viernes, 24 de marzo de 2017

A LUZ DAS PALABRAS (67) Antom Laia




Tiñamos que ler a súa palabra. Sentir as súas andainas ateigadas de paixón e intensidade. Abrir fiestras ao seu dicir poético, que ten moito de incendio permanente arredor da ética, arredor da loita, arredor do amor.
     
     Si, Antom Laia (Melide, 1956) escribe e percorre camiños sen avisar. Camiños que amosan as conciencias do que a palabra debe salientar.
     
     
Antom Laia

     Antom Laia representa as necesidades que o ser humano precisa para expresarse en liberdade, formal ou de fondo, e atinguir a ebulición que os versos presentan, cando reciben a forza dos que se senten oprimidos. Porque hai moitas formas de opresión, de sometemento e Antom está aí para que as portas da poesía auténtica se abran sen límites.
     
     Teño dous poemarios do poeta. Dous poemarios que acadaron emocionarme. Dúas alfaias, nas que a palabra toma forma de encontros co próximo, de berro no infinito, de intimidade e realidades que baten en nós. Un deles, As margens do tempo; o outro, No balouçar do vento. Poemarios para ler e reler e sentir que o poeta anda canda nós lembrándonos o poder da palabra.

Antom Laia

     E a palabra -a súa poética-  escríbea nun texto fermoso para Versos e aloumiños. Un texto para entender mellor a un home que fai da poesía un sendeiro de sensibilidade que convida a saboreala fondamente.



                               Literatura e poética


De sempre...dende a miudez dos meus tempos-a leitura em estâncias solitárias-amando mesmo antes de saber dos dedos-como vento lizgairo que me mancava nos desejos-amei os versos.

A poesía...esse mistério fecundo-sempre me atrevessou -de forma nom sempre lúdica,nom sempre cósmica-nom sempre amante-nom sempre formalmente belida...

Cuspe-se sangue no mundo do terror---mas volve como as queirotas nas primaveras----,umha e outra vez-na casa sempre habitada -das palavras...sempre as palavras...sempre elas amantes amadoras nas praias comunais-nas redes escarlate,nas gándaras onde cavei o meu corpo como um ausente...

mas ainda assim---volvo sempre a casa-como dizía o Peixoto-onde permanecemos todos na mesa,e volvo ao neninho que fum no homem que som-e volvo ás palavras dos avós e das avoas...nesta lingua,nesta nossa lingua.

Na lingua na que soubem dos pica-folhas,dos trompos,do esgaravelhar dos olhos como vagalumes de ternura-vivências das mulheres nas que tenho gravidado como folha enverdecida na que nadei em corpo-como o nascer do tempo nos que vim as ponlas secar e renascer de novo-tam aginha como os azuis deste nosso céu que nos assoalha...

(...)  significa que o mar nos foi deixando
solitarios
como as bestas
e non puidemos derruba-la esperanza

mas ainda assim-as palavras-mesmos as ausentes e os silêncios,na lingua do leite que se maçou nos tempos,como os queijos da tataravó que permance-nesse sabor agre e doce-doce e agre que é a vida-som sempre os recordos do poema,o regresso-os espelhos rotos,os lábios das amantes,as olhadas montanhosas das crianças.

... tens um menino nos olhos--

como temos borboletinhas de futuro ,sempre carregadas de urces e chorimas-amadurecendo nos versos,neste nosso tempo-de maçás rubias-jazendo no morar das ausências-terriveis des-atinos,
Nosso país-como barquinha  des-profundando -nossas palavras esnaquiçadas nos vidros,no balouçar do vento;chuvas enxergando luzes de vitória...

Eu-poeta breve-nom gosto moito de definir o definido-nom som um teórico da literatura.Sei bem pouco disto-modestamente;mas gosto de planos abertos,e dende eles podo admirar a poesía enorme dum Emilio Arauxo até namorar-me das numerosas mulheres que enchem de dinamita e magnolias as letras...

Amo a poesia como ato livremente livre,tremendamente individual(ainda reconhecendo o imenso valor de obras como "O silabario da turbina";digo individualmente individual no seu nascemento e sempre buscadores de leitores e leitoras e transgressor de mundos.Algo que nasce nos teus dedos mas que tem um destinatário coleitivo-seja poesia social ou qualquer jeito de comunicaçom.

Gosto d tamém do que foge do politicamente correto-neste caso do literalmente correto ou de moda-para que cada quem se submerja nos mil carreiros que tenhem os oceanos e nos mil vieiros que se entrecruçam nas fragas.Nisto som abusivamente libertário,profundamente comunal,tremendamente respetuoso cos moitos jeitos de escrever.Só de longe rejeito a obra perfeita dessenhada em laboratórios de modé,essa que se dessenha para leitores e leitoras cultas e cultos,mas que para mim carece de sanque quente ou sobra-lhe fogos de artificio.Fico mais satisfeito lendo a Jorge de Sena que a Pessoa-por exemplo( e ponho dous autores que amo).

E no nosso contexto de país com mil criadores ínfinitos---ódio só aos que se subem a umha escada saltando os chanços ou trocando a lingua...


           
               

miércoles, 22 de marzo de 2017

REMUÍÑO DE LIBROS (17) "As palabras feridas", de Jordi Sierra i Fabra






TÍTULO: As palabras feridas.

AUTOR:  Jordi Sierra i Fabra.

EDITORIAL: Galaxia. COLECCIÓN: Costa Oeste.




A editorial Galaxia achégalles aos lectores mozos esta engaiolante novela  de Jordi Sierra i Fabra, autor destacado, recoñecido e comprometido dentro da LIX e que grazas a Xesús Domínguez Dono podemos ler na nosa lingua.
   
    A partir dunha estrutura que lembra o estilo das secuencias cinematográficas, o autor vai desenvolvendo a historia de Li Huan, o protagonista de 18 anos que, ao longo dos 37 capítulos, máis un intermedio e un final, descubrirá o verdadeiro valor das palabras ditas, lidas, escoitadas, silenciadas, lembradas e mesmo, imaxinadas, nunha sociedade libre e equitativa.
Jordi Sierra i Fabra (Foto de Francesc Gómez)
     
     Todo comeza cando Li Huan é destinado a facer o servizo militar nunha zona afastada e inhóspita, onde se atopa un campo de prisioneiros. A súa función, ademais de ser o censor do campo, será a de vixiar a un dos presos máis perigosos, o 139, un vello profesor e poeta disidente, que cre na dignidade humana a través  do coñecemento e do libre pensamento.
      
     O feito de que estea sustentada en diálogos directos, cunha prosa clara, á vez que poética e guiados por un narrador omnisciente, permite que o lector siga o protagonista na súa viaxe iniciática cara á verdade e á madurez. Esta queda ben reflectida no emotivo e tenro final.
      
          As palabras feridas é unha novela dura, real, tenra e moi atraente que homenaxea a palabra e todo o que o seu uso ou prohibición conleva. É unha novela humanista que pon de relevo aos lectores mozos a realidade que, por desgraza, moitas sociedades están a padecer en nome de falsas crenzas e ideoloxías que só buscan autómatas e non habitantes pensantes.


                                                                                             ALBA  PIÑEIRO        


                                                       

lunes, 20 de marzo de 2017

EL LEGADO MUSICAL DE CHUCK BERRY (1926-2017)

El pasado sábado 18 de marzo me enteré del fallecimiento del gran Chuck Berry, que me cogió desprevenido porque no hacía mucho había leído que estaba trabajando en un nuevo álbum. Desde que escuché una de sus canciones por primera vez, a través de los Beatles, cuando no tenía más de once o doce años, he sido un admirador incondicional del rockero de St. Louis, sin duda uno de los mejores, más innovadores, influyentes y creativos de los pioneros del rock que irrumpieron en la escena musical estadounidense a mediados de los años 50 y que ayudaron a cambiar para siempre el panorama de la música popular del siglo XX. Mi padre, que me conoce bien, sabe de mi adoración por Berry, y por eso me ha pedido una breve contribución acerca de su figura para Versos e aloumiños. Así pues, he grabado el siguiente vídeo, que dura poco más de diez minutos, en el que repaso lo que la música de Chuck Berry ha significado para mí. Podéis verlo aquí mismo:




Las grabaciones completas de Chuck Berry (Bear Family)
Como nota final, animo a quienes vean el vídeo a que se introduzcan en el universo musical de Berry. Yo tengo prácticamente todos los discos que grabó, pero una recopilación que contenga sus grandes clásicos de los 50 y 60 ("Johnny B. Goode", "Sweet Little Sixteen", "Memphis, Tennessee", "Carol", "No Particular Place to Go", etc.), con Johnnie Johnson al piano en muchos de ellos, puede funcionar muy bien como introducción a su música. Quienes sean fans acérrimos, como yo, no pueden dejar de tener la monumental caja que la Bear Family acaba de publicar y que presenta todas sus grabaciones en order cronológico. Por último, el siguiente concierto, grabado en Londres en los años 70 por la BBC, nos da una idea de la presencia que Berry tenía sobre el escenario. R.I.P. Chuck Berry, Mr. Rock'n'Roll.



                                                   ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ

sábado, 18 de marzo de 2017

ESCAPARATE POÉTICO (XCVIII) Elsa López






                        ELSA  LÓPEZ  ( Fernando Poo. Guinea Ecuatorial, 1943)


                               
                               1


Sobre mis hombros colocaron dos alas de metal.
Dos alas de metal blanco.
Debajo un valle de cemento
y el sol por el oeste al declinar el día.

Elsa López


                     3

Nadie canta esta canción.
Pero la voz de Jacques Brel
atraviesa las paredes del hotel Schipol A4
al oeste de la ciudad de Amsterdam.

El calor de las sábanas
asciende hasta los párpados
y afuera, en la noche de febrero,
el hielo se apodera de las nubes
y de las carreteras.

Probablemente ya no quede ni rastro
de aquellos marineros
y las putas se hielen de frío
bajo los puentes de la vieja ciudad.


               4

Sobre la blanca sábana
el cuerpo desnudo de una mujer.
El cuerpo triste de una mujer
sobre las blancas sábanas.



                       23

Así llega la tarde.
El sol sobre la espalda sin una nube,
sin un gesto que delate el vacío
que lentamente se va apropiando de mi pecho.
Ni una sombra.
Ni un leve movimiento que indique la derrota.
Solo el frío de los dedos y la punta de los dedos.
Y los labios ateridos cerrados a la voz y sus cadencias.

Presentación do libro. (Foto do blog "El Apurón")
(La nada empuja al sol hacia el final del mundo.
Solo cinco testigos para un hecho tan nimio)



                           30

¡Qué extraño sopor el de la muerte!
¡Qué extraño resplandor el de la vida!
¡Qué misteriosa la nada en su blancura!
¡Qué fría desde la distancia de la luz y los ojos!
¡Qué hermosa en su desnudez y en su desprecio!
¡Qué dolorosamente vacía!




(Do libro Viaje a la nada, editado por Ediciones Hiperión. 2016)

jueves, 16 de marzo de 2017

MANUEL VEIGA TABOADA FÁLANOS NO SEU NOVO ARTIGO DALGÚNS ASUNTOS QUE NOS PODEN AFASTAR DA CULTURA



Unha das características máis importantes dos artigos que escribe Manuel Veiga Taboada é a súa orixinalidade. Orixinalidade que vén dada polos temas que toca e polo enfoque que dá aos mesmos.

     Ben se ve que Manuel Veiga é unha persoa cunha capacidade analítica enorme. E as súas análises son, como mínimo, moi singulares e dunha reflexión que nunca deixa de sorprender. Os temas son na súa escrita fascinantes polos diversos enfoques cos que os trata.

     Textos intelixentes que sorprenden. Textos que interesan  polo que din e polo que non din. Textos que o lectorado atento capta e que o fai sentirse gratificado diante do que le. Porque os artigos de Veiga Taboada sacoden e, ao tempo, acariñan. Porque son directos, á vez que abren novos camiños de ideas. Porque, en definitiva, están escritos dende a observación ao servizo do sentido común. Un pode discrepar do que afirma, mais sempre vai ter en conta o que le para facerse unha opinión de seu.


     Desfrutemos deste artigo de Manuel Veiga tan curioso coma lúcido.

Manuel Veiga Taboada no 1987 (Foto de Xan Carballa enviada polo autor)


Os traxes, o vocabulario e as clasificacións. Cousas que nos afastan da cultura

                                                                                                    Manuel Veiga Taboada



Un día, mentres falaba coa miña filla sobre algúns dos protagonistas da revolución francesa, detívenme e díxenlle: “Non che interesan, porque non che gusta a súa forma de vestir, verdade?”. De pronto, abriu os ollos e asentiu. Entón aproveitei para explicarlle que os radicais sans culottes popularizaran o uso do pantalón que hoxe nos parece tan normal.

     

     Ese día acertei, porque pensei en min mesmo. Eses cadros de xenerais ou de batallas, con vestimentas tan antigas, son o primeiro que ás veces nos distancia de feitos que, ben contados, poderían interesarnos.

     A ópera pode resultarnos desagradábel, a primeira vista, só porque observamos un corte de pelo estraño, unha nota demasiado sostida sen que coñezamos a razón e un ton xeral que nos parece absurdamente pomposo.

     


     Outro tanto sucede co vocabulario dos libros que chamamos clásicos. Ninguén fala así, dicimos. O mínimo que nos pode pasar é que nos resulten retóricos e mesmo incomprensíbeis.

     O 90% da historia literaria galega pode parecernos allea, simplemente porque o espazo ao que nos remite, o mundo rural, nos resulta xa descoñecido. Comprendemos mellor o termo “freeway” que o termo “guillada”. É para nós máis familiar xa unha autoestrada que unha vara acabada nun pincho, destinada a aguilloar o gando.

     Resúltanos difícil degustar algo se non comprendemos o seu contexto. E, moitas veces, o contexto é o que non nos explican. Tampouco se logra cunha introdución, por exemplo a un libro, porque en demasiadas ocasións o prologuista recorre a termos académicos aínda máis aburridos e difíciles de comprender que a historia que vén a continuación.

     Pero o contexto non só é necesario senón que é fundamental. E habería que engadir outra clave, a relación. Os feitos históricos, nos que se enmarca toda a cultura, ofrécensenos moitas veces –falo sobre todo do ensino– a través de clasificacións. O alumno encóntrase cunha lista de datos e acontecementos concretos que resulta difícil memorizar. Por que? Porque carece das claves que relacionan uns con outros. Relacionar é tamén interpretar e iso supoño que produce certo temor entre algúns dos planificadores da educación.

     Cústame comprender, por exemplo, por que os estudantes da ESO están obrigados a aprender a clasificación dos cargos administrativos do mundo medieval árabe (visir, cadí, etc.) pero en ningún lado se lles explica que esa cultura estaba nese momento máis desenvolvida que a nosa ou que, a través dela, nos chegou o tesouro da cultura grega, que aprenderán noutro capítulo, pero de modo completamente afastado.

     
Shakespeare no cinema. (Much Ado About Nothing. 1993)

     
     Eu estou a favor das adaptacións dos textos, sempre que se fagan ben, o mesmo que se pode dicir das traducións. Kenneth Branagh levou ao cine a Shakespeare e penso que foi un acerto. Trapiello, un experto en Cervantes, realizou unha boa adaptación do Quixote a unha lingua máis actual. E Baricco sintetizou unha Iliada, en prosa e sen as longas intervencións dos deuses, pero que sen embargo é capaz de achegarnos as claves de Homero e da súa época.

     
     Hai máis ou menos un século, os expertos acostumaban a laiarse de que os alumnos xa non podían ler os textos clásicos na súa lingua orixinal, o grego e o latín.

          Nunca me gustou esa queixa continua dalgúns entendidos sobre a devaluación (real ou suposta) da cultura. Creo que no fondo son persoas que se resisten ao cambio. E a vida, a historia, é cambio constante. O importante é aprender do pasado, pero nese labor creo que a sacralización descontextualizadora non axuda.