Dende sempre, Rosalía Morlán Vieites, leva a poesía
moi dentro dela. Ben pequena escribiu o seu primeiro poema e, desde os dez
anos, o feito poético acompáñaa coma unha necesidade íntima.
Sanitaria é a súa profesión -, exerce como
Supervisora de enfermaría no Hospital de Conxo (CHUS), así como Profesora
asociada de Ciencias da Saúde na USC-, gañadora de concursos literarios, autora
de libros deliciosos como Estrelas
de azucre, Canta a lúa coas estrelas
ou A
coitada lúa, Rosalía Morlán veu á Feira do Libro de Vigo e alí tiven a
oportunidade de coñecela persoalmente. Acadou o Premio Hernán Esquío, secretaria da Fundación Neira Vilas recoñece
que a descuberta da poesía infantil foi para ela unha sorpresa e un pracer.
Foi marabilloso o meu encontro con ela.
Respira sensibilidade por todas partes e a afectividade é un trazo da súa forma
de ser.
 |
| Rosalía Morlán (Foto El Correo Gallego) |
E tróuxome ese día un libro marabilloso.
Un poemario, Nas rúas de Compostela, que me agasallou cunha dedicatoria chea
de agarimo. Un agasallo espléndido que me emocionou. Unha viaxe poética que, a
través de sentidos poemas, vai salientando as sensacións que lle producen os lugares onde vive.
 |
| Fermosa dedicatoria |
Santiago de Compostela, a onde chegou de
pequena para quedar, é a paisaxe que a poeta vai rememorando e sentindo por
medio da palabra e as cores. Cores íntimas de quen ama fondamente un lugar e os
múltiples momentos alí vividos.
O catedrático de Filosofía, Marcelino Agís Villaverde, di no seu
precioso limiar que “Rosalía sente, esculca e pinta, cunha paleta
de cores recónditas, a luz que envolve Compostela. Nas súas páxinas hai
ledicia e tristura, amor e desamor, día e noite”.
E fala deste poemario coma “ unha
viaxe intelectual pola paisaxe da Compostela eterna, aquela que só se pode
contemplar cos ollos do espírito. cada recanto da cidade tórnase unha
experiencia metafísica, na que o ser, libre de cadeas da xeografía física,
humana e política, pasea sen présas pola paisaxe dos sentimentos.”
 |
| Nunha das presentacións de Nas rúas de Compostela |
Poderoso este poemario Nas rúas de Compostela, editado por Edicións Fervenzas. Rosalía Morlán abre
nel, as vías polas que os seus soños, as súas olladas no máis íntimo da cidade
e a súa relación vital, se converten nun discurso poético de categoría. Un
discurso que vai máis aló do individual para fundirse nunha visión colectiva e
universal dos sentimentos humanos.
Gocei moitísimo deste paseo emocional por
Compostela. Deixeime acariñar polos
camiños da zanfoña, polo Santiago durmido, pola lúa azul no ceo, polos acordes
do vento que fala en voz baixa ou polo ruído nos zocos na rúa.
 |
| Nun encontro con lectoras e lectores |
pero o silencio non fala,
viaxo polas horas, nas
rúas,
e paseniño esvaece o día.
para escorrentar a
melancolía,
sensacións que están
durmidas.
agóchase con morriña o
día.
Namorouse o vento mainiño
ó mirar como as pingueiras
Viu tan fermosa a Quintana
que xa non puido esquecela
cando sopra dálle apertas.
Por iso é especial a
chuvia
cando molla en Compostela,
por iso é máxica a
Quintana
que no las mata el licor…”
Uns ollos cansos e tristes
a máis triste das
cancións.
roubarlle a música ao
vento
resgando unha vella
guitarra
enche as rúas de
sentimento.
Mans inquedas, ollos
cansos,
fermoso escenario de
pedra,
mentres unha voz doce
canta
Un poemario
fermoso, magnificamente editado, que conta cuns apuntamentos plásticos moi
acaídos a cada poema. Debuxos belidos do pintor, deseñador e ilustrador mindoniense Xosé Vizoso.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO