OSA
José Ramón Alonso |
Ilustracións
de Lucía Cobo
Editorial
Kalandraka
Un
álbum que, talvez sen pretendelo, ou si? é poesía.
Economía
de linguaxe para crear un ciclo de vida.
Unhas
ilustracións potentes, serenas, cheas de luz.
A
tenrura reloce para fundirse nun proxecto moi fermoso.
José
Ramón Alonso e Lucía
Cobo (que grande ilustradora!) xúntanse para facer poesía espida de poesía
visual respectivamente.
Lucía Cobo |
Osa,
ese tenro animal, sente, na soidade, que o inverno con neve e frío chega e
precisa un lugar onde gorecerse. Será un oco canda unha rocha.
Pasados uns meses . Unha mañá, unha luz anega o seu agocho e sente
que na barriga algo está a suceder. Non é fame precisamente.
A realidade brilla. O tempo pasa. E, coa fermosa chegada da
primavera estaba leda a vida e eu, coma lector, sorrío envolto na cor
das ilustracións e nas palabras
xustas do relato.
Vida
e natureza van da man.
Un
álbum optimista, moi ben pensado e marabillosamente ilustrado.
Un
álbum que te reconcilia coas cousas que nos fan felices.
Poucas
veces, poucas palabras poden dicir tanto.
Ilustración de Lucía Cobo |
Antonio García Teijeiro