Descubrino, que
curioso!,nunha desas revistas que están na parte traseira do asento dianteiro
no avión. Eu ía, precisamente, a Medellín, vía Bogotá, para participar nunhas
actividades do Taller de Letras da Fundación Jordi Sierra i Fabra e no Festival
de Poesía de Medellín.
Lembro que, cando folleei a revista e me
detiven nunha páxina que falaba da personalidade dun descoñecido para min Juan
Manuel Roca, fiquei entre sorprendido e contento. Era unha sorte de
entrevista curta pero nela dicíanse cousas que me interesaron axiña. Tanto foi
así que copiei no meu caderniño, ese que me acompaña decote, algunhas das
afirmacións do poeta, descoñecido para min.
Juan Manuel Roca. (Fto El país)
En Medellín merquei unha antoloxía de Juan
Manuel Roca (Medellín, 1946) e sentinme moi feliz desta descuberta. Lina
naqueles momentos, escasos iso si, que me deixaban as múltiples actividades na
cidade. Nn tardei e saborear a poesía de Juan Manuel Roca, plena de imaxinación
e conciencia crítica que se iniciara en 1973 co seu libro Memoria del
agua. Poeta de versos con calor, dunha ética incombustible e que, en
palabras de Luis García Montero, “asume o conflito para procurar a dignidade na
disidencia”.
Non deixei de voltar a el. Fágoo a miúdo.
É algo máis que un poeta: é alguén que é capaz de mirar, ver e denunciar cob
calidade poética, aquilo que moitos agochan por pura conveniencia.
Da súa antoloxía persoal, Biografía
de Nadie, editada por Visor, velaquí un poema deste home, Juan
Manuel Roca, que me segue a emocionar unha e outra vez que o leo.
PARÁBOLA DEL DESIERTO
Tras perseguir
A los paseantes
Tiempo de escucharlo,
El hombre
Trajo del desván
El viejo
Sillón de la familia.
Sacó de su abrigo
En trastiendas y graneros
Y se acomodó las gafas
En medio de la porqueriza.
Los poemas que leía
A la piara de cerdos
Hablaban de Dios.