Alfredo e Antonio, o sábado día 7, en León. |
Alfredo
Gómez Cerdá é un dos mellores escritores da LIX en
español.
Alfredo
Gómez Cerdá é unha persoa comprometida coa xustiza
social, crítica co abuso de poder e solidaria con aqueles que sofren.
Alfredo
Gómez Cerdá é Premio Nacional, moi merecido, de LIX.
Alfredo
Gómez Cerdá e mais eu levamos ben anos
compartindo experiencias, navegando
polos territorios da literatura para os rapaces, realizando encontros (algúns,
incluso, conxuntos, coma en Miami) co obxectivo de que os mozos e mozas se
interesen pola literatura.
Alfredo
Gómez Cerdá e mais eu compartimos mesa e
mantel en moitas ocasións porque sabemos
da nosa complicidade vital. Ambos admiramos profundamente a Paco Ibáñez.
Alfredo
Gómez Cerdá prologou con gran beleza o meu libro
“Al hilo de la palabra”.
Direino xa: Alfredo Gómez Cerdá e mais eu somos
amigos.
Cariño, moito cariño e
admiración profésolle. Soubo gañalos ao longo de moitos anos.
Por iso xa tiña ganas
de que presentase algún libro meu. Era un desexo que viña de lonxe. Pero, como
a maior parte da miña obra se desenvolve en galego, non era cousa doada.
Mais todo, algún día,
chega. E así foi. Co meu poemario
“Queda la música” (grazas, Luis
Eduardo), produciuse o milagre.
Amigos
de papel, unha editorial que merece un afervoado aplauso,
decidiu facer unha presentación do libro na cidade de León. Eu, sen pensalo
dúas veces, propuxen a este escritor e amigo para que falase del. A todos
pareceulles de marabilla esta proposta. El, afortunadamente, aceptou. Eses días
non tiña encontros cos seus lectores que son moitos.
Compartimos dous días
especiais. O seu texto de presentación do poemario foi dunha intelixencia e dun
agarimo espectaculares. Emocionoume. Pedinlle que mo agasallase, e hoxe quero
compartilo con vós, amigos e visitantes de “Versos e aloumiños”, para que
gocedes coa súa palabra.
Leredes unhas liñas
cheas de afecto, críticas cos políticos que non prestan atención á cultura.
Leredes palabras de Blas de Otero, de Celaya, de Manuel Álvarez Torneiro, de Neruda; alusións a Martín Codax, á auga,
aos Beatles, a Paco Ibáñez…porque Alfredo coñece moi ben o meu universo persoal
e sabe tocar a tecla para emocionar sendo sincero. Sabenza e agarimo únense
neste texto cheo de encanto que voou polo Auditorio “Ángel Barja” de León para
tocar o corazón dos asistentes a un evento dunha categoría infrecuente.
Escaneado folla a
folla, tal como el as ía pasando, tedes a oportunidade de achegarvos a un
discurso cheo de afecto, que el me dedicou ao final do acto con estas verbas: “Para Antonio, en León, en un día especial,
estas palabras sinceras y llenas de amistad y de futuro”.
Espero que vos guste e
que gocedes da súa palabra.
Grazas, Alfredo.
Grazas, amigo.
Ana Mª Romero, Antonio, Tesa González e Alfredo G. Cerdá. |
Blas de Otero |
Con Paco Ibáñez na casa de Antonio |
The Beatles |
Pablo Neruda |
Tesa González. |