Paco Ibáñez e Mario Mas durante a actuación no Festival Terraceo en Vigo
Si, a lenda, Paco Ibáñez
volveu a Vigo para, nun marco fermosísimo, volver engaiolar ese público fiel e intelixente que aínda cre
nas boas cancións e na necesidade da poesía. Foi un concerto memorable, coa ría
de Vigo ás súas costas, as Cíes escoitando a súa voz e as gaivotas interesadas
en non perderse unha nota da interpretación.
Acompañado do gran guitarrista, Mario
Mas, Paco Ibáñez interpretou dezaseis cancións (catro delas, en galego)
coas que estabeleceu unha comunicación máxica cuns asistentes que se
emocionaron coa súa voz.
Paco Ibáñez é unha lenda que atrapa pola
arte que posúe en musicalizar os poemas de sempre. E , ademais de pola súa
arte, pola proximidade ao público e a ética que guía todo o seu comportamento
ao longo de toda a súa extensa traxectoria.
Eu teño a fortuna de que varios poemas
meus estean na súa voz e na súa música. Deles, tres foron interpretados polo
trobador na cidade olívica. Mesmo, como en Paco é habitual, “obrigoume” a
cantar con el a canción “Pomba de menta”. E, se xa todo era emocionante, a
estrea de “Se falases de min” foi a guinda no pastel.
Tedes aquí os tres poemas cantados por
Paco Ibáñez.
Versos e aloumiños debe gardalos
para sempre.
Que vos gusten.