CONCHA BLANCO
(Lires, Cee, 1950)
CANTEIRO
Concha Blanco (Foto Edit. Galaxia) |
Canta
miña pedra, canta,
ao
compás deste punteiro,
canta
miña pedra, canta,
faille
compaña ao canteiro.
CANTIGA POPULAR
as
cuñas e o martelón,
tampouco
esquezas o pico
porque
che vai facer falta
para
traballar o granito.
De
pedra é o cruceiro,
o
Pazo de Cotón,
a
Fonte Penín,
o hórreo do avó.
Tamén
son as casas
e
o paredón.
O
“latín dos canteiros”
é
moi singular,
o
“verbo dos arxinas”
é
o seu falar.
Brindo
polos canteiros,
como
me gusta o que fan!
LABREGA
REFRÁN POPULAR
Érguese
ao mencer o día
sen
saber ben que facer,
é
o sol, a chuvia ou neve
quen
din o rumbo a coller.
Sempre
teñen as labregas
vacas,
porcos que manter
tamén
ovellas, galiñas…
por iso é que a labrega
tamén
gandeira ha ser.
Fai
unha vida moi especial
e
non por iso é ideal.
Non
ten horarios
na
súa xornada
de
sol a sol
cada
semana.
No
campo están
os
seus recursos,
que
elas conseguen
gañar
a pulso.
Cavar,
sementar, sachar
patacas,
allos, cebolas,
que
son os froitos da terra
que
coidan estas persoas.
Viven
en casas
que
están na aldea
á
que hai pegadas
sempre
unha leira,
tamén
con hórreos
e
outros pendellos
que
non están mal.
Nisto
consiste
a
arquitectura rural.
Son
poucas labregas
que
cambiarían
a
súa aldea pola cidade
ou
unha vila.
ESCRITORA
Hai que saber vivir do conto
EXPRESIÓN POPULAR
e
ponse a pintar,
pintar
con palabras
que
ben se lle dá.
Non
é un pincel
que
é unha pluma
de
tinta e dozura.
Ela
pintou un verso
con
moito amor
enchéndoo
todo
de
moita cor.
Unha
veces chora,
outras
veces ri,
o
mellor da obra
é
como o di.
Sempre
o meu desexo
foi
ser escritora.
Xogar
coas palabras,
cambialas
de sitio
subir
e baixar,
trocalas
por outras,
facelas
bailar.
O
que eu non quero
é
velas sufrir
por
iso con cóxegas
sempre
as fago rir.
(Do
libro Oficios e profesións poemas son, editado por Embora.2020)