A finais do mes de marzo
a iniciativa Coros por la Paz reuniu na Praza da Ferrería de Pontevedra
once agrupacións corais para interpretar xuntas as obras Dona Nobis Pacem,
de W.A. Mozart e Va, pensiero, da ópera Nabucco, de
G.Verdi.
Actos coma este,
impulsados pola madrileña Familia Coral Santiago Apóstol, de Griñón, se
celebraron simultaneamente en moitas cidades de España e do continente.
Unha unión auténtica de
voces e sentimentos para pedir a paz que, cada vez máis, falta no planeta. En contra
dos conflitos e a crueldade. Pola unión dos seres humanos para facer fronte ao
belicismo que segue a imperar no noso mundo.
Un momento do acto na Ferrería, de Pontevedra (Foto:pontevedraviva)
Carlos Valle
puxo, xunto a Fina Casalderrey, as palabras. Valle falou deste acto como
“unha repulsa e solidariedade cunha situación inxustificable nos seus
fundamentos e intolerable dende o punto de vista do dereito internacional”,
segundo publica o Diario de Pontevedra.
Pola súa banda, Fina
Casalderrey salientou “o poder da música non ten límites, nin fronteiras, nin
máis bandeiras ca a da liberdade e o respecto polos semellantes e polos
diferentes”. E a grande escritora galega non esqueceu a necesidade da poesía e
citou os poetas Gloria Fuertes e Antonio García Teijeiro, para
rematar recitando un poema de ambos.
Este é o poema de Antonio
García Teijeiro, Pombiña que escribes.
E aquí, neste vídeo, as palabras de Fina
Casalderrey neste emotivo acto no que chamou á deserción, “a que os soldados se
declaren en folga, mentres unha pomba escribe co peteiro esa palabra tan grande
e que tan pouquiño ocupa: paz”.