MANUEL MARÍA (2)
(Outeiro de Rei, 1929 – A Coruña, 2004)
A
CIDADE
A
cidade ten Castelo
Manuel María |
e
muralla medieval,
o
museo –hai que velo!-
e
unha rúa principal.
Que
conxunto tan fermoso
con
igrexas e xardíns
e
cun río caudaloso
beireado
de xasmíns…!
A
cidade ten cafeses,
whisky-clubs e polución,
cemiterio
con cipreses
e
un fermoso Malecón.
A
cidade ten escolas
e
ten cines e teatros.
Ten
douscentos parvacholas
e
trescentos maragatos!
A
cidade ten paseos,
barrios
vellos, arrabais,
chabolismo,
rañaceos
e
gardas municipais.
nin
industria e desenrolo,
só
un comercio cativo
e
o seu consabido tolo…!
O
SEMÁFORO
O
semáforo
é
un couso
medio
garda,
medio
guía,
medio
monstro,
medio
espía.
O
semáforo
é
un ollo
matemático,
inflexíbel,
inhumano,
case
terríbel.
O
semáforo
é
unha flor
ateigada
Ilustración de Xaquín Marín |
de
ledicia,
traspasada
de
color.
Os
sinais
do
semáforo:
verde-chumbo
e
vermellón
ditan
leis
ao
peatón,
ao
turismo
e
ao camión.
O
semáforo
é
unha luz,
unha
acesa
claridade
que
ilumina
docemente
a
tristura
da
cidade!
A
FALA
O
idioma é a chave
con
que abrimos o mundo,
Ilustración de Xaquín Marín |
o
salouco máis feble,
o
pesar máis profundo.
O
idioma é a vida,
o
cóitelo da dor,
o
murmurio do vento,
a
palabra de amor.
O
idioma é o tempo,
é
a voz dos avós,
e
ese breve ronsel
que
deixaremos nós.
O
idioma é un herdo,
patrimonio
do pobo,
maxicamente
vello,
eternamente
novo.
O
idioma é a patria,
a
esencia máis nosa,
a
creación común
máis
grande e poderosa.
O
idioma é a forza
Se
perdemos a fala
non
seremos ninguén!
O
idioma é o amor,
o
latexo, a verdade,
a
fonte de que agroma
a
máis forte irmandade.
Renunciar
ao idioma
é
ser mudo e morrer.
Precisamos
a lingua
se
queremos vencer!
(Do libro As rúas do vento ceibe, corrixido polo
autor e reeditado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos,
2015)