Tsukiko ten 38 anos e leva unha vida solitaria. Considera
que non está dotada para o amor.
Ata que un día encontra nunha taberna o seu vello mestre
de xaponés.
Entre ambos estabelécese un pacto tácito para compartir a
soidade.
Escollen a mesma comida, procuran a compaña do outro e
cústalles separarse, aínda que ás veces intenten escapar o un do outro.
A partir dese encontro casual na taberna a relación entre estes dous personaxes vai evolucionando
dende a amizade ata o romántico e sensual co paso do tempo e desas citas que
non sempre son tal nas que ámbolos dous se comunican tanto a través da linguaxe
verbal coma do silencio ou da comida e a bebida que a cotío comparten en bares
e restaurantes.
"A de Kawakami é alta
literatura", díxome Antonio cando soubo que eu lera esta novela que el xa
coñecía e xa tiña lido. E ten razón: alta literatura na súa aparente
simplicidade e na mestría que Kawakami amosa á hora de debuxar o mundo interior
e a psicoloxía dos seus personaxes.
Na miña canle de YouTube
hai pouco publiquei este vídeo en castelán no que comento un chisco máis en
profundidade esta novela, que dende aquí recomendo a toda a comunidade de Versos
e aloumiños.
ANTÓN
GARCÍA-FERNÁNDEZ