domingo, 12 de junio de 2016

A LUZ DAS PALABRAS (55) Juan Cobos Wilkins







Todo en  Juan Cobos Wilkins é poesía. Xa sexa novela, relato curto ou teatro a súa palabra é poética. Como é poética, penso eu, a concepción que ten da vida.
     
     Vertixe, olladas cara á infancia, preguntas que nacen da pescuda da esencia, as referencias ao ben e ao mal e moitos outros temas atópanse na obra deste home, de produción magnética. Unha obra que che fai entrar no máis fondo do ser humano a través das súas palabras, con suavidae e con morneza.

     Leamos este poema de Escritura o paraíso (Editorial Calambur), primeiro libro que eu lin del, alá polo ano 1998:


Los poetas crecen
más rápido
que las rosas del jardn
de infancia y cuando escriben
gato éste no es ya, es
oro y negro rayado, un tigre.
                                      Luego,
no queda más que rumor, huellas
sólo. Y la exacta melancolía
del arañazo soberbio de la rosa
cuando sí misma se perfuma
antes de que el poeta
crezca desde su muerte.
  
     
     Juan Cobos Wilkins, que nació en Riotinto (Huelva), é un autor moi galardoado tanto en narrativa como en poesía. Foi director da Fundación e Casa-Museo de Juan Ramón Jiménez e da revista de literatura Con dados de niebla. Posúe unha obra sólida, coidada e atraente.
     
Juan Cobos Wilkins  (Foto de Guevara Orjuela)
     

Por tantas e tantas razóns, Cobos Wilkins tiña que estar nesta sección.
    
     A luz das palabras intenta alumar os lectores e lectoras a través de textos que aporten calidade e autenticidade. Que prendan no noso ánimo e nos axuden a ser máis libres e buscar referencias literarias.
     
     Os textos de Juan Cobos Wilkins son un luxo para o lector.
     De aí que figure, grazas á súa xenerosidade, neste espazo reservado para gozar e reflexionar.

     Lede con atención o marabillso poema co que nos agasallou.

     Grazas infinitas, mestre.




DULCE  COMPAÑÍA

                                                     Juan Cobos Wilkins



El ángel de la guarda del niño se depila
el pubis.
              Para sembrar, para sembrarse ahí,
en el rosa  triángulo usurpado,
unas violetas.
                      Y antes del sueño
celeste de esa noche, un rezo, una oración
misteriosa, acude al protegido:
                                                  Mi dulce compañía,
sálvame de la sombra.
                                    Y de un soplo hacer volar, piadoso
el ángel,
el primer vello, ese pámpano o áspid
que, impúdico,
amenazaba ya con su rizo envenenado la infancia.