YOLANDA CASTAÑO (Santiago de Compostela, 1977)
EU ERA UN ESPELLO
EU era non máis ca un espello
adobiado dende a ignorada vontade da
ancoraxe,
dende o tácito entusiasmo da
construción dos argumentos,
o receo solícito da esperanza das
terapias
Que mesmo cando me gardabas
CECAIS PECHAR UNHA XANELA
NUNCA tanto tempo pasara eu
procurando unha
dor. Sequera tal alimento para estes
ollos que se alzan a mirarte.
Pero tiven que comprobar o volume en
carne,
a vulnerabilidade aos procedementos
físicos,
a torpeza do corpo e os
recantos incultos en chairas
lamacentas.
Cecais teña que pechar unha xanela
para ver o sol.
as sílabas supremas
pero bicas ben e gústame estar
contigo.
O meu verde co teu azul.
Delirio de ramas.
O meu verde co teu azul.
Abstéñome de pronunciar esas sílabas
sublimes
pero gústame cómo abrazas e o teu
pelo fai xogo co meu vestido.
Os teus dedos patinan nas miñas
medias.
O meu verde co teu azul.
QUÉN
preservará todos os contornos da conciencia.
Quén ha de revelar o meu nome
descoñecido,
o meu impúdico nome que codifica e
devora.
Quén pode prescribir tantos equívocos
moldes
por encima desta fiestra construída
polo corpo.
Quén haberá que incorpore esta razón
esta memoria
cara un ciclo impertérrito de tebras e
de luz?
POLA emoción chegamos
a
unha montaña sen resposta.
A túa sensibilidade de doer e de
involucración.
(E
seguirémolo facendo).
Agora perségueme a primeira persoa do
plural.
A miña vida d.C.
Eu maleábache aquilo e ti morrías de
delicia.
Os nosos rostros responsables.
As miñas sílabas peregrinas contra a
túa elocuencia cautelosa.
O meu punto, can consorte.
A túa fixación teleutefílica.
Convencernos mutuamente
de que os ultraparadisos eran isto.
E o lombo do lobo en nós
ramificándose.
(Do libro Erofanía.
Triloxía poética. 1995-1998, editado por Espiral Maior, 2009)