ELÍAS  PORTELA 
(Cangas do Morrazo, 1981)
o
progreso
produce alerxia
mais
con cada esbirro montarase unha torre no ar
     e dous folletos informativos
                         con instrucións de
fábrica
forzar
o coñecemento a sangue frío
![]()  | 
| Elías Portela | 
padecemos
un
cadro de silencio longo
soñamos
un
xornal afastado nas ruínas da voz
durmimos
depresións numéricas
bagoadas
estatísticas e ilusionadas
esperando
unha bengala
     ou as sementes cdos cometas
     que vaian fecundando
        a correspondecia dos expatriados
somos
doutores e editores que esqueceron
        mercar a omnipotencia
o
concerto non
morre
senón
que abrolla
            vagando polo corpo
o
derradeiro violoncello
navega
polos teus ollos
mentres
dormen os
bibliotecarios
ordénanse
as tatuaxes da cidade
cada
anaco de pel
        volve ao seu códice
e
un circuíto eléctrico
                        e militar
supervisa
cada edificio
a
urbanidade custodia os fogares
                         marcados para o
letargo
repetirse
entre espellos rotos
vomito
bebo
as consecuencias do mar
(Do
libro Bazar de traidores. “XII
Premio de Poesía Afundación 2014”. Edita Centro
PEN. 2015)
Escoitemos a Elías Portela. Sorprenderanos:



