lunes, 17 de junio de 2013

ESCAPARATE POÉTICO (XVI) Chus Pato





 CHUS PATO  (Ourense, 1955)


FIGURA

Porque unha folla trae canda si todas
as caídas
todas as masas arbóreas todas as criaturas
todas as materias
desde o principio
e antes do principio
dos tempos

caídas interminablemente desaparecidas
 
sobre as tumbas
sobre a respiración da Terra
unha nutrición
disparada

pero o abismo

a folla figura e borra

para volver
á augas á luz

á vibración das súas eclipses




VONTADE (3)

Quen cruza a silva e volve
non da razón
soña sobre a voz
e sobre a voz
acorda




DIÁLOGO

“na lingua das bestas
señor
nesa lingua
escribo”


                                      (Do libro  Carne de Leviatán, editado pola Editorial Galaxia, 2013)