ROSA ENRÍQUEZ
(A Rúa- Ourense-, 1969)
HAI TAN SÓ DOUS DÍAS QUE MARCHOU
pero
parece moito más / meses talvez.
lembro
a súa boca na miña e o movemento dos beizos
despois/
ao falarmos do noso bico.
veñen
entón á miña mente as palabras de fouad el-etr
sobre
a boca desexada: (…) je regardais les
paroles qui/ sortaient
Rosa Enríquez |
creo
que as bocas da xente que desexamos son todo un misterio
malia
abriren coma grotas. adoramos como tiran de nós.
daquela
imos cara á boca
pelexamos
coa súa lingua gorentosa.
ao
envurullármonos nela
aumenta
o desexo: queremos máis
desa
cavidade que nos busca.
arelamos
o corpo
ao
que pertence.
AÍNDA QUE TALVEZ ESCRIBA
para
saber máis de min
e
desenmascarar as mentiras
ocultas
nas feridas máis abertas.
mire vostede cara a
dentro.
e
tiña razón. haberá que envorcar
cara
á fóra iso que a pel murmura
o
que renxe e estala
e
se mostra sen mostrarse
o
que está no cume pero non vemos
o
que ocupa toda a superficie
e
non sempre se recoñece en chamas.
FALA ENTÓN DA BELEZA
da
rosa infinita que renxe na noite
da
danza vigorosa que racha a vontade
de
cómo pode perder todas as follas
e
ser aínda fermosa sen que isto se aprecie
nin
sequera por aqueles que a cantaron
arrastrando
o corpo inflamado
e
así é como ela se sente
- coido
eu -
ao
anticiparse ao abandono/ tirada atrás
entre
o cascallo das ciudades grandes.
envolta
no ar dos días sucesivos.
metida
nunha cunca de café.
apesarada
pola visión decepcionante
dun
futuro terríbel.
podes
verme? –pregunta de socato.
si
–dígolle- podo verte.
mais/
podes verme de verdade?
(Do
libro Historia do meu corpo en labaradas / Historia de mi cuerpo en llamas,
editado pola Editorial Neopâtria. 2015)
Rosa Enríquez cóntanos as tres razóns fundamentais polas que comezou a escribir.