Mostrando entradas con la etiqueta poemigas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poemigas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de julio de 2016

NOVO LIBRO DE "poemigas" de LUIS EDUARDO AUTE: "EL SEXtO ANIMAL".




Non vou descubrir aquí a Luis Eduardo Aute (nin o intento, claro) porque de moitos é ben coñecido.
     
     E digo de moitos xa que a meirande parte da xente quedou ancorada na súa canción Al alba e pouco máis. Mais diso falaremos noutro momento.
     Porque Aute é moitas cousas: pintor, músico, poeta, cineasta, debuxante e un coñecedor da linguaxe excepcional.
     
     Di Fernando Beltrán que este tipo, topo incansable que baixo a súa propia marca, como se di agora, traballa dende hai décadas no seu diván de letras “socavando, excavando, recabando” na entraña máis agochada de cada sílaba o nólaba –o vaia vostede saber que última palabra inventada- (…)
     
     E di isto no limiar ao seu sexto volumen de poemigas, un xénero novo de lírica de garda. Tras aquel AnimaLhada que, se non estou trabucado, comezou unha serie de volumes de palabras rabuñadas, combinadas, guindadas contra o establecido cheas dun contido tan crítico coma enxeñoso.
     

     Aute, ben sabemos os que o coñecemos, non é unha persoa compracente. É un artista que amola, que arrisca e que mantén unha liña ben nidia nos mares treboentes dunha sociedade que o incomoda. E Aute acusa, axita e, a través da súa música ou da linguaxe, sinala desvaríos.

     Por iso, saudamos aquí con moita ledicia o seu libro EL SEXtO ANIMAL, editado por Espasa, para que desfruten todos aqueles e aquelas que admiran o artista nado en Manila, desta volta mediante ese sentido aguzado dos vocábulos que inventa. Palabras coma dardos que chegan ben fondo ao lector.

     


Velaquí algunhas das novas poemigas:


CUANDO EL TIEMPO SE TUMBA

El tiempo lo cura todo
y pone a todo en su sitio:
Fotos e debuxos en mármore do autor
la tumba.



NI MEDIO LLENO NI MEDIO VACÍO

Algunas veces me urge
una inaplazable necesidad de vaciarme
de contenido, cada vez que me lleno
de incontenido
vacío.



FINCIPIO

El único fin
del principio
del fin
es que el fin
tenga, finalmente,
principios.



LA NADA DEL TODO EXISTE

I.                   Como no le pasa un hilo por la cabeza
y es la mismísima Nada con piernas,
podría decirse que es
ni-hilista del Todo.

II.                Allí donde no existe la Poesía
sólo existe
la más prosaica
Nada.



MOVILIDAD

En vista de la masiva expansión
de móviles,
estaría bien acordar
(quienes todavía conservamos algún móvil
en la vida)
uno común:
movilizarnos todos en masa

Contra nuestro propio

inmovilismo.

sábado, 28 de septiembre de 2013

SENTADO CON PESSOA (V) Luis Eduardo Aute



Hoxe chove. Dubido se achegarme onda Pessoa. Levo un libro moi curioso debaixo do brazo. Cubro co paraugas máis o libro que a min mesmo. Hai que resgardalo dos elementos atmosféricos.O libro, ademais de curioso e fermosísimo e enxeñoso. Claro, como o seu autor. Si, enxeñoso como Luis Eduardo Aute. O título: No hay quinto aniMaLo.  Ai, estes xogos de palabras do poeta-cantautor-
pintor-cineasta…!

Quen asiste aos seus concertos ten escoitado moitos destes xogos-pensamentos-frechas que posúen unha intelixencia crítica en si mesmos e teñen moito miolo. Para Aute son  poemigas e debuxos,2006-2010.

Di Vicente Verdú no limiar o seguinte: “Sin inteligencia es imposible tener sentido del humor y sin ingenio es muy difícil ser de verdad interesante. Pero también, sin cinismo resulta insoportable aproximarse al final de la vida y sin ternura parece inalcanzable el premio de amar y ser bienamado”. E o prologuista fala de ecuacións radiantes que enchen de vida este libro desequilibrante. E engade, referíndose ao libro: “Sumergidos en el mundo de Aute, su “autenomía” se vuelve nuestra propia autonomía. Aplaudiendo sus ocurrencias nos creemos ocurrentes y, enseguida, cuando este volumen acaba de leerse, todos sentimos multiplicada nuestra facultad mental por cien”.
Non se pode expresar mellor o espírito desta obra. E lemos/vemos no libro, debuxos chamados Fragmentos fluidizos (catro exemplos na dereita da páxina), poesía espacial ou poemigas coma este: “Dios es / lo que se siente / cuando se hace el amor / endemoniadamente”.

Coincido con Vicente Verdú na pregunta: “¿Nos dejará por fin este tipo que no hace más que tocarnos el corazón, la mente y hasta los genitales, al modo que expresan sus dibujos. Pues no, no nos deja. Crecido, se recrea…” Nin falta que fai. Encántame deixarme embelecar polo enxeño e mais a intelixencia. E a Luis Eduardo sóbralle.

O certo é que, case sen propoñermo, estou á beira de Pessoa sentado nunha cadeira. Está mollada e nin me decatei. Tanto ten. Como de costume semella non facerme caso. Eu non lle dou ningunha explicación. Como deixou de chover, comezo a ler estes poemigas. A ver se consigo intrigalo.




AmatAR
Más que matar
todo aquello que amamos,
solemos matar todo aquello
que nos ama.


Un sublime diálogo de sordos
Goya conversando con Buñuel…
y Beethoven como moderador.



El artista debe ser:
        un INSUrrecto,
        un INSUurgente
        un INSUmiso
             INSUlado
en el océano
        del INSUrrealismo.



DELINquinquiCUENTES

¡Habrá que liquidar
a los que han licuado
la liquidez!



Bandera pura sangre

Nada chorrea más sangre
que una bandera.



apenas DURA

I
“Me someto
     a tu dictaDURA”,
le dijo la entregada vagina
al insolente pene.
Y prosiguió: “Bueno,
tampoco tan DURA
ya”.

II
“Más DURA
          DURA más”, dijo,
echándola de menos,
la edad maDURA.


Ludopatía

JUEGO
con las palabras
porque me apasiona

exprimir los Jugos
de sus EGOs


imPROPIEDAD INTELECTUAL
Hay quien dice tener
ideas propias…
Aunque lo más apropiado
sería decir: ideas apropiadas
de otros.


Osamental
ES QUE LE TOcas
y es puro hueso.


Obituario
Cuando junto a tu nombre y apellidos
se abra un paréntesis con dos fechas,

date por muerto.



EPIteTAFIOS

I
Discúlpame un segundo
que voy a morirme.

II
Perdóname si me muero;
juro que no volveré
a hacerlo.

III
Esta es la primera
y última vez
que pienso morirme.

Lo juro por mis muertos.

IV
olVÍDAme,
   VIDA.

Pessoa facía que non escoitaba, pero intentaba ver o libro que eu tiña nas mans.Sentín o seu desconcerto.Sorrín para min mesmo, internamente, erguinme, fixen unha leve inclinación de cabeza e marchei paseniño do seu lado. Notei a humidade no pantalón pero deume o mesmo. Seguín lendo No hay quinto aniMaLo.
                       
                        “ El futuro
                          será el pasado…
                           y casi siempre lo tenemos
                            presente”.


                                                                ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO