MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO
(A Coruña, 1932)
PÁXINA DO SILENCIO
Velaquí o
silencio
onde cazan
os gatos mentres dormen,
os mapas do
crepúsculo
que a luz
vai cambiando,
o centeo
vibrando nas chairas seculares.
Vestíbulos de frouma.
Un souto
musitado.
Franciscanos
aromas de loureiros remotos.
A emanación da tarde.
E a repentina sombra.
toda
meditación.
E músicas que veñen para quedar.
Músicas de
gardar
para que
dalgún xeito siga vivo
o que demos
por morto.
PROXECTO
Hei cerrar
as axendas e facer meu o día,
volver á
vocación das antigas xornadas.
Hei facer o
bocexo da vella enredadeira,
comprobar se
o farrapo alimentou o lume
e foron as
especias vangardas do sentido.
Hei tirar a estas augas a pedra escurecida,
confortar os
meus mortos no fondal dun insomnio,
poñer en paz
a herdanza que cabe nunha ollada,
desenterrar
a cunca na que figura un nome
e
compracerme, humano, na rosa que repite.
(Do libro Os ángulos
da brasa, editado por Kalandraka Editores. Col. Tambo2012)