Hoxe vai calor. Chego onda Pessoa, co libro “Paradoja y genio”. Aforismos de Oscar Wilde.
Vaia personaxe, eh? E decido lerlle algo ao meu amigo. Coido
que paga a pena.
A min fascinoume sempre a súa figura de dandi, por dentro e
por fóra. A súa vida turbulenta. A súa maneira de vestir extravagante, o seu
enxeño cáustico.
Gústame de Wilde
a súa conversa brillante, algo que podes recoñecer nos seus libros, nas súas
cartas, nas entrevistas, nos diálogos. Un dramaturgo con éxito e unha persoa cunha filosofía
estética (a arte pola arte) que daría lugar ao dandismo con posterioridade.
Oscar Wilde |
Un home que xostregaba a hipocrisía dos seus contemporáneos,
que rematou sendo acusado e encarcerado por indecencia grave, que escribiu De
profundis e Balada do cárcere de Reading e que conseguiu escribir unha obra
enxeñosa e con humor. Esteta do paganismo, pagano da caridade, mártir
homosexual, santón do esteticismo, de quen escribiu Olivia de Miguel, a
autora da selección, da tradución e das notas o seguinte: “Non hai para min un Wilde detrás
da máscara e outro diante;nin un Wilde lúdico, cínico e divertido, e outro serio
e sincero. Wilde é todos e un. O seu pensamento evoluciona, cambia, do
seriamente divertido ao ludicamente serio, porque as súas eleccións modifican a
súa traxectoria vital, a súa
circunstancia e, xa que logo, as súas opinións”.
Que che parece, Fernando, -dígolle ao poeta portugués
sentado á miña beira- que este home morrese en París, novo, na indixencia?
O meu poeta non di nada. Semella mover a cabeza, aínda que
non o podo asegurar.
Daquela, comezo a ler a media voz estes aforismos:
1.Me pasé toda la mañana corrigiendo
las pruebas de uno de mis poemas, y quité una coma. Por la tarde volví a
ponerla.
2.Preferiría perder a mi mejor amigo
antes que a mi peor enemigo. Ya sabe usted que para tener amigos sólo se
necesita ser bondadoso; pero cuando a un hombre no le queda un enemigo es que
debe de haber en él algo de mezquino.
3.Es terriblemente peligroso
encontrarnos con una mujer que nos comprende perfectamente. Siempre acaban por
casarse contigo.
4.Los niños empiezan amando a sus
padres; después les juzgan; rara vez les perdonan.
5.No me gusta en absoluto enterarme
de lo que la gente dice de mí a mis espaldas. Le envanece a uno demasiado.
6.La sociedad se otorga el derecho de
infligir al individuo castigos increíbles, pero tiene, además, el vicio notable
de la superficialidad, y no es consciente de lo que hace.
7.Lo que se dice de un hombre no
tiene importancia. Lo que importa es quién lo dice.
Sinto que Pessoa está canso. Talvez o aburra tanta sentenza
de Wilde.
A min encántame lelo. Así que lle dou unha palmada nas
costas, érgome e co libro aberto camiño lendo aforismos coma estes: En
cualquier momento de la vida uno es lo que será tanto como lo que ha sido ou
Es terrible para un hombre descubrir de
repente que, en toda su vida, no ha dicho más que la verdad.
Grande Oscar Wilde!!!