Co libro Aforismos,
dichos y refranes del rock, seleccionados e traducidos por Alberto Manzano e editado por Hiperión, dispóñome a dar na diana con este Dardo poético.
Selecciono algunhas afirmacións, versos
das cancións, pensamentos ou frases máis o menos acertadas de grandes músicos
actuais e, co permiso de Manzano, decido traducilos ao galego.
Espero que vos interesen.
Tamén podemos pensar.
Podemos estar ou non de acordo, pero
poñendo por diante os nosos argumentos.
Ah! E sería moi recomendable que
escoitedes todos estes músicos, homes e mulleres, que deixaron pegada ao longo
do tempo.
ELLIOTT
SMITH: “Queimarei todas as pontes para perderme”.
TOM
WAITS: “O tempo está feito de amor doce
e lento, pero só os bobos saben o que iso significa”.
PHIL
OCHS: “Somos monicreques nos fíos de
prata dos cambios”.
EDDIE
VEDDER: “O futuro está no alto, pero é
lento e afúndese no pasado”.
JOHN
LENNON: “A vida é o que che pasa mentres
estás ocupado facendo plans”.
JONI
MITCHELL: “Algo perdemos e algo gañamos,
se vemos a vida dende ambos os dous lados”.
TRACY
CHAPMAN: “Vendes a alma e quedas coa casca”.
PJ
HARVEY: “Lambe as miñas pernas, quéimome”.
MARIANNE FAITHFULL:
“Correndo para salvar a vida, non chegarás lonxe endexamais”.
DAVID BOWIE:
“Podemos vencelos para sempre se somos heroes un día”.
PATTI
SMITH: “A un só lle dan o que o seu
corazón pode aguantar”.
PAUL
WELLER: “Amar é como camiñar entre
bolboretas”.
De cando en vez
aterro en espazos moi ceibos de palabras, de versos, de longas oracións
gramaticais, de repeticións que me intentan dominar, de parágrafos que me
envolven entre a crueldade e o agarimo.
De cando en vez decido pousar os meus
sentidos nunhas illas que están rodeadas do mar do enxeño. Que semellan
chamarte en voz baixa pero que, ben o sabes, soan a berros no teu interior.
De cando en vez decido pisar os terreos
dos aforismos, eses eidos que non
parecen estar sen labradíos, pero que dan froitos insospeitados.
As colleitas son moi xenerosas.
Os froitos teñen unhas formas e unhas
cores sorprendentes. O seu sabor, exquisito.
Benjamín Prado
Desta volta detívenme no terceiro libro de
aforismos de Benjamín
Prado, un escritor que me interesa. Alguén do que
eu leo a súa poesía, os seus artigos no xornal e máis dunha novela.
O libro leva por título Más
que palabras e está editado por Ediciones Hiperión en
2015.
Decidín poñelos en galego. Quedan ben na
nosa lingua.
Velaquí algúns deles:
* Hai
quen só conta contigo ata completar o aforo.
* As persoas que temen perderte sempre
dan un pouco de medo.
* Recoñecina porque non se parecía a ninguén.
*
O poema é a cabeleira da linguaxe.
*
Cando non vaias a ningures, tamén te quererei acompañar.
*
O que ten mérito é ser lembrado polo que fas, non polo que din de ti.
*
Hai quen confunden darche un consello con deixarche unha multa no
parabrisas.
* A igualdade tamén consiste en que
todos poidamos ser diferentes.
* O pesimista busca desgrazas que lle
dean a razón.
*
Estar mal acompañado é estar só por partida dobre.
Tras ler estes aforismos, decidín cerrar o libro e
dedicarme a ver como aboian no máis íntimo de min as ondas do mar.
Se algo valoro eu dos artistas é que consigan un
universo de seu.
Este universo, evidentemente, pode interesarme ou non. Iso vai depender dos seus contidos, da miña visión do creado,
dos enfoques e de tantos elementos que o configuren. Pero sempre terán o meu
respecto, se nel atopo autenticidade e non impostura.
Georges Brassens é un
exemplo do que estou a dicir. Fillo dun albanel, oficio no que as persoas
adoitan cantar cando traballan (alomenos antes) e coa súa nai, filla dun
inmigrante napolitano, o mozo Georges anota as letras das cancións que escoita
nun caderno para repetilas coas súas amigas. Vive feliz nun medio sinxelo e
humilde. O fonógrafo invade a casa con obras de diferntes estilos: ópera,
cancións de moda,operetas e, sobre todo, jazz.
Georges Brassens
Non foi Brassens un bo
estudante. Só destaca en ximnasia, é un distraído ata que dá cun profesor de
lingua e literatura, amigo de Sartre, quen esperta nel a paixón pola poesía e a
literatura en xeral. Como a música a leva ben dentro, dedicarase a interpretar
cancións populares e de moda para entreter as súas amizades.
Debuta como artista moi
tarde. El ía formándose en segredo, el só ou con amigos.
Será a principios
dos cincuenta, con trinta anos cumpridos (naceu en 1920), cando, grazas á
presión dos amigos, decida facer unha proba nun cabaret no barrio de
Montmartre. Cantou máis de vinte e cinco temas entre as dúas e as catro da mañá
e deixou aos asistentes entusiasmados. A partir de aquí o seu éxito en Francia
e en tantos lugares de Europa resulta indiscutible. Como di Thierry Perben. “Esa
noite GEORGES fíxose BRASSENS. Non debemos esquecer que tivo que vencer a súa
timidez e a falta de confianza que tiña en si mesmo.
Brassens triunfa como
cantante, mais non abandona a escrita. A súa primeira novela chámase La tour
des miracles (1953) e, pouco despois, aparece unha selección de poemas co nome
de La mauvaise reputation.
A partir de aquí Georges
Brassens é recoñecido como un compositor con estilo propio e anovador, mesmo
impertinente, como di Perben, ademais de poeta, cuxo dominio da lingua francesa
resultaba brillante e inspirador.
Foi chamado o “poeta do
anarquismo” e nas súas cancións adiviñamos unha exaltación do poder que a
palabra e mais o amor teñen como algo subversivo.
No seu mundo
compositivo pasean toda sorte de persoas que van dende os ladróns e cornudos
atapolis, putas ou cregos.
Nas letras dos seus
temas cabe salientar o humor e mais a ironía para loitar a prol da moral
libertaria.
Brassens era un
apaixonado lector de poesía, coñecía perfectamente a linguaxe o que lle
permitía xogar con expresións feitas, recuperar vocábulos esquecidos e crear un
estilo único manexando, tamén, a fala popular.
Paco Ibáñez dedicou un
disco ás cancións de Brassens deitadas ao español. E lembra ao artista “como un
home sinxelo, tímido e xeneroso; cun talento que non cabe no firmamento”.
Gabriel García Márquez
comentou: “Hai uns anos, ao longo dunha discusión literaria, alguén me
preguntou quen era, na miña opinión, o mellor poeta contemporáneo de Francia.
Non o dubidei. Respondín: Georges Brassens”.
Acaba de saír un libro
desta persoa sen igual: Los caminos que no llevan a Roma. Reflexiones y máximas
de un libertario, coa tradución de Joachim De Nys (Ed. Navona).
Non quixen sentar con
Pessoa, desta vez. Preferín que esas máximas, pegadas dunha ética sen fendas, se
convertesen en dardos que aguillloasen as nosas conciencias. Por iso, e nada
máis que por iso, están reflectidas nesta sección.
Leamos, escoitemos,
recuperemos os grandes artistas como quen hoxe aparece neste espazo. Persoas
así non deben caer no esquecemento. Son unha referencia esencial para as
sociedades desfeitas e confundidas. Pouco a pouco fomos soterrando artistas que
puñan o dedo na chaga, de maneira inxusta. O peor que lle pode pasar a estes
homes e mulleres é acalalos. Facer como que non existiron endexamais. Hoxe,
Versos e aloumiños presenta un home “que non estancou en certezas”, como di
Jean-Paul Liégeois, “que non foi un manual de axiomas e de grandes principios,
senón máis ben unha meditación episódica, unha serie de interrogacións
sucesivas que desembocan en respostas fráxiles e provisionais” Así de ético foi
sempre o seu pensamento e hoxe imos coñecelo un pouco máis.
Leamos algunhas das
súas reflexións, contidas no libro anteriormente citado.
-No
es tan fácil tener una moral individualista e individual. Resulta difícil estar
solo.
-Pocos
seres son capaces de libertad. La mayoría son partidarios de su libertad, pero
la libertad de los demás se les escapa un poco.
-Detesto
los uniformes, salvo el uniforme del cartero.
-Considero
las religiones y todos los dogmas, sean cuales sean, como completamente
nocivos.
-Lo
único que nos queda de la civilización es la poesía.
-Todavía
existen poetas. Pero se esconden aquí y allá, entre dos piedras, o en ojos de
agujas.
-Canto
como un hombre libre. Me libero escribiendo canciones.
-Los
niños aman las palabras antes de conocer su significado. Aman las palabras por
las palabras.
-Estoy
completamente desesperado. No por mí, sino por los demás: odio la violencia y
estamos sumergidos en ella.
-Las
únicas cosas de las que estoy seguro, que puedo compartir, son mis
incertidumbres.¡Y nadie las quiere!
-Para
mí, “la mujer del vecino” no existe. Esa mujer no pertenece al vecino.
Escoitemos a Georges Brassens cantando "La mauvaise reputation"
E agora, outra canción ben fermosa: "Fernande".
E para rematar as audicións, escoitemos a versión de "La mala reputación" interpretada polo gran trobador, Paco Ibáñez, amigo de Brassens.
Leamos unha canción de Georges Brassens, "Le vent", traducido do francés por Thierry Perben, incluído no libro "Georges Brassens. Canciones I". Ed. Espiral.
Case me esquecía. O ano pasado saíu es España, un libro, editado por Fulgecio Pimentel Editor, que se chama Brassens, la libertad, de banda deseñada e texto en prosa, escrito e debuxado por Joann Sfar.
Para todos os/as amantes da obra e da vida desta figura, xa universal, aquí deixo a noticia.
Sempre
sentín un grande afecto e unha tenra debilidade por Miguel Torga. O seus
primeiros libros que lin deixáronme pegada e un deles, concretamente Cuentos dela montaña (lino en castelán hai xa ben tempo), entusiasmoume.
A
miúdo teño pensado que Torga é un dos escritores portugueses que ninguén debe
deixar de ler. Tras ese libro marabilloso, busquei todo o que había de Adolfo
Correia da Rocha, que así se chamaba realmente, e fun lendo os seus libros: Piedras labradas, La creación del mundo e os seus extraordinarios Diarios, uns retallos da súa vida, da
súa maneira de ver o mundo e uns sentimentos que están presentes ao longo de
todas as súas liñas. Un gran legado. A súa poesía, xa a lin en portugués e
paréceme espléndida.
Hoxe
ando cun libro, Canto libre del Orfeo
rebelde (Edhasa, na edición de JoãoTerra. 1998), no que se recollen
aforismos tirados das súas obras e forman un conxunto fenomenal do seu espírito
como home, apegado á Madre Terra, que escribe cunha prosa algo áspera pero
dunha precisión léxica envexable.
Miguel Torga
E
con este libro achégome a Pessoa. Supoño que lle agradará escoitar a palabra
dun paisano da categoría de Torga.
Como
ocorre decote, Pessoa sementa en min unha chea de dúbidas. Mais como ao remate
do meu achegamento atopo no seu rostro unha expresión de certa serenidade, non
dou importancia ao recibimento frío con que me agasalla.
Limítome
a ler e de esguello para observar os seus xestos.
E
así comecei, poñendo no ar as palabras do meu amado Miguel Torga.
1.Certezas tengo pocas o ninguna. A
lo sumo creo que la vida es un absurdo maravilloso y la muerte un escándalo
inexorable.
2.No acostumbrarse nunca a la vida.
Vivirla hasta el momento final con el alma en un hilo. Siempre por primera vez,
con la misma apetencia, el mismo espanto, la misma aflicción. Olvidar en cada
puesta del sol el día pasado. Saborear los frutos de lo cotidiano sin tener ya
su gusto en la memoria. Nacer todas las mañanas.
3.Era joven y los jóvenes merecen que
los adultos no les anticipen las amarguras. La vida se encargará de enseñarles
que toda experiencia es una cicatriz donde la herida sigue doliendo.
4.No creo en ninguna eternidad, pero
creo en lo cotidiano concreto como si fuese una eternidad diaria.
5.Pasé las horas libres de la mañana
mirando cómo abatían un chopo delante de mi ventana.
¡Qué dignidad la de aquella muerte!
Mientras pudo, aguantó los hachazos, sin estremecerse, aplomado como una pura
conciencia; cuando el filo del hacha le tocó el cerne, de una sola vez, sin
doblarse, se cayó.
Retrato de H. Mourato
6.Negar a Dios. Muy bien.
Pero que no sea para divinizar
sucedáneos más absurdos que él.
7.Intentar ser libre a toda costa. No
para conseguirlo, sino para saber hasta dónde seríamos capaces de llegar si lo
fuéramos.
8.El hombre que no se rebela no crea.
Tira del carro de la rutina.
9.He nacido así, testarudo. No puedo
aceptarme como un mero juguete de las circunstancias. Aunque sé cuánto pueden y
lo inexorables que son, me niego a legitimar las fuerzas que me destruyen.
10.La única manera de ser libre ante el poder es
tener la dignidad de no servirlo.
11.¡Qué bello es tener un amigo! Fraterno abrazo
afirmando que por encima de las ideas están los hombres.
12.¿Qué más podía haber hecho? ¿Ser otro?
¿Cambiar de facciones y hechura? ¿Doblarme a las leyes de la razón práctica?
¿Entrar en el coro de los incensarios del poder? No lo he querido y no me
arrepiento de no haberlo hecho… Somos una cadena de obstinados solitarios
incómodos, desconocidos unos de otros, corredores de una maratón que no tiene
punto de salida, ni meta.
Miguel Torga
Vou
rematando. Percibo un medio sorriso na
faciana de Pessoa. Intenta dismulala cando o miro para coñecer a súa reacción.
Pásolle a man polo ombro, érgome e sigo lendo estes aforismos que me conmoven.
Libre no soy, porque ni siquiera la
vida me lo consiente…