MARÍA XOSÉ
LAMAS (Vilalba, 1961)
CUARTO
CRECENTE
Tan
só amaosando
metade
da cara
María Xosé Lamas |
vén
cantando a Lúa
unha
doce nana.
Para
que adormezas,
verbas
de arrolar
canta
Catalina
seu
doce cantar.
“Durme
meu ruliño,
que
te hei de levar
por
riba dos montes,
dos
vales e o mar.
até
a miña saia
branca
de percal
onde
durmas ledo
Se
pechas os ollos
e
pensas no ceo,
sairá
a Lúa
da
man dun luceiro.
A
MAÑÁ: ESPERTA!
Por
detrás dos montes
de
cor azulada,
aparece
o sol
estreando
a alba.
Deitada
na cama,
soñando
encantada,
escoito
unha voz
moi
tenra que chama:
Ilustración de Minia Regos |
Esperta,
neniña,
xa
é de mañá!
Esperta,
que o almorzó
vai
arrefriar!
Un
bico na cara
faime
acordar;
boquexo
estricada
de
brazos e mans.
De
pé sobre a alfombra,
ollo
cara a fiestra.
Un
día de sol,
un
día de festa!
ABRIL
Chove
maino e miudiño
nos
días do mes de abril.
Chove
miudiño e maino,
chove
a mares, augas mil.
Ilustración de Minia Regos |
As
pingas caen do ceo
espetándose
no cahan;
afondando
até o seu seo
asolagan
todo o val.
Os
regatos corren cheos
por
entre os xuncos ergueitos,
entre
cucos e codesos,
entre
o verdor dos salgueiros.
Andoriñas,
lavandeiras,
cotovías
e pardais
aledan
as súas ribeiras
con
voces de agarimar.
Chove
maino e miudiño
sobre
as rúas e os xardíns.
Chove
miudiño e maino,
chove
en abril augas mil.
(Do libro Cantigas para aprender a soñar, editado
por Edicións
Embora, 2015. Premio “Arume” de poesía infantil, 2013)