martes, 11 de febrero de 2014

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (XXXVI). Gloria M. Roel. Grupo Mamá Cabra.






GLORIA M. ROEL.  Grupo Mamá Cabra



NO MEU XARDÍN  (Canción)


Eu teño un galo no meu
xardín,
Gloria M. Roel
que cando esperta canta
para min.
Cántame sempre o seu
quiquiriquí.

Eu teño un gato no meu
xardín,
é moi mimoso e acaríñase a
min.
Sempre miaña co seu miau,
miau.

Teño un parrulo no
meu xardín,
que dorme enriba dun
vello coxín.
Cántame sempre o seu
cua, cua.

Eu teño un can no meu
xardín,
e un palleiriño de
nome Tintín.
Láderame sempre co seu
guau, guau.

Eu teño un peixe no meu xardín,
que cando chego ponse moi feliz.
Cántame sempre co seu glu, glu.

Todos os días no meu xardín,
os meus amigos cantan para min,
por todas partes escoito cantar:
quiquiriquí,
miau, miau,
cua, cua,
guau, guau,
glu, glu.






BICOS DE MÚSICA  (Canción)

Cando as luces se apagan,
cando o sono vai chegar,
Mamá Cabra
o mellor de cada noite
son os bicos que me dan.

E se no meu soño hai lobos
que non paran de ouvear,
eu non sinto ningún medo, non,
cos meus bicos calarán.

Cando as luces se apagan,
cando o sono vai chegar,
o mellor de cada noite
son os bicos que me dan.

E se no meu soño hai monstros
que non queren marchar,
eu non sinto ningún medo, non,
cos meus bicos calarán.

(Letra e música das dúas cancións: Gloria M. Roel )








                        O grupo Mamá Cabra en acción.



(Do libro Bicos de música, editado por Ed. Galaxia. árbore/sonárbore, 2012)