Mostrando entradas con la etiqueta rafael alberti. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rafael alberti. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de diciembre de 2019

NOVA COLABORACIÓN DE ANTONIO G. TEIJEIRO NO CÍES PODCAST: NA COMPAÑA DE… Rafael Alberti

Esta semana cúmprense 117 anos do nacemento de Rafael Alberti, e por iso esta entrada non podería vir mellor. Non hai moito, Antonio García Teijeiro principiou unha nova colaboración mensual no CÍES Podcast de Rafa Valero e Guada Guerra que, baixo o título xenérico de Na compaña de… vai lembrar a relación persoal que Antonio mantivo con persoeiros do mundo da cultura que significaron moito para el. E a primeira entrega está adicada, precisamente, a Rafael Alberti.

Ao longo da súa conversa con Rafa e con Guada, Antonio rememora as circunstancias que o levaron a coñecer a Alberti aló pola década dos anos oitenta e relata algunhas anécdotas moi interesantes que conta por vez primeira nos micrófonos deste podcast vigués. Ademais, escolle e recita algúns poemas de Alberti, un poeta necesario que, por desgraza, ten hoxe moita menos presenza da que debería ter no ámbito escolar e nos medios de comunicación.

Podedes escoitar esta primeira entrega de Na compaña de… nesta ligazón a partir do minuto 39 e prestade atención a vindeiros capítulos do CÍES Podcast, nos que mes tras mes Antonio dará continuidade a esta sección.



-->                                                                    ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ

viernes, 28 de agosto de 2015

CANDO O AVIÓN DESPEGA...




Algúns pechan os ollos e apoian a cabeza no respaldo do seu asento. Notas a tensión. Outros len a revista que teñen diante , como se non fose con eles. Moitos cravan a ollada no teito do avión, apertan os puños ou agochan a presión sorrindo sen ganas.
    
     Non teño medo a voar. Son os aeroportos os que me exasperan. As esperas, a falta de información, o trato que reciben os pasaxeiros cando ven pasar  o tempo e o seu voo non aparece nos paneis, a esmola dun sándwich noxento e un refresco que dan as compañías polos retrasos nas saídas , as tendas para que consumas o máximo posible, os prezos das comidas nos restaurantes, etc.etc.
    
     Mais sempre me falaron do perigo que entrañaban os despegues e mais as aterraxes. Levo moitísimas viaxes en avión e non tiven ningún susto importante, máis alá das típicas turbulencias que se producen no aire.
    

     Cando despega o avión, xa vin xente rezando polo baixo, unha señora nunha ocasión cun rosario na man ou un home maior bicando unha medalla. Certo, eh? Comprensible tamén.

     E que fago eu neses intres,dende hai xa ben tempo? Vou descubrilo por unha vez. Pois recorro á poesía coma un rito profundo no momento que se supón  perigoso nun voo. Non é medo, non. Tampouco non pido nada, nin desconfío da sorte que pode correr a manobra. Cando o avión se ergue, miro pola xanela e, para min, sen mover os beizos, digo un dos poucos poemas que sei de memoria: Si mi voz muriera en tierra… de Rafael Alberti, mentres o chan principia a estar lonxe. Fágoo unicamente nese momento. Na aterraxe son tantas as ganas  que teño de chegar ao meu destino que permanezo en silencio.
     

     Non é por temor, nin como algo que substitúe  unha oración. Nin moito menos. É a reivindicación diante de min mesmo da poesía. A necesidade de que a palabra poética viaxe comigo, faga a compaña que me fai no día a día e que entre a formar parte da necesidade que a viaxe me provoca.


     Así son as cousas. Ben sei que a pouca xente lle importará isto que acabo de escribir. Que moitos dirán que é un xeito de rezar. Que no fondo teño medo de que algo poida pasar. Que alá eu coas miñas teimas (nisto si levan razón).
     Pero nada diso se axusta á realidade. Claro que calquera cousa pode suceder, mais non afogo esa dúbida cuns versos. Son os versos os que conseguen que, mesmo no aire, a miña relación coa poesía non sufra ningún percance. É a entrada, desta volta oral, no libro co que, sen dúbida, vou gozar no traxecto.

     De aí que a voz do poeta gaditano estea moumeando no oído e eu vaia acompañándoo  en silencio nun percorrido poético que me conmove.




E agora imos escoitar a Rafael Alberti recitando este fermoso poema:








                                                                                                                     ANTONIO  GARCÍA TEIJEIRO

jueves, 25 de septiembre de 2014

DARDO POÉTICO (XVIII). XA CAEN VERSOS DE OUTONO




     Chega o outono.
     Non estou convencido de que veña vestido coa mesma roupaxe que se lle supón.
     Onde están as estacións?
     Mudan o sol e mais a choiva.
     Mesmo, o vento e o mar.
     Quecen e mollan  sen distinguir vidas nin tempos.
     Hoxe todo é confusión. Pasou o verán disfrazado doutra cousa. Para enganarnos, se cadra.
     A melancolía envolve a ollada dos días.
     Os soños arrefríanse sen recato.
     Ninguén lembra se houbo primavera.
     Poucos senten o verán como un feito real.
     Soñamos? Espertamos? Vivimos?
     Si, mais camiñamos polas sendas do confuso.
     Pero aquí está o outono.
     Intento mirar o seu rostro e desconcértame.
     Os poetas cantan o outono.
     Poesía outonal, a de Alberti. Lonxe da luz do mar.
     Poesía outonal, a de Juan Ramón, que nos achega un sol tépedo e doente e móllanos coa chuvia desta estación tan suxestiva.
     A de don Antonio, de soños de lirios e tardes murchas e insípidas.
     E a de Luz Pozo Garza. Outono é o espazo. E Compostela.
     Ou a de Xohana Torres, con fiestras pechadas e gloria de mortos.
      Poesía outonal para iniciar o camiño final deste ano 2014.
     Polos versos entre frondes, sendas e follas mortas achegámonos ao inverno largacío.
     Palabras para comprender mellor os diversos recantos que compoñen o noso universo.
     E para gozalo.





OTOÑO
              Automne malade et adoré…
                                         APOLLINAIRE


Rafael Alberti
Otoño fuerte y dulce, tú no eres
ese enfermo adorado que agoniza,
rodando por la tierra, en las rachas deel aire,
sus huesos amarillos, mojados de la lluvia,
o en perdidos montones, secos, pisoteados,
barridos en sordina por la escoba
sin piedad del invierno.
Y, sin embargo, otoño,
tú perduras al fin esa pálida imagen,
después de haberte alzado como la más fantástica,
vigorosa estación de las cuatro estaciones.
Hoy me ciño tu frente con hojas de tus viñas,
me sumerjo en el mosto de tus uvas pisadas
y levanto la copa dorada de tu vino
y grito alegre al mundo:
                                       Todavía
arde en mi sangre el vivo resplandor del otoño.

                                                             RAFAEL ALBERTI





OUTONO

Xohana Torres
Na postrimería do semblante das eiras
falou nantronte un muíño.
Funga a folla, arañeira nas árbores,
e non hai indulxencia que lle sirva
para arrinchar no vento os eixos, resesos de resío.

A gloria dos mortos escolleu día de ti.

Nas fiestras pechadas,
os vellos arrapañan (mentres chuscan ollos)
as migallas do sol, esmorecido.

Fume da lumeirada na restreba…

Estación que non runfa
Pero é sabencia do ar nun silencio feito de laídos.

                                        XOHANA TORRES






NA SÚBITA COMPAÑA

Pode ser unha páxina a derradeira imaxe
desta tarde románica azul e outono
coma unha miniatura.
Pode ser un adagio nesa escala confusa
da noite
Luz Pozo Garza
a materia ofrecida á conciencia primeira.

Os camiños que me levan a Santiago
acordan potestades e longas curvaturas
no legado de amor que me traspasa
nunha praza en silencio.

De lonxe chega a liña fuxidía dese tempo imposible
que acordei en Santiago.
A historia que propaga unha luz trascendida
nas rúas.

Na mañá dun domingo imprevisto
eu sinalaba as fontes
coas palabras celestes –mesmo runas-
dunha tiza turbada polo encontro na tarde
en Compostela.

Cando asumen as sombras escuras violetas
nun xardín meditado
pode ser só un símbolo o tributo do Dante
subindo ó Paradiso
na súbita compaña.

                                       LUZ POZO GARZA






LLUVIA DE OTOÑO
                      
                             Llueve, llueve dulcemente…

…El agua lava la hiedra,
rompe el agua verdinegra,
el agua lava la piedra…,
Juan Ramón Jiménez
y en mi corazón doliente

llueve, llueve dulcemente.

El horizonte está triste,
el paisaje ya no existe,
un día rosa persiste
en el pálido Poniente…

Llueve, llueve dulcemente.

Mi frente cae en mi mano…,
¡ni una carne, ni un piano!
Mi juventud pasó en vano…,
mi mano deja mi frente…

Llueve, llueve dulcemente.

Tarde, llueve, tarde, llora,
que, aunque hubiera un sol de aurora,
no llegaría mi hora
luminosa y floreciente…

Llueve, llueve dulcemente.

                                 JUAN RAMÓN JIMÉNEZ




                                   
Antonio Machado




                                        Poema de ANTONIO MACHADO



XVII


Casa natal de JRJ
Jardín de otoño, con mármoles
de elegía. Lago lleno
de hojas secas y de sol
melancólico y enfermo.

Entre la fronda amarilla
aparece y brilla el cielo
dorado, de un oro blanco,
de un oro pálido y muerto.

Y bajo la quieta linfa
verdinegra, flota un sueño
En Huelva.
de sol, un sueño de oro,
un sueño de troncos secos.

He pasado por la senda:
En un banco he visto a un viejo
dejándose acariciar
por el sol tibio y enfermo.

Y me he internado en el triste
jardín. Abro el libro y leo…
El sol me dora la página
y envuelve en lumbre los versos.

                                        JUAN RAMÓN JIMÉNEZ



     E rematamos entre follas que caen e bicos pendurados das árbores, escoitando a fermosa "Balada de Otoño" de Joan Manuel Serrat.
     Puro outono. Pura sensibilidade artística.
     Poesía e música, para emocionarnos.




                                                                                                                                               ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO