XOÁN ABELEIRA (Maracay, Venezuela, 1963)
RETALLOS DE SOMBRA OU
Life- is what we make it-
I
Emily Dickinson na gorxa
Levaba un segredo
Coutado, anhelaba ise paporrubio.
E tan só cando ela
Lle daba a probar un
Maimiño do seu fluxo
Il volvía renacer
Para volver escandir
O dó da súa morte.
II
Alejandra Pizarnik gabiou
Unha pozanca en si,
A mesma negrume en si.
Guindou unha pedra alí
E sentou a sentir
En cada unha das ondas
O seu propio
Pasamento.
AMNESIA
E
cómo podo ser eu
O que xa non lembro
Malia que diso derivou
A miña existencia?
En qué lugar atopalo
Senón nise fervedoiro
De fúnebres emanacións
Onde se aviva todo
O esquecido?
Vamos, corazón ventor,
Principia xa a batida
E aluma a túa presa.
(Do libro Pan de ánimas, editado por Edicións
Xerais de Galicia. Col.Poesía)