Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de junio de 2026

FAÍSCAS (31). Reflexións do poeta gaditano Jenaro Talens sobre o poema e a acción

 



En Versos e aloumiños gústanos reflexionar e axudar a facelo a todas e todos os que se achegan ao noso blog-revista.

 

Buscamos sentencias, afirmacións, palabras, en definitiva, de poetas que valoramos positivamente sobre o universo poético en xeral.

O importante, para nós, é conversar, provocar o pensamento amplo e crítico sobre os achegamentos da poesía na sociedade. Estes achegamentos son moitos e moi variados.

Acadar que cheguen ao máis profundo de cada lector ou lectora convértese nun obxectivo que sempre nos marcaremos.

 

Nesta entrega é o poeta e doutor en Filoloxía Románica, Jenaro Talens, un dos nosos poetas favoritos, que posúe unha ampla e coidada obra, quen nos fai pensar sobre a función do poema e a acción que pode promover.


Jenaro Talens (de crebas.gal)



Un poema nunca derrubará un muro, pero si pode facer que alguén asuma como necesaria a tarefa de intentalo coas súas propias mans.

Un poema é unha análise en estado bruto, sempre racionalizable a posteriori, e, como tal, unha proposta para a acción.

 

e engade o poeta nacido en  Cádiz en 1946, doutor en Filoloxía Románica:

 

O que non pode ser dito é o que un poema debe arriscarse a dicir.

                                                                          
                                                                                             
                                                                                   Do libro Poesía ¿Eres tú? (Ediciones Hiperión)





 


                                                                                                         

lunes, 30 de marzo de 2026

FAÍSCAS (29) : Así reflexiona JAIME SABINES sobre o que é para el a poesía.

 



Ai, a poesía, que necesaria é nestes tempos de loucura motivada polos de 

sempre: os bárbaros poderosos que buscan beneficio económico e de poder 

destruíndo vidas sen importarlles o máis mínimo!

Di o poeta mexicano Jaime Sabines que “La poesía sirve para sacar la flor de las cenizas”.

Noutro texto do mesmo autor podemos ler o seguinte:

 

O poeta mexicano Jaime Sabines (Foto Círculo de Poesía)


Más que una vocación, la poesía es un destino. En ella se encuentra un cincuenta o sesenta por ciento de oficio, de rigor, de disciplina. Un poeta es una gente “descarnada”, es decir, una persona que va por el mundo sin piel, con la carne viva. Por lo tanto, las cosas que suceden le afectan más que a otros. No tiene nada que lo cubra, que lo proteja, y entonces, como respuesta a la vida, se da a la poesía. Un ejercicio impúdico, en el que el hombre se tiene que desnudar para escribir. Darse totalmente en cuerpo y alma. Hay que tener el oído bien despierto, alerta los ojos y toda la piel al descubierto. El instante en que usted escribe es de verdadera comunión con las personas y con la vida. Hasta con los muebles y las cosas. Escribir es el verdadero sentido de la vida. La poesía es liberadora. Sobre todo de las tensiones humanas. Creo que uno es como una caldera que está ardiendo y que va aumentando la presión cotidianamente, hasta que explota o hasta que se le abren las válvulas. La poesía es una de las válvulas que tenemos para liberar la caldera de la presión que vivimos, tanto de la alegría como del dolor. Las palabras llegan. ¡Ellas llegan! ¡Muchas veces ellas llegan aunque no las llame, pero me doy cuenta al momento de escribir!

 

                                                                  (Do  libro Poesía ¿eres tú?. Ed. Hiperión





miércoles, 25 de marzo de 2026

Audio da presentación de POEMÁFOROS de Celso Emilio Ferreiro

 

De esq. a dereita: AGT, X. Ferreiro e Xabier Romero

Xa falamos nunha entrada anterior do novo poemario de Celso Emilio Ferreiro, Poemáforos, que, publicado por Elvira/Luscofusco, aparece na colección Moraima, dedicada a rescatar do esquecemento unha serie de poemas do poeta celanovés baixo o coidado do seu fillo Xavier Ferreiro.

 


Pois ben, o venres pasado, día 20, o libro foi presentado na Asociación Évame-Oroza e contou coa participación de Ferreiro, do editor Xabier Romero e de Antonio García Teijeiro.

 


Falouse do poeta, do seu compromiso con Galicia e coa poesía e léronse aforismos contidos no poemario.

 Como é habitual nestes casos, a palestra foi gravada en audio e Versos e aloumiños ofrécea a continuación.

Oxalá lles interese.






lunes, 2 de marzo de 2026

"POEMÁFOROS", UN NOVO TÍTULO DA COLECCIÓN "Moraima", de CELSO EMILIO FERREIRO (Editorial Elvira).

 



Non pode ser máis interesante a colección Moraima que a Editorial Elvira, no seu selo Edicións Luscofusco, está a recuperar poemas inéditos do gran Celso Emilio Ferreiro.

Despois do volumen co que iniciaba a devandita colección, Pido unha patria ao mundo, acaba de saír no prelo o segundo (haberá outros) título: Poemáforos.

Poemáforos é poesía ao xeito de pensamentos aforísticos cunha temática variada e recorrente na poesía de Celso Emilio: Galicia, emigración, os intelectuais do seu tempo, o poder, o desterro, a cultura, o amor, a amizade etc.

Aforismos que se sitúan do lado incorrecto, politicamente falando, no seu tempo e no tempo de hoxe.

Son aforismos   con toda a intención política e ideolóxica posible.

 


Cheos de belixerancia, moitos anos esquecidos, son unha mostra evidente do compromiso que cos seres humanos tivo sempre o poeta celanovés.


Manuscrito de dous poemáforos contidos no libro.

Son un canto á liberdade. Son unha ocasión perfecta para sentir o seu pensamento moi dentro do lector ou lectora.

Son, en definitiva, o reflexo dunha respiración viva que sinala, que acariña e que remove conciencias.

 

Leamos algúns deles:

 


O INDIFERENTISMO DA POESÍA

 

O indiferentismo da poesía

esteticista, non ten outro fin

que o de esmorecer a conciencia

ética; é dicir, a preocupación política.

 

 

OS CONFORMISTAS

 

Explicarlle a realidá real

a certa xente é tan inútil

como botar auga nun cesto.

 

 

PAUL ELUARD DICE

Paul Eluard dice

que o país era máis importante

que a poesía.

Estou dacordo,

pro o home non vive somente

das cousas importantes.

 

 

A POESÍA COMPROMETIDA

 

A poesía comprometida debe

fundamentarse neste principio:

 

A palabra como liberación.

 

 


miércoles, 14 de enero de 2026

AUDIO DA CONFERENCIA "Hablemos de LIJ y la importancia de la ética y la estética en nuestras obras", na FIL de Guadalajara ((MÉXICO)EmotividadeE

Curiosidade




A miña estadía en Guadalajara (México), na súa inmensa e magnífica Feira Internacional do Libro, foi unha fermosísima experiencia que non esquecerei endexamais.

 

Sete actos en cinco días plenos de interese por parte do público, intensidade poética, participación moi alta de mexicanos/as, de diversas idades, en cada un deles e a satisfacción absoluta ao comprobar a capacidade de asombro do público que pasou polas distintas salas en que se falaba de literatura, educación, pedagoxía e de poesía especialmente.

Participación

 

Poemas en voz alta compartidos, preguntas, exposicións orais e todo un conxuntos de elementos afectivos que resultaron de cada una das ponencias.

O día 4, impartín una conferencia, cuxo título rezaba así:

Hablemos de LIJ y la importancia de la ética y la estética en nuestras obras.


Emotividade


Compartir con especialistas e co público en xeral a miña visión do que é positivo e do que debemos ter en conta á hora de escribir para a infancia e a adolescencia, resultou un enorme pracer. E os poemas en voz alta resoaron con emoción e foron partillados con agarimo polos asistentes á mesma.

Coa querida escritora Marta Estévez

A conferencia foi gravada en audio e Versos e aloumiños ofrécea aquí embaixo para todas e todos os que teñades curiosidade por escoitar o que alí aconteceu.

 







martes, 9 de diciembre de 2025

POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO DEDICADO A PACO IBÁÑEZ

 

Paco Ibáñez



                              A PACO IBÁÑEZ

                                             Todo en él es poesía  (AGT)                           

                                   

                                      Esa voz que rasga el aire

                                       y acompaña  una guitarra,

                                       ¿dice mentiras? ¿desaires?

                                       ¿o busca tibias mañanas?

 

                                       ¿Dicen mentiras las cuerdas

                                       o tal vez dicen verdades

                                       las cuerdas de esa guitarra?

                                       ¿O las mentiras son versos…

                                       canciones arinconadas,

                                       canciones con horizontes,

                                       canciones como miradas?

 

                                       En medio del viento muestras

                                       las razones del poeta.

                                       En medio del viento escondes

                                       las miserias y tristezas.

                                       La poesía es en tu boca

                                       más de todos

                                                          y…¡más nuestra!

 

                                                                                             

                                                                         ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 


Paco Ibáñez e Antonio García Teijeiro preparando unha actuación en Vigo (Foto de Anxo Cabada)

jueves, 10 de julio de 2025

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (CXI): "Seis leiras e un piano", de Claudia Castro

 





                      CLAUDIA CASTRO  (Santiago de Compostela, 1972)

 

 

Idea

 

Cando teñas unha boa idea

tes que oír, ver e falar.

Se os demais non te escoitan

ás veces cómpre berrar.



 


Vida

 

Eu quixera gozar

da vida coma un paxaro,

camiñar coa elegancia do gato,

cantar coa ledicia do galo

e vivir coma un becho raro.

 


Pensamentos

 

Pensar é sachar

nas leiras da vida.

É facerse preguntas

Sen que ninguén nolo pida.

Se pensas, existes.

Se existes, dubidas.

Se dubidas, es sabia.

Os pensamentos son cores

con cinco pétalos de tres cores.


 

 

Tempo

 

No verán construín un castelo

coa area dun reloxo.

Tiña torres, tiña ameas,

unha ponte e un gran foso.

O meu castelo de praia

o mar quíxoo para el,

envolveuno co seu saio

e nunca máis souben del.

 

 

Lingua

 

A lingua é unha maneira

de comprender a vida e o tempo.

Nunca mordas nin agoches

este baúl invisíbel

que acubilla os pensamentos.

 

(Do poemario Seis leiras e un piano, editado por Edicións Xerais. (2025), na colección Merlín, e ilustrado por Laura Tova).



jueves, 26 de junio de 2025

FAÍSCAS (27). "Aproximacións á poesía, ao poema e ao poeta".

 




Ai, a poesía! Tan libre, tan descoñecida, tan lonxe da maioría e tan necesaria!

Hai un libro que teño sempre ben preto de min: editado por Hiperión, Poesía ¿eres tú? (Aproximaciones a la poesía, El Poema y El Poeta é unha delicia.

Téñoa á miña beira, porque está chea de frases, definicións, citas e achegamentos diversos á poesía e ás súas concrecións: o poema e o poeta.

Fermín Herrero e Jesús Munárriz foron recompilando frases de autores e autoras de épocas e de civilizacións diversas, poetas case todos, pero tamén filósofos, ensaístas, pensadores, críticos ou artistas, que dende sempre trataron de apresar e enunciar, deitándoo en palabras, o que os devanditos conceptos lles inspiraban ou suxerían.

Poesía, ¿eres tú? Está organizado este libro de citas en tres grupos que corresponden a estes tres conceptos: poesía, poema e poeta, e que van do xeral ao particular, do abstracto ao concreto, do teórico ao persoal.

É unha verdadeira delicia pasear por estas páxinas cheas de profundidade, enxeño e inspiración.

 

Coma exemplo, podedes ler algunhas destas frases e, sen dúbida, poñervos a reflexionar e a encher as vosas vidas de poesía.

 

La poesía salva non só a quen a expresa, senón a todos cantos a len ou recrean.  MANUEL ALTOLAGUIRRE

 

Manuel Altolaguirre

A poesía é o espello borroso da nosa sociedade. Cada poeta respira sobre este espello: o seu bafo embázao de diferente maneira. LOUIS ARAGON

 

Louis Aragon

El poema, en estado de fragilidad o de furia, deja caer su sombra sobre el mundo y los desplaza. JUAN GELMAN

 

Juan Gelman

La voz que habla en un poema, aunque sea la del poeta, no es nunca una voz real, es sólo una voz posible, no siempre imaginaria, pero siempre imaginada. JAIME GIL DE BIEDMA

 

Jaime Gil de Biedma (Foto Jot Down)

Poeta, por ser claro no se es mejor poeta./ Por oscuro, poeta, no lo olvides, tampoco. RAFAEL ALBERTI

 

Rafael Alberti

O poeta é un mentireiro que di sempre a verdade.  JEAN COCTEAU

 

 

Jean Cocteau


lunes, 12 de mayo de 2025

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO E OS IRMÁNS CUNHA NO RECITAL 'VIGO, ENTRE NOTAS E VERSOS'

 



O proxecto Vigo, entre notas e versos, foi un éxito e unha experiencia sensacional e única.

Máis de mil alumnos e alumnas pasaron polo Auditorio de Concello para escoitar e emocionarse coa poesía lida en voz alta e cos versos postos en música.



Enorme o traballo de Alberto e Andrés Cunha musicando algúns deles e interpretando, con voz e guitarra respectivamente, poemas de Curros Enríquez, Lorca, Rosalía de Castro, Rafael Alberti, Manuel María, MªElena Walsh, Antonio Machado e Antonio García Teijeiro (estes musicados integramente polos irmáns Cunha).

 

Andrés e Alberto Cunha

Con ecos de Serrat, de Amancio Prada, Batallán, Walsh, Fuxan os Ventos e, xa que logo, de Alberto Cunha, a rapazada cantou, recitou, participou dun xeito moi activo en cada unha das sesións do proxecto.


Antonio García Teijeiro

Unha mostra máis de que, cando a poesía se achega con arte e agarimo, penetra no máis fondo do ser humano.

O proxecto levouse a cabo baixo o patrocinio da Concellería de Educación do Concello de Vigo.

 

Felices despois dunha das sesións de "Vigo, entre notas e versos".

E, como mostra do que acabamos de escribir, deseguido podedes escoitar en audio unha das sesións de Vigo, entre notas e versos.






jueves, 1 de mayo de 2025

UNHA CONVERSA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO PODCAST 'O ENVÉS DA PÁXINA'

Co gallo da recente publicación do seu último libro, Sentado diante da fiestra (Ed. Elvira), tiven a oportunidade hai unhas semanas de parolar co meu pai, Antonio García Teijeiro, nun novo episodio do meu podcast literario O Envés de Páxina. Aínda que en principio esta escolma de artigos xornalísticos aparecidos no suplemento Estela do Faro de Vigo era a excusa para o programa, a nosa conversa axiña nos levou por vieiros que só tiñan que ver co libro de xeito tanxencial, e entre outros temas, falamos da infancia de Antonio, da súa visión da poesía e o seu achegamento ás aulas, da música que encerra o mar, da relación entre deporte e literatura e do papel que, a xuízo de Antonio, debe ter a poesía en particular e a literatura en xeral nesta sociedade que nos tocou vivir no século XXI. 
Amodiño, a conversa foise facendo, de xeito natural, máis e máis íntima, e Antonio mesmo chegou a dicir cara ao remate que nalgúns intres esqueceu que el era meu pai e eu o seu fillo. Nese sentido, o meu obxectivo coa entrevista cumpriuse completamente. Deixámosvos a conversa completa no vídeo que aparece aquí abaixo e agardamos que vos pareza interesante.



ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ


jueves, 20 de marzo de 2025

FAÍSCAS (25) POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO para o "Día Mundial da POESÍA"

 



O día 24 de marzo celébrase en todo o mundo o “Día Mundial da Poesía”.

Eu, que non son dado á celebración destes días, vou rachar o meu costume e 

para uns actos en Vigo escribín este poema.

Oxalá as persoas que teñen na man facer que a poesía chegue ao maior número 

de lectores dean o paso de valorala e achegar, en principio, ás escolas, porque, 

non teño dúbidas, a rapazada e a mocidade sempre están abertas a recibir 

sensacións positivas que os versos producen. E por aí hai que comezar.

 

 


(Biblioteca Pública Antonio Odriozola. Pontevedra)







“A orquestración das palabras, o colorido das imaxes e a contundencia dunha boa métrica outorgan á poesía un poder sen parangón. Como forma de expresión íntima que permite abrirse aos demais, a poesía enriquece o diálogo que cataliza todo progreso humano e é máis necesaria que nunca en tempos turbulentos.”

 

                                                 AUDREY AZOULAY, Directora xeral da UNESCO






                                         POESÍA

 

                     E  nun principio  foi  POESÍA

                                foi  medianoite

                                foi  alegría

E nun principio   houbo  cancións

                                houbo  poetas

                                houbo emocións

E no principio      naceu o lume

                                naceu o verso

                                naceu o fume

E no principio      falou o mar

                                falou a rosa

                                chegou a paz

E no principio      soprou o vento

                                sorriu a lúa

                                cantou o merlo

 

                    Tempo de versos.

                     Día tras día.

                     Brillo no ceo.

                     POOOO…POESÍA!

             

                                                                   Antonio García Teijeiro