ANISIA MIRANDA (Ciego de Ávila, Cuba, 1932 – Gres. 2009)
CANCIÓN DA TARTARUGA
Teño ganas de bañarme
na auga morna do río,
na beira, que é menos fonda,
Anisia Miranda |
camiñando seguidiño.
Hai unha ranciña leda
Na outra banda do río,
atopareime con ela
camiñando seguidiño.
Xuntas, como boas amigas,
nadando, cantando, rindo
divertirémonos moito
batuxando seguidiño.
CONTOS
Vouche contar un conto
de dous coellos,
un deles aínda mozo
e outro moi vello.
O coelliño mozo
día por día,
asistía á escola
onde aprendía.
E o coello moi vello
para, noite tras noite,
viaxar con elas.
DE PASEO
Aí vén a Caracola,
paso a pasiño;
non a apuren que trae
consigo o fillo.
Ela vai churrusqueira,
vai moi garrida;
leva unha flor moi branca:
a margarida.
O fillo pequerrecho
témelle ó sol
e leva de sombriña
un xirasol.
(Do libro Cantarolas,
editado por Edicións Xerais de Galicia. 1995)