Estou intentando
arranxar a biblioteca onde traballo. Teño unha chea de libros fóra dos andeis.
Vólvome tolo para atopar algúns. Saqueinos do seu sitio e non sei en que lugar
da casa os deixei. Son unha calamidade. A miña cabeza voa máis do debido. Pero…
que lle vou facer!
E mira por onde,
estando a buscar algún libro que me facía falta, atopei un que rematara de ler
sentado, mentres agardaba a miña vez no Centro de Saúde.
Encantoume este libro
de aforismos, cuxo nome é Más realidad, de Miguel Ángel Arcas, editado pola
editorial Pre-Textos. Nacido en Granada no ano 1956, Arcas licenciouse en
Filoloxía española pola Universidade da súa cidade.
Gañou, co seu primeiro
libro, Los sueños del realista o
Premio Nacional Miguel Hernández en 1998. Ten escrito algún poemario máis e un
libro de aforismos, anterior ao que teño na man. É director da editorial Cuadernos del Vigía e desenvolve
diferentes proxectos literarios.
Chego onda Pessoa e
sento ao seu carón. Amósolle o libro e semella querer dicirme que lle lea algún
aforismo. Ben, iso é o que penso eu. Oio unha voz que soa ben baixa. Unha voz
que me di: “ Definir a beleza é non comprendela”. Soa a Pessoa. Non sei se
isto quere dicir algo; non o sei. Pero beleza moi aguda hai de sobra en Más
realidad. Así que lle leo algúns dos seus intelixentes aforismos.
. A veces la esperanza
no es lo último que se pierde,
sino lo que nos pierde.
.
Los pesimistas también se equivocan.
.
No se sabe si fue por miedo o por pudor,
pero lo cierto es que para camuflarse, el
bosque
un día decidió dejar crecer a los
árboles.
.
Quien no vive con fantasmas
desconoce el color de la mañana.
.
La eternidad tiene los días contados.
.
De la admiración a la envidia hay un solo paso,
y a veces, ninguno.
.
Algunos necesitan de la vanidad para saberse pequeños.
.
¡Cuídate de la bondad de los tontos!
.
Sólo los poetas regresan al lugar donde nunca han vivido.
.
Una persona respetable no provoca pasiones.
Un imbécil puede desatarlas.
***************************************************