún xeito.
    
     Toño Núñez contaxia amor moi intenso por aquilo que merece ser amado. Como di Armando Requeixo no limiar do seu libro Poemas de Amor en Outono, leva a luz de Vilameixide nos ollos. Hai na súa escrita un lentor antigo, como se seculares espectros lle habitasen a memoria e cangase ás súas costas un Freixís antigo, perdido na néboa do Tempo, ese Tempo que en Navia de Suarna se fai río de pasar demorado, vagantío, case eterno”.

     Así é. Sabias palabras do amigo que reflicten a psicoloxía persoal e literaria de Toño Núñez.
     Cando recibín Poemas de Amor en Outono sentín que me envolvía un sutil manto de enerxía colorista.  Lírica intimista que emociona polo amor que desprende (a todo) e polo compromiso coa honestidade vital, pola denuncia e pola evocación de diferentes abandonos.

Un emociónase con versos coma estes:

Fun pasando páxinas
do libro dos días.
De contido cumprido xa.
E final incerto.
Engordiño. Non hai présa.
E aínda me sorprendo.
Como facía de neno.
Porque ti segues aí.
Quentando os meus invernos.
A pesares das miñas teimas.



     Hai luz na palabra de Toño Núñez. Luz cálida, amarelecida polo tacto das mans que acariñan. Ateigada de presenzas certas que lle dan consistencia. Hai emoción. Hai latexos.
     
     De aí que hoxe poidamos lela e gozala.
     
     Palabra de poeta total.

    

Un poeta que se nos presenta do seguinte xeito:

Toño Núñez

Eu son Toño Núñez. Nacín en Navia de Suarna (Lugo), unha pequena, pero fermosa, vila que padece de ausencias aló,  ao pé da serra dos Ancares.  Vila que  aloumiñan as augas  puras do río que a traspasa e nomea: o río Navia. Alí, onde Galicia colle da man as veciñas terras de Asturias e León. Disto hai, xa, máis de medio século.  Mais, boa parte da nenez paseina nunha humilde aldea: Vilameixide.

Si, son da aldea. De neno  alindei vacas, comín cereixas nas cerdeiras, escoitei contos na lareira e o cantar dos carros,  impregneime do olor da herba seca… E  apañei amorodos nos prados... Aínda que agora vivo na cidade… ai… os amoriños primeiros…  son moi malos de olvidadare

E mentres alindaba as vacas, soñaba… Quixen xogar no real Madrid. Como Amancio. E non pasei do Iris de Magoi. Quixen ser cantante de orquestra. Como Pucho Boedo. Pero só canto en dous coros. Quixen casar cunha rubia… E casei cunha morena…

Mais, hai anos que a vida me trata ben. Moi ben. Cobro nómina de mestre e, dende rapaz, teño “ínfulas literarias”, como dixo de min un respectable señor. Escribo moi pouco e con moita desorde e descontinuidade. Pero, de certo, escribir, como e cando me peta, é, esencialmente,  unha necesidade.

En chegado ao outono da vida, conseguín autoeditar  un libro moi importante para min: Poemas de Amor en Outono, acompañado dun dvd con 16 videopoemas. Un libro de celebración e de recolleita. No 2005 publicara Navia, nai, outro fito na miña escasa produción literaria, produción que inclúe unha gavela de relatos e de poemas que aparecen inseridos en publicacións colectivas e revistas. Amais, teño uns cantos títulos publicados para  nenas e nenos: O soño de Ánxela ( Everest Galicia), O señor mago e a folla ( Everest Galicia), Macedonia de froitas (Ir Indo), As cores da vida (Ir Indo), Amores de gato e rato (Kalandraka), O pirata Metepata (Baía), O monstro dos Ancares (Galaxia), Mago Goma (Kalandraka) e  De como Chispo, o esquío, puido co frío (Galaxia). Tamén me gusta moito escribir, moi de cando en vez, artigos de opinión.

En fin… Son un home.

      Un poeta, un home, que escribe para Versos e aloumiños este fermoso poema.


Rodeira. Foto de J. Albertos.



Rodeira


Ao lonxe,
a tardiña vén morrendo
no colo da ría.
E as gadoupas do mar
adurmiñado
tecen presaxios de derrota.
Que sempre chega.

Nesta beira,
as ondas esfarélanse
mansas.
E arrolan o lombo
deserto
do areal de Rodeira.

Morreu o solpor.
Quedei só.
Amo a soidade
escollida.
Mais…
Como doe a soidade!
Cando fai ferida.

Así,
diante da chaira
líquida,
o home (eu)
é un nanoargueiro
ensimesmado.
Prepotente.
Interesado.

Que debulla amenceres
incertos.
E mastiga proxectos.

No porto,
os vagalumes
urbanos
do aire
pintan grilandas de neón
no pelo da auga.

O mar
calmo,
ese monstro
aletargado,
espreita.

Nun xesto
temerario,
fixo os meus ollos
nos ollos
negros
do mar. Son
fermosos

Como ollos de muller
meiga…
Como engaiolan
eses ollos!

E fico así,
cativado,
un tempo sen medida.
Á deriva…

De súpeto,
uns foguetes
intrusos
feren a noite.
Que medra.

E estragan a maxia
sublime
do momento.

En Darbo hai festa.

Non corre o tempo.

Receosas,
unhas campás tocan
o tango
azul
da despedida…

Festa en Darbo
Mañá,
volverá
o balbordo de pés
nómades
en peregrinación
cerimoniosa
a ningures.

Na procura dun futuro
insondable.

E debuxarán mosaicos
de pegadas
efémeras
na alfombra
húmida
de area.

Para que xoguen
as ondas
nenas
a borralas
do mapa.

Mañá,
no Forte,
alguén quentará café.
E encetará,
con maniotas de desamor,
unha nova
singradura.

Mañá,
nas Pontes,
onde morre o Bouzós,
as gaivotas espreguizarán
a mañá.

E expurgarán,
na baixamar,
 o areal
lamacento.

Na procura das pegadas
inmorredoiras
de María
Soliña…

Xa non estou só.
A son do Pirulo,
dous corpos
famentos
devóranse
tenros.

Eu morro de envexa.

Onde van
aqueles tempos…

Badalada a badalada,
eu morro…

Mañá,
erguereime con mal sabor
de boca.
E pensamentos
parricidas.

Mañá,
cando o lea,
poida que asasine
este poema…

Mañá…

                                            


                 Toño Núñez (Cangas do Morrazo, xullo de 2016)




lunes, 19 de diciembre de 2016

REMUÍÑO DE LIBROS (4) " A lúa de Xoán " , de Carme Solé Vendrell






Título:  A LÚA DE XOÁN

Autora do texto e das ilustracións:  Carme Solé Vendrell

Editorial: Kalandraka

Colección: MareMar

Resulta un verdadeiro pracer poder gozar dun libro da categoría de  A lúa de Xoán, despois de terte emocionado con el no ano 1982.
     Non podemos menos que aplaudir a política de recuperacións que a Editorial  Kalandraka leva adiante publicando alfaias literarias que non deben desaparecer. Verdadeiros clásicos da LIX.
     E un séntese feliz de poder volver lelo/gozar en galego cunha magnífica tradución de Xosé Ballesteros.
     
     Escrito en catalán y publicado en castelán pola editorial Hymsa, A lúa de Xoán deixou pegada no seu momento e segue a deixala.
     
     Non sei se Carme Solé Vendrell, autora do texto e das ilustracións, creou unha obra para que perdurase. Non o sei, pero perdurou para desfrute de lectores que non naceran cando esta xoia viu a luz por vez primeira.
     Xoán vive feliz co seu pai, un mariñeiro de tantos que poboan os océanos, ata que este perde a saúde, queda prostrado na cama e o rapaz sae ao mar acompañado da lúa para recuperala. Vive unha auténtica aventura que, dende o punto de vista emocional, vai facer que medre o seu instinto de superación.
     
Carme Solé Vendrell

     Si, A lúa de Xoán é un conto de amor, de loita, de superación, de decisión perante as dificultades. Cun fondo autobiográfico, a prestixiosa ilustradora (gañadora dúas veces do Premio Nacional de Ilustración) artella unha narración cun enorme fondo poético tinguido de emocións que cativan os lectores.
     
     Unha historia literaria mesturada cun desenvolvemento plástico que forman un todo para impactar. Destacan a tenrura dos personaxes, a forza dos diferentes elementos da paisaxe, a combinación maxistral das cores (en páxinas dobres, ou non), que empurran o lector a mundos fascinantes que non o deixan indiferente. Todo explicado con naturalidade, frases curtas e palabras que engaiolan polo sentido realista envolto en poesía.
Dúas ilustracións do texto
     Un álbum de gran tamaño, absolutamente recomendable. Un álbum para gozar da historia e das ilustracións. Un álbum  que Carme Solé nos agasallou hai ben anos e que, coma os bos libros, non perde a vixencia endexamais.

                                                                                                                                       ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO