EVA VEIGA (Ombre, Pontedeume, A Coruña, 1961)
NAI
CANDO veña o tempo de
derrubar
as estatuas nosas
pola súa man noutrora
ergueitas,
cando os nosos actos
e tamén os desleixos
voen como follas
desprendidas
no aire indolente e
incomprensible,
cando os nosos átomos e
mesmo
os xenes que
compartimos
se esquezan xa noutras
existencias
da vida e forma
sucesiva que nos deron,
que me anega,
a luz túa sempre acesa
e desa luz a miña sede
avivarán o amor
universal
que adoito refai tan
alta casa.
TEZO…
TEZO con horas de
alfinete
un tempo de esperanza
contra o río que nunca volve,
contra o ouveo
solitario dos meus dedos.
NIN AS …
NIN as louras palabras
Do anxo da noite
Acertarían
Na desviación
Que leva ao soño.
(Do libro A frecha azul do teixo, editado por Espiral Maior.2010)