Lurdes e Juan Carlos, en plena actuación. |
Non
é a miña intención falar de novo do acto da presentación do poemario “Queda la
música” que tivo lugar en Vigo o mes pasado na Libraría Librouro.
Xa
se falou abondo dela e sería reincidir ata facerse un pesado. Si comentar que,
para min, coma autor do libro, o acto non puido ser máis entrañable e
emocionante.
E
boa culpa diso tivérona Lurdes López
e Juan Carlos Martín Ramos, que namoraron o público asistente (e, xa que logo,
a min) coas súas intervencións.
Foi
cando actuaron xuntos, o momento álxido do acto.
Juan
e Lurdes, coa bruxa e os seus monicreques, deleitaron aos asistentes con tres
cancións fermosísimas, poñéndolles música a tres poemas do libro. Esa é a
primeira razón destas liñas.
Seguro
que John Lennon, Libby, a miña andoriña, e demais elementos poéticos destes
versos foron felices ao escoitaren a preciosa voz de Lurdes e a guitarra de
Juan Carlos. Eles escribiron, entre os dous, as melodías dos versos. Tres
xoias, sen ningunha dúbida.
Non
poden ser máis axeitadas, as tres, ao espírito dos poemas.
Unha
sorpresa de difícil definición. Vaia se a literatura une!
E
a outra razón, a segunda, foron as palabras que recibín hai uns días de Luis
Eduardo Aute sobre “Queda la música”. Non as agardaba. Sorprendéronme. Aute é
un músico de primeira orde, pero é,
dende logo, unha mellor persoa, que xa é difícil. A súa amizade éncheme de
orgullo polo que significa. Atento, preocupado polo que fas e polas situacións
persoais (quixo saber se tanta tormenta en Galicia afectara a alguén da miña
familia), xeneroso, cunha enorme dignidade, Luis Eduardo Aute é, para min, un
dos músicos de maior entidade deste país. E todo isto, pese a quen pese.
Así
que tres amigos, tres artistas marabillosos, tres persoas excepcionais son a
verdadeira razón de que escriba estas liñas.
Podedes
escoitar, utilizar nas aulas, cantar estas tres alfaias ao voso gusto. Son para
compartir. E, ademais, quero que gocedes á miña beira das palabras dun músico,
poeta, pintor, letrista, encantador depalabras e cineasta extraordinarios.
Que
vos preste o que vén deseguido.
Coas fermosas ilustracións de Tesa González, reproducimos os poemas, que canta Lurdes con grande agarimo e unha evidente mestría.
Este terceiro tema leva por nome Canción para Libby, e está dedicada á miña andoriña que cada vez voa máis alto. A voz de Lurdes brilla con luz propia.
Velaquí as liñas de Luis Eduardo Aute. Penso que esaxera, pero, non o podo negar, emocionáronme.
Con Aute, na súa casa en Madrid |
“Queda
la música” es una joyita poética con la música como protagonista absoluta. Es
un hermoso concierto de palabras que interpretan el papel de instrumentos
musicales, como partituras para todos los sonidos de una orquesta hecha de
versos. Son versos melódicos, escritos y compuestos sobre armonías que
proyectan imágenes fabulosas, llenas de magia e imaginación. Antonio García
Teixeiro, acompañado por el instrumento gráfico de Tesa González, compone una
pieza orquestal dirigida al oído y visión del universo de la infancia.
No
podía faltar, cómo no, un homenaje a los Beatles, unos magistrales creadores de
canciones que ya están fuera del tiempo y el espacio... allí donde sólo “queda
la música”.
Gracias,
Antonio, por regalarme el título de tu bellísimo poemario, de esa cajita de
música y poesía.
Luis
Eduardo Aute