Mostrando entradas con la etiqueta manuel uhía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta manuel uhía. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de abril de 2018

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS ( LXVII) "Eu conto, ti cantas...", de María Victoria Moreno (2)







                                  MARÍA VICTORIA MORENO (2) (1941-2005)



(continuación entrada anterior da autora: Catavento XXI)




Hai unha chorumiña
considerada
que só rilla na roupa
vella e gastada.

María Victoria Moreno
      Rillando arrola,
      despois bícame a face
      con alas dondas.



Cando rilla a choruma
miañan os gatos
e acenden vinte ollos
os dez lagartos.

      Vinte lucernas
     fan un mundo de sombras
      que o can goberna

 * *  *


Galopan polo aire,
soben ás camas,
e os medrosos suponen
que son pantasmas

      Mais son amigos,
      larpeiros e curiosos
      coma os meniños.



A noite vai subindo,
medran as sombras,
gabean polo aire
figuras tolas.

      Mais  sae a lúa
      e florece o sosego
      na terra escura.


O ceo, nese instante,
faise pequeño,
mais colle en cada estrela
un mundo enteiro.

      Son mundos grandes,
Ilustración de Manuel Uhía
      habitados por xentes
      altas e amables

               ***

-Queridos homes altos,
desexo vervos,
baixade ata a bufarda
onde  eu espero.

      Se non baixades,
      mandádeme co vento
      unha mensaxe.

                  ***

Unha brisa de alas
bisba no faio
e recibo a mensaxe
con desengano.

      -Atende á Terra
      e á vida que palpita
      na natureza.


Ilustración de Manuel Uhía
Queridos homes altos,
miñasxoíñas,
vese que non sabedes
como é a vila:

      porque onde eu vivo
      non temos mar nin monte,
      fraga nin río.

                       ***

Temos fontes, camelias,
céspede e mirtos,
pombas, cuchos, paxaros,
ratos e michos.

        E tamén temos
      moitos farois de lúa
      altos e esveltos.
                          (e continúa)



                     (Do libro Eu conto, ti cantas…, editado por Edicións Xerais de Galicia, 2005/2017)



sábado, 25 de noviembre de 2017

REMUÍÑO DE LIBROS (36) "O príncipe carpinteiro", de Manuel Uhía







TÍTULO: O príncipe carpinteiro.



AUTOR: Manuel Uhía.



EDITORIAL: Galaxia .Colección: Árbore.





A editorial Galaxia achégalles aos lectores a partir de dez anos este conto cuxa autoría pertence a un home de ampla e recoñecida traxectoria dentro do mundo da ilustración da LIX das nosas letras.
    
     Trátase de Manuel Uhía, pintor, ilustrador, escritor, deseñador gráfico, colaborador con diferentes editoriais, medios de comunicación e axencias de publicidade, ademais de guionista e director de documentais de natureza submarina. Desta vez, preséntase coma autor por partida dobre, ao ser o creador tanto do texto coma das ilustracións.


     O príncipe carpinteiro cóntanos a historia de Rodolfo VI, un neno espelido e con inquedanzas que para nada teñen que ver cos obxectivos depositados nel, mesmo antes de ter nacido, por parte do seu avó e rei de Paspalia, Gumersindo II.
 
Manuel Uhía

     Ao longo de oito capítulos curtos imos descubrindo a historia pasada do protagonista, cuxa nai, Priscila, na súa mocidade xa dera mostras de ter unha personalidade diferente a todas as princesas do seu tempo, negándose a acatar a vontade paterna de casar cun rico herdeiro. Este impulso de rebeldía non lle servirá para atinxir os seus desexos e co paso do tempo, non terá máis remedio que obedecer e casar co que será o pai de Rodolfo VI. O rei Gumersindo II coidaba que co nacemento do seu neto chegaría ao seu reino un pouco de tranquilidade, pois el sería o herdeiro de todo. Pero a realidade non se puxo de acordo coas ilusións e Rodolfo VI, a medida que ía medrando, tamén se ía afastando do que, a priori, debería facer un futuro rei: cazar, cabalgar e ser un home de armas. Porque o noso protagonista agocha un segredo que habita na parte máis afastada e, xa que logo, prohibida do pazo e que se descubrirá ao final e suporá, a diferenza da súa nai e avó, a realización dos seus soños.


     O feito de que estea narrado cunha prosa fluída e sustentada sobre todo nos diálogos, onde non falta o humor, atrae a atención do lector á vez que o convida a interpretar os personaxes focalizados nas vivas ilustracións.


                                                                                                                                                    ALBA  PIÑEIRO