Atopeino
nunha vella carpeta azul. Si, nunha carpeta algo descolorida, con gomas, daquelas
que utilizabamos no colexio hai moitísimo tempo e que aínda se utilizan hoxe en
día.
Estaba
eu revisando papeis antigos, rachando bastantes deles, cando pareceu a carpeta.
Sen abrila, produciume unha estraña palpitación. Que habería dentro? Entón, foi
cando o atopei. Un debuxo con fondo negro e unha figura humana coa cabeza baixa
suxeita polas mans. O debuxo transportoume a outra época. Foi algo moi veloz.
Deille a volta ao debuxo e lin a dedicatoria: Para Antonio. Alicia. 28 – VII – 73. Miña nai
querida!, exclamei. O debuxo, inquietante e suxestivo, tiña máis de corenta
anos.
Encantoume
a aparición inesperada. Alicia é unha boísima amiga. Unha muller marabillosa.Érao hai máis de corenta anos
e segue a selo na actualidade. Durante ben tempo, perderamos os nosos rastros. Pero,
unha vez recobrados, a nosa amizade volveu coa mesma forza (ou talvez
con máis) que antes.
Comparte
Alicia a súa vida con Xulio G. Rivas, un dos pintores sobranceiros da arte
galega. Teñen un fillo, Javier, e forman unha familia entrañable. Son amigos
nosos de verdade.
E
debo dicir que Alicia é unha artista. Sempre o foi e segue a selo. Muller moi
afectiva, ten no seu interior unha creatividade que, por veces, estoupa e é
quen de facer cousas moi fermosas. Escribe ben, debuxa ben, idea e realiza
manualidades cun gusto exquisito,
elegante e as súas opinións resultan moi positivas na obra de Xulio.
Así
que, co debuxo de Alicia Alonso nas mans, sentín un impulso ben forte de
escribir algo. De escribir uns versos que a forza do mesmo me
provocaban. Fíxeno, case dunha tirada. Non quixen corrixilo practicamente. Foi
saíndo, co debuxo diante de min, case sen querer. Converteuse no testemuño fiel
dunha amizade. A imaxe levoume a outro tempo, no que tantos e tantas
procurabamos a nosa identidade. E estivo aí, agochado, ao longo de catro
décadas, agardando, quizais, reaparecer, para ser unha proba máis da
importancia dos pequenos detalles que, ao cabo, resultan os máis importantes.
Repito,
o poema é só o resultado do achádego. Está ateigado de improvisacións, de esperanza, de agarimo, de dúbidas, de carraxe, de limitacións…
Un
poema co que non contaba. Un poema que naceu da casualidade. Pero un poema cheo
de agarimo cara a unha persoa a quen quero moito e merece todo: Alicia Alonso
Romero.
Debuxo de Alicia Alonso, atopado nunha carpeta azul. (1973) |
Se
tedes algo de paciencia e sodes benévolos, podedes lelo.
Di
así:
A Alicia, amiga sempre.
Sentimentos
fragmentados
nas latitudes negras
que
apreixan as tardiñas
que caen
e percuten nos
sorrisos.
Ninguén poderá ver o
rostro consumido
perdido nos berros
acalados
polas liñas
da pálida memoria
convertida
en drama.
As mans
nos ásperos nocturnos
repiten os
acenos
para acadar o equilibrio
roubado
á languida cordura.
E detrás a noite rabuñada
polas
aldraxes inventadas
e
polos mouros vendavais
que fan naufragar
os beizos
convertidosen árbores
de
inverno.
Así aparecen os trazos nos debuxos
perdidos no tempo
para inventar columnas
mornas
ideadas para soportar tormentas
e para que os síntomas
da
hostilidade
non poidan
destruír
ese pano quente
que talvez chegue a dar calor
a un rostro
agochado
que non sabe
se
poderá
salvarse.
Cadro de Xulio G. Rivas |
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO