Mostrando entradas con la etiqueta video.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta video.. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de noviembre de 2025

CONFERENCIA DE ANTON GARCÍA-FERNÁNDEZ ARREDOR DE 'POEMAR O MAR'

Nos máis de vinte anos que levo a vivir e a exercer a miña actividade docente universitaria nos Estados Unidos, aínda non tivera disposto da oportunidade de presentar unha ponencia nunha das moitas conferencias académicas nas que adoito participar cada ano arredor da obra de meu pai. A ocasión presentouse hai pouco máis dunha semana no marco da conferencia anual da South Atlantic Modern Language Association, que se celebrou destavolta no hotel Wyndham Buckhead, na cidade de Atlanta, no estado de Georgia.




Ata alí conducín unhas cinco horas e media dende Tennessee para participar na conferencia, cunha presentación titulada "Los motivos marinos como elementos de creación poética en Poemar el mar, de Antonio García Teijeiro". Foi unha ponencia moi especial para min e verdadeiramente emotiva, na que só revelo cara ao remate do texto quen é realmente o autor destes versos mariñeiros que en 2017 mereceron o Premio Nacional de LIX, para sorpresa de toda a audiencia presente na sala. Por intres así, nos que teño ocasión de partillar a obra literaria de meu pai cun público que non a coñece e tamén de amosar o orgullo que sempre espertan en min os seus poemarios, paga a pena toda unha carreira docente e académica no medio universitario. Deixo aquí abaixo a gravación en vídeo da ponencia por se os lectores/as de Versos e Aloumiños teñen interese en botarlle un ollo.


ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ


lunes, 1 de febrero de 2021

ARREDOR DOS MEUS LIBROS (I): Antonio fala da súa poesía infantil publicada entre os anos 1988 e 1999


A produción literaria de Antonio García Teijeiro esténdese ao longo de máis de tres décadas e comprende obras en diversos xéneros (poesía, narrativa, divulgación pedagóxica, etc.), tanto en galego como en castelán, por non falar de traducións a outras linguas. Nesta nova serie de vídeos, Antonio conversa co seu fillo, Antón García-Fernández, arredor dos seus libros máis salientables. A idea é simplemente que Antonio lembre algunhas anécdotas e partille algunhas impresións persoais encol de cada libro e do seu proceso de composición.

A primeira entrega da serie está adicada á poesía infantil e comprende unha conversa duns cincuenta minutos de duración, dividida en dúas partes. A primeira delas abrangue os anos entre 1988, cos primeiros poemarios infantís de Antonio (Coplas, Nenos e Aloumiños), e 1995, xusto antes da publicación de Na fogueira dos versos. Podedes vela e escoitala aquí:




A segunda retoma a conversa no intre da aparición de Na fogueira dos versos en 1996 e chega ata finais da década dos noventa. Nesta segunda parte, Antonio fala da importancia que para el tivo este libro e lembra a emoción que lle supuxo ler algúns dos seus poemas perante unha audiencia internacional na Universidade de Padua co gallo do galardón Pier Paolo Vergerio. Podedes atopar esta segunda parte da conversa aquí:



Agardamos que vos pareza interesante e prometemos que este proxecto terá continuidade ao longo dos vindeiros meses. A intención é que Antonio chegue a falar practicamente de todos os libros que compoñen a súa xa extensa bibliografía.


                                                    ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ

viernes, 26 de julio de 2019

EL DECÁLOGO POÉTICO DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

La Fundación Jordi Sierra i Fabra, con sedes en Barcelona y en la ciudad colombiana de Medellín, lleva ya varios años publicando una revista digital sobre literatura infantil y juvenil que se titula La Página Escrita y cuyos contenidos son más que recomendables para quienes estén interesados en la LIJ. Una de sus secciones presenta un decálogo elaborado por un/a autor/a en el que se detalla su filosofía literaria, su modus operandi a la hora de crear sus obras y muchos otros temas relevantes. Hace tan sólo unos meses (La Página Escrita 26, enero 2019, págs. 50-51), Antonio García Teijeiro fue el encargado de aportar su propio decálogo, y en él condensa todo el quehacer poético que viene llevando a cabo desde hace décadas. Podéis leer el decálogo completo aquí, pero por si os interesa, os dejo al final de esta entrada un vídeo con una conversación a lo largo de la cual Antonio va profundizando en cada uno de los puntos que componen el decálogo. Esperamos que os resulte interesante y que os ayude a comprender mejor, si cabe, la concepción de la poesía infantil y juvenil que tiene Antonio y que trata de plasmar en sus poemarios.




                                                                                     ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ

viernes, 28 de agosto de 2015

CANDO O AVIÓN DESPEGA...




Algúns pechan os ollos e apoian a cabeza no respaldo do seu asento. Notas a tensión. Outros len a revista que teñen diante , como se non fose con eles. Moitos cravan a ollada no teito do avión, apertan os puños ou agochan a presión sorrindo sen ganas.
    
     Non teño medo a voar. Son os aeroportos os que me exasperan. As esperas, a falta de información, o trato que reciben os pasaxeiros cando ven pasar  o tempo e o seu voo non aparece nos paneis, a esmola dun sándwich noxento e un refresco que dan as compañías polos retrasos nas saídas , as tendas para que consumas o máximo posible, os prezos das comidas nos restaurantes, etc.etc.
    
     Mais sempre me falaron do perigo que entrañaban os despegues e mais as aterraxes. Levo moitísimas viaxes en avión e non tiven ningún susto importante, máis alá das típicas turbulencias que se producen no aire.
    

     Cando despega o avión, xa vin xente rezando polo baixo, unha señora nunha ocasión cun rosario na man ou un home maior bicando unha medalla. Certo, eh? Comprensible tamén.

     E que fago eu neses intres,dende hai xa ben tempo? Vou descubrilo por unha vez. Pois recorro á poesía coma un rito profundo no momento que se supón  perigoso nun voo. Non é medo, non. Tampouco non pido nada, nin desconfío da sorte que pode correr a manobra. Cando o avión se ergue, miro pola xanela e, para min, sen mover os beizos, digo un dos poucos poemas que sei de memoria: Si mi voz muriera en tierra… de Rafael Alberti, mentres o chan principia a estar lonxe. Fágoo unicamente nese momento. Na aterraxe son tantas as ganas  que teño de chegar ao meu destino que permanezo en silencio.
     

     Non é por temor, nin como algo que substitúe  unha oración. Nin moito menos. É a reivindicación diante de min mesmo da poesía. A necesidade de que a palabra poética viaxe comigo, faga a compaña que me fai no día a día e que entre a formar parte da necesidade que a viaxe me provoca.


     Así son as cousas. Ben sei que a pouca xente lle importará isto que acabo de escribir. Que moitos dirán que é un xeito de rezar. Que no fondo teño medo de que algo poida pasar. Que alá eu coas miñas teimas (nisto si levan razón).
     Pero nada diso se axusta á realidade. Claro que calquera cousa pode suceder, mais non afogo esa dúbida cuns versos. Son os versos os que conseguen que, mesmo no aire, a miña relación coa poesía non sufra ningún percance. É a entrada, desta volta oral, no libro co que, sen dúbida, vou gozar no traxecto.

     De aí que a voz do poeta gaditano estea moumeando no oído e eu vaia acompañándoo  en silencio nun percorrido poético que me conmove.




E agora imos escoitar a Rafael Alberti recitando este fermoso poema:








                                                                                                                     ANTONIO  GARCÍA TEIJEIRO