Tan solo unas tres semanas después de la publicación de "Murder Most Foul", tema de casi 17 minutos de duración sobre el que ya hablamos en estas páginas, Bob Dylan sorprendió a propios y a extraños compartiendo en YouTube un nuevo tema, "I Contain Multitudes", que puede escucharse aquí. Mucho más breve que la anterior (poco más de 4 minutos en esta ocasión), esta nueva canción, sin embargo, tiene varios puntos en común con ella, tanto en su contenido letrístico como en esa instrumentación minimalista que arropa a la perfección la voz de un Dylan que por momentos canta y por momentos recita sobre el acompañamiento musical. De nuevo nos encontramos ante una pieza con múltiples referencias musicales y culturales (Walt Whitman ya en el título, Edgar Allan Poe, Ana Frank, Indiana Jones, Carl Perkins, los Rolling Stones, etc.) en la que Dylan nos habla de sí mismo, presentándose como "un hombre de contradicciones, un hombre de muchos humores" y reflexionando sobre ideas que siempre le han interesado, como la verdad, la muerte, la mediatización de la información por parte de los medios de comunicación o la creación de un personaje como modo de protección ante el mundo que nos rodea. Tras escuchar la canción repetidas veces, Antón García-Fernández ha publicado un vídeo en su canal de YouTube en el que ofrece un comentario crítico sobre esta nueva canción dylaniana. Por si os interesa verlo, os lo dejamos al final de esta entrada. Ya casi octogenario, Bob Dylan sigue estando de actualidad y en plena forma creativa, lo cual nos alegra enormemente a quienes amamos su música.
Categorías
- artículos colaboraciones y noticias (221)
- escaparate poético (137)
- A luz das palabras (97)
- catavento de poemas infantís (96)
- dardo poético (90)
- Caderno íntimo (21)
- descubertas fonográficas (16)
- fiestra aberta (14)
- Paseos poéticos (12)
- sentado con pessoa (10)
Mostrando entradas con la etiqueta bob dylan. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bob dylan. Mostrar todas las entradas
martes, 26 de mayo de 2020
martes, 5 de mayo de 2020
"MURDER MOST FOUL", NOVA CANCIÓN DE BOB DYLAN
E, de súpeto, no medio de toda esta situación tan estraña de confinamento forzado na casa por mor da pandemia global, vai Bob Dylan e publica unha nova canción, "Murder Most Foul". E non é unha canción calquera, senón un tema de case que 17 minutos que xira arredor do escuro a aínda non esclarecido asasinato de John Fitzgerald Kennedy en Dallas no mes de novembro de 1963. Segundo lle comentou alguén ao propio Dylan, ese foi o día no que comezou a xeira do Anticristo, o día no que a alma de toda unha nación foi arrincada, o intre que sinalou o inicio do declive de toda unha cultura. Nesta canción, a primeira orixinal que Dylan saca á luz en case oito anos, dende ese excelente disco titulado Tempest, o de Minnesota reflexiona sobre o magnicidio e trae o pasado ao presente a través da súa visión crítica. É unha canción épica, apocalíptica, recitada máis que cantada por unha voz de Dylan que adquire a personalidade dun vello bardo que nos fala do pasado para que non o esquezamos e o apliquemos ao presente, deixando tamén algúns comentarios moi interesantes sobre ideas das que hoxe tanto se fala como a de verdade ou a de liberdade. Nun vídeo que publicou non hai moito na súa canle de YouTube, Antón García-Fernández ofrece un comentario crítico sobre este "Asasinato moi vil", analizando os múltiples contidos e as moitísimas referencias musicales e culturales que atopamos na súa letra. Por se vos interesa, podedes ver o vídeo de Antón premendo nesta ligazón.
Etiquetas:
bob dylan,
john fitzgerald kennedy,
murder most foul,
música,
reseñas,
vídeo
domingo, 27 de noviembre de 2016
CONVERSACIÓN CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO SOBRE EL "BLONDE ON BLONDE" DE BOB DYLAN
Basándome en la columna "Discos memorables" que publico en Versos e aloumiños, he tenido recientemente la idea de iniciar un podcast sobre música popular bajo ese mismo título que estará disponible en portales de internet como Podomatic o YouTube. La intención es conversar con diferentes amigos sobre elepés que, por una u otra razón, les resultan memorables e indispensables en toda discoteca que se precie. El primer programa es una conversación con Antonio García Teijeiro sobre uno de los discos de Bob Dylan que más le han impactado personalmente: el Blonde on Blonde, que Dylan grabó entre Nueva York y, sobre todo, Nashville en el año 1966 y que fue el primer disco doble de la historia del rock, además de ser uno de los más influyentes de la música del siglo XX. El programa completo, de unos 50 minutos de duración, puede escucharse aquí:
A lo largo de la conversación, Antonio y yo charlamos acerca del papel del Blonde on Blonde dentro de la carrera de Dylan y del lugar que ocupa en el imaginario del rock. Destacamos también a algunos de los excelentes músicos que participaron en estas sesiones (miembros de The Band, Al Kooper, Charlie McCoy, Hargus Robbins) y finalmente desgranamos el disco y lo comentamos canción por canción. Por cuestiones de copyright, no nos está permitido poner ninguna de las canciones, pero animamos a quienes escuchen el podcast a que tengan también de fondo el disco sonando, o que lo escuchen antes o después de oír nuestra conversación. Dejamos aquí una versión alternativa de una de las canciones más fabulosas de las catorce que componen este disco ya atemporal y lleno de textos de una sensibilidad poética inigualable: "Visions of Johanna".
ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ
A lo largo de la conversación, Antonio y yo charlamos acerca del papel del Blonde on Blonde dentro de la carrera de Dylan y del lugar que ocupa en el imaginario del rock. Destacamos también a algunos de los excelentes músicos que participaron en estas sesiones (miembros de The Band, Al Kooper, Charlie McCoy, Hargus Robbins) y finalmente desgranamos el disco y lo comentamos canción por canción. Por cuestiones de copyright, no nos está permitido poner ninguna de las canciones, pero animamos a quienes escuchen el podcast a que tengan también de fondo el disco sonando, o que lo escuchen antes o después de oír nuestra conversación. Dejamos aquí una versión alternativa de una de las canciones más fabulosas de las catorce que componen este disco ya atemporal y lleno de textos de una sensibilidad poética inigualable: "Visions of Johanna".
ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ
Etiquetas:
blonde on blonde,
bob dylan,
música,
podcast,
vídeo
domingo, 30 de octubre de 2016
LA FIGURA DE BOB DYLAN, SEGÚN ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ
El director de este blog me ha pedido recientemente que escriba tres o cuatro palabras sobre la figura de Bob Dylan, sobre lo que su música y su poesía significan para mí. La razón principal, además de la atracción que Antonio siempre ha sentido por todo lo relacionado con Dylan, es la concesión al de Minnesota del Premio Nobel de Literatura, que tantas ampollas ha levantado en algunos sectores académicos y de la crítica literaria. Como todo lo relacionado con Dylan, este galardón no ha dejado indiferente a nadie, y ya que escribir tres o cuatro palabras sobre el cantautor de Duluth no es tarea fácil, he decidido echar mano de la tecnología e improvisar este breve vídeo en el que trato de explicar aquello que la obra de Dylan evoca en mí. Más que polemizar sobre la concesión del Nobel, mi propósito con este vídeo es simplemente compartir algunos recuerdos muy vívidos que guardo sobre Robert Zimmerman, y que están estrechamente relacionados con mi padre, y celebrar su figura y su obra. Espero que resulte de interés a quienes visitan Versos e aloumiños regularmente.
ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ
Etiquetas:
bob dylan,
literatura,
música,
noticias,
vídeo
jueves, 30 de julio de 2015
POSTAIS DE MARTIN (3) : LITERATURA, LITERATURA E... DYLAN, CLARO
Estou en Martin, Tennessee, un lugar apracible, cun verde que acariña, coas casas tipicamente americanas que lle dan un aspecto fermosamente uniforme.
Gozo cos voos en círculo da nosa anduriña, sorprendente, tenra e preciosa.
Non vivo de costas—non podería—á lectura e á música.
O meu fillo Antón, no Spotify, cumpre os meus desexos dylanianos. Teño ganas de escoitar o álbum Slow Train Coming. Pídollo e saboréoo porque é magnífico. Abuso da súa xenerosidade e solicito Oh Mercy! Magnífico tamén. Xa sen dicirlle nada, Antón pon ao aire Infidels e constato que ten cancións excelentes. Agora estou a escoitar Street Legal. Encántame.
Acabo de pousar sobre a mesa onde xoga a nosa anduriña o libro de Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, gañador do Premio Blanco Amor 2014, editado por Xerais. Remateino. Gustoume moito.
Primeira novela dun autor que me engaiolou con esa maneira directa de narrar, coa cidade de Vigo ao fondo, e capaz de artellar unha historia de loita individual na que os seus protagonistas procuran os soños, a razón que os permite vivir e superar conflitos. Magnífica estrutura e unha prosa limpa que produce un gran pracer cando a les.
Teño aberto, ademais, un libro ben interesante, por certo. Trátase dunha antoloxía de poesía en castelán editada por Visor: El canon abierto. Última poesía en español, cun estudo excelente de Remedios Sánchez García, da Universidade de Granada.
Un libro que parte dun proxecto de investigación literaria no que colaboran institucións de diferentes países e que ten como obxectivo coñecer as voces máis representativas da última poesía en lingua española.
Críticos e investigadores seleccionaron poetas, homes e mulleres nacidos a partir de 1970 con obra publicada e que escriban en español.Interesante panorama que nos permite ler escritores/as de España, República Dominicana, O Salvador, Perú, Colombia, México, Costa Rica, Arxentina, Chile, Bolivia, Ecuador ou Panamá.
Un balcón aberto á poesía última de persoas que xa están a aportar moita calidade á literatura española e hispanoamericana de hoxe en día.
Vou rematando esta postal. Soa Bob Dylan cantando "Señor (Tales of Yankee Power)".
Eu poño punto e final cuns versos do poema "Un murmullo", de Daniel Rodríguez Moya (Granada, 1976), mentres a nosa anduriña, dende os brazos da súa nai, dinos good night!
(...) Alguien cree que hay silencio justo antes,
del disparo de gracia en un fusilamiento
![]() |
| Daniel Rodríguez Moya (Foto: José Domingo) |
pero el eco devuelve repetidas
las últimas plegarias de los ejecutados.
Siempre ha habido un murmullo envolviéndolo todo,
un ruido permanente.
Más que el miedo al silencio
el temor es a oír,
las cosas que se dicen en voz baja.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Etiquetas:
antología poética,
bob dylan,
daniel rodríguez moya,
fran p. lorenzo,
literatura,
música,
narrativa,
poesía,
postais de martin,
vídeo
jueves, 16 de julio de 2015
BOB DYLAN: ESA LENDA QUE SEGUE A SER UNHA LENDA. ELEGANTE, MOI ELEGANTE FOI O SEU CONCERTO EN MADRID.
Vino unha vez máis. Gocei unha vez máis.
Vibrei unha vez máis.
Bob Dylan
deu en Madrid un concerto primoroso. Se tivese que definilo cun adxectivo, ese
sería elegante.
Ao longo de dúas horas e cuarto (cun
descanso de vinte minutos), Bob Dylan demostrou que segue a ser o artista
musical por excelencia aos 74 anos de idade. Non hai ninguén coma el no
universo musical.
Sobrio, acompañado por unha banda
magnífica, foi elevando á categoría de arte cancións coñecidas e outras non
tanto. Coa súa levita beixe, o seu típico sombreiro claro e agochado na penumbra, Dylan creou un ambiente de intensidade vocal chea de maxia.
Bob Dylan arrisca en cada un dos concertos
(cen cada ano, máis ou menos) desa Never ending tour. Os seus músicos
coñecen perfectamente os desexos do xenio de Duluth e soan limpos, brillantes,
sabendo en cada momento o que deben facer. Dylan non tocou, como xa vén sendo
habitual, a guitarra nin o teclado. Pero diante dun piano de cola e , sobre
todo, coa harmónica conseguiu momentos excelsos.
Así é Bob Dylan. Esíxese e esixe os seus
admiradores. Non está disposto a aburrirse cantando as cancións de hai corenta
anos do mesmo xeito. Non baixa o nivel. Coa súa voz cavernosa acada pasaxes
dunha fermosura difícil de alcanzar polo resto dos cantantes. Dylan, a
diferenza dos que non o escoitan habitualmente, non engana a ninguén. O Bob
Dylan de hoxe é un artista diferente que foxe das multitudes, que consegue un
intimismo profundo que me encanta.
![]() |
| Entrada do concerto |
Por que hai que brincar, berrar e lanzar
proclamas cando actúa? Quen se sente estafado é que non sabe polas rutas polas
que transita o vello Bob e cal é a súa liña dende hai ben tempo. Agradecín
estar sentado no Barclaycard Center (vaia
nome ao Pazo dos Deportes!) escoitando a música, as palabras que vomitaba con
forza, as chiscadelas musicais que non faltan en ningunha actuación; gocei coa
brillantez dos músicos, co escenario medio en tebras, coa iluminación axeitada
para un concerto no que houbo de todo: country, blues, momentos case
jazzísticos, swing, folk e rock.
Bob Dylan é unha lenda e, xaora, un enigma
que, moi a miúdo, sorprende e emociona. Quen non comprenda isto, que escoite os
seus discos e todo arranxado. Inútil resulta andar con andrómenas que non teñen
ningunha razón de peso.
Repito que gocei coas cancións dos seus
álbums Tempest (principlamente)
e Through
life together, coas dúas cancións de Shadows in the night e coa interpretación sublime de Simple
twist of fate baixo o influxo da
harmónica e, mesmo, cos bises: marabillosos ese Blownin´ in the wind ao piano, case descoñecido, e un penetrante Love
sick.
Non esaxero se digo que este de Madrid foi
para min un dos mellores concertos do Bob Dylan actual. Velo tan enxoito, tan
pouca cousa e comprobar como enche o escenario resulta fascinante.
| No descanso da actuación do vello Bob. |
Non o podo evitar. Nin quero.
Esa caixa de sorpresas que é Bob Dylan
sempre estará ben preto das miñas inquedanzas. Non me importa que sexa arisco,
nin que non dea unha palabra ao público, nin que ande con floreos demagóxicos.
O que si me importa é que cante, que revolucione os seus propios temas, que
faga da música arte (que é o que ten que ser), que cante sen tempos perdidos.
En definitiva, que siga a ser ese artista que leva a música nas veas e que
percorre medio mundo porque ten necesidade de cantar. Por diñeiro non o fai.
Ten ingresos varios e inxentes para viviren el e os seus durante anos e anos
sen necesidade de saír á estrada mes tras mes.
Bob Dylan leva significando para min
moito. E, curiosamente, continúa sen perder nada da influencia que deitou un
día sobre a miña persoa.
Estas son as cancións que soaron en Madrid
e eses son os músicos que forman unha banda xenial.
CANCIÓNS
QUE BOB DYLAN INTERPRETOU
Setlist
Things Have Changed
She Belongs to Me
Beyond Here Lies Nothin’
Workingman’s Blues #2
Duquesne Whistle
Waiting for You
Pay in Blood
Tangled Up in Blue
Full Moon and Empty Arms
She Belongs to Me
Beyond Here Lies Nothin’
Workingman’s Blues #2
Duquesne Whistle
Waiting for You
Pay in Blood
Tangled Up in Blue
Full Moon and Empty Arms
DESCANSO
High Water (For Charley Patton)
Simple Twist of Fate
Early Roman Kings
Forgetful Heart
Spirit on the Water
Scarlet Town
Soon After Midnight
Long and Wasted Years
Autumn Leaves
——
(Bises)
Simple Twist of Fate
Early Roman Kings
Forgetful Heart
Spirit on the Water
Scarlet Town
Soon After Midnight
Long and Wasted Years
Autumn Leaves
——
(Bises)
Blowin’ in the Wind
Love Sick
Love Sick
BANDA:
![]() |
| Kimball, Sexton, Garnier, Dylan, Recile (tapado) e Herron. |
Bob
Dylan – piano, harp
Tony Garnier – bass
George Recile – drums
Stu Kimball – rhythm guitar, maracas
Charlie Sexton on lead guitar
Donnie Herron – banjo, electric mand
Tony Garnier – bass
George Recile – drums
Stu Kimball – rhythm guitar, maracas
Charlie Sexton on lead guitar
Donnie Herron – banjo, electric mand
![]() |
| Los Lobos |
Non quero rematar estas liñas sen
salientar a marabillosa hora de boa música que ofreceron Los Lobos que actuaron
de 20.00 a 21.00. Esta banda liderada por David Hidalgo
deu unha lección de música de alto nivel, con ese estilo tan variado no que
predomina a música anglosaxona, pero como fillos de inmigrantes mexicanos,
levan no seu repertorio unha variedade de estilo que os fai moi sólidos. Con
influencias moi claras do rock, do tex-mex, do folk, sons caribeños, música
tradicional de México, rhythm & blues, boleros ou norteños etc. posúen un repertorio rico, pouco usual e dunha
calidade incuestionable. Un referente da mestizaxe musical de primeira liña.
Estiveron moi atinados nas cancións
escollidas, pero os momentos álxidos conseguíronos coa interpretación de La
bamba e Volver, volver.
Un complemento ideal para unha noite soberbia.
E agora, aínda que a imaxe é deficiente, podedes ver-escoitar un dos bises de Bob Dylan no concerto: Love Sick.
Ademais, unha magnífica versión do tema Early Roman Kings do seu álbum Tempest, tamén no concerto de Madrid.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
domingo, 24 de mayo de 2015
PARABÉNS, BOB, NO TEU 74 ANIVERSARIO!!!
![]() |
| BOB DYLAN |
BOB DYLAN, o mestre, o trobador cheo de inquedanzas, o poeta, o que segue a rachar moldes establecidos, un dos músicos con maior influencia da historia da música, cumpre hoxe, día 24 de maio, 74 anos.
PACO IBÁÑEZ, que cumpriu 80 o ano pasado, creou unha letra (e unha música) para que lle cantásemos no concerto de aniversario.
![]() |
| Obama condecora a Dylan. |
FELIZ ANIVERSARIO,
PARABÉNS PARA TI.
QUE CUMPRAS MIL ANOS
E QUE SEXAS FELIZ!
Dende Versos e aloumiños queremos felicitar ao de Duluth, para que cumpra eses mil anos que di a felicitación creada por Paco.
E o 6 de xullo, en Madrid, gozaremos unha vez máis coa súa música.
Parabéns, Bob!
Bob Dylan canta a canción "Restless farewell" do seu disco "Shadows in the night", no que homenaxea a Frank Sinatra.
Etiquetas:
aniversario,
artículos,
bob dylan,
colaboraciones y noticias,
música,
vídeo.
jueves, 29 de enero de 2015
BOB DYLAN CANTA A FRANK SINATRA EN "SHADOWS IN THE NIGHT".
![]() |
| BOB DYLAN |
Sei que lle van caer paus por todos os
lados.
Que lle van recordar o Self
portrait.
Que van dicir que, despois de Love
and theft e Tempest, a Dylan se lle foi a cabeza de novo.
Que se xa secou. Que lle faltan ideas para compoñer. Que se plaxios, metaliteratura, vaivéns musicais e demais.
Seino moi ben. Ao tempo.
Non me cabe ningunha dúbida de que vai ser
así, pero eu alégrome de que apareza Shadows in the night, un disco sobre
cancións cantadas por Frank Sinatra
(non as coñecidas, xaora) cun grupo de cinco músicos e non cunha orquestra de
corenta instrumentistas.
Bob
Dylan, despois de toda unha traxectoria envexable, pode facer o que lle
veña en gana. Non ten nada que demostrar. Os seus millóns de admiradores e
detractores opinarán del libremente, faltaría máis.
Dylan é imprevisible. Dylan é algo
revirado. Dylan enfeitiza. Dylan irrita.
A Dylan encántalle rachar moldes. Aparecer
onde non se o espera e non acudir cando a súa presenza, física ou artística,
semella fixa.
Escandaliza cando cede a súa imaxe e as
cancións para anuncios de roupa interior ou automóbiles de alta gama. Cando
canta diante do Papa, cando asume múltiples conversións relixiosas, cando actúa
nunha película ou cando pasea por cidades nas que actúa e vai agochado cunha
sueira, carapucha incluída.E, mesmo, cando Benedicto XVI renegou del.
Dylan creou un personaxe para defenderse
das convencións. Para agochar a súa verdadeira personalidade nunha máscara.
Para protexerse das innumerables espreitas padecidas. E fixo ben.
A Dylan hai que tomalo como o que é: a
figura máis grande da música en exercicio. O máis influente. E iso leva a
comprender certas canles polas que transita. Non tes que estar de acordo co que
fai. Non tes que aplaudir as súas decisións. Unicamente tes que respectalas,
criticalas, dende logo, e aceptalas por viren de quen veñen.Non son caprichos,
diso estou seguro, pero alguén cunha bagaxe tan impresionante nas súas costas,
ten dereito a vivir experiencias musicais e persoais diferentes.
Son máis de cincuenta anos de carreira
artística (e literaria) marcando liñas. Un espello para unha chea de artistas
de primeiro nivel, que non dubidan en recoñecer a súa pegada músico-literaria neles
e a influencia do xenio de Duluth nas súas respectivas obras. Iso non está ao
alcance de todos.
Alégrame que apareza Shadows in the night (3
de febreiro). Deste disco afirma Bob Dylan, nun comunicado, que “ foi un privilexio facer este álbum.
Durante ben tempo quixen facer algo coma isto pero non tiven valor de achegarme
a uns arranxos complicados para trinta instrumentos e adaptalos para unha banda
de cinco instrumentistas. Esa é a clave de todas estas interpretacións. Coñecía
moi ben todas as cancións. Fixemos a gravación en directo. Quizais unha ou dúas
tomas. Sen ´overdubs´. Sen cabinas onde gravar a voz. Sen auriculares. Sen
separación de pìstas. Fíxose a mestura mentres gravabamos”.
Ao se referir ás cancións o propio Dylan
aclara que non se ve versionándoas porque xa foron moi versionadas, soterradas
practicamente, e explica que “o que a miña banda e mais eu facemos é
descubrilas, sacalas da tumba e traelas á luz do día”.
Paréceme un proxecto interesante. Frank
Sinatra é un dos artistas máis significativos do século XX. Un descoñecido para
a maioría, que só queda nas súas posibles relacións coa mafia, coa súa fermosa
voz e coas interpretacións de “My way”
ou “Strangers in the night”. Moitos
descoñecen os seus magníficos discos de jazz, nos que cantou cos máis grandes
instrumentistas do xénero. E, agora, Bob Dylan descobre algúns temas
interpretados polo crooner por
excelencia e dá unha volta máis no seu repertorio musical incluíndoos nun
disco. Para min, un verdadeiro pracer.
Escoitei xa dúas das dez cancións: “Full Moon & Empty Arms” e “Stay With Me”.
Gustáronme. É outro Dylan. Aplaudo a iniciativa dylaniana. Un xiro puntual, un
descanso no seu labor compositivo, un reto encantador.
Unha vez máis, dispóñome a gozar das
“loucuras” marabillosas dun home libre e valente no artístico e a quen lle
gusta confundir no persoal. Se non fose dese xeito non sería Bob Dylan.
Un xenio, vaia.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Etiquetas:
artículos,
bob dylan,
canciones.,
colaboraciones y noticias,
frank sinatra,
música,
shadows in the night
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























