sábado, 10 de octubre de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (LVIII). Elías Portela




ELÍAS  PORTELA  (Cangas do Morrazo, 1981)




o progreso produce alerxia

mais con cada esbirro montarase unha torre no ar
     e dous folletos informativos
                         con instrucións de fábrica


forzar o coñecemento a sangue frío


Elías Portela



padecemos
un cadro de silencio longo

soñamos
un xornal afastado nas ruínas da voz

durmimos depresións numéricas
bagoadas estatísticas e ilusionadas
esperando unha bengala
     ou as sementes cdos cometas
     que vaian fecundando
        a correspondecia dos expatriados

somos doutores e editores que esqueceron
        mercar a omnipotencia




o concerto non morre
senón que abrolla
            vagando polo corpo

o derradeiro violoncello
navega polos teus ollos



mentres dormen os bibliotecarios
ordénanse as tatuaxes da cidade
cada anaco de pel
        volve ao seu códice
e un circuíto eléctrico
                        e militar
supervisa cada edificio

a urbanidade custodia os fogares
                         marcados para o letargo





repetirse entre espellos rotos



vomito
bebo as consecuencias do mar






(Do libro Bazar de traidores. “XII Premio de Poesía Afundación 2014”. Edita Centro PEN. 2015)


Escoitemos a Elías Portela. Sorprenderanos: