XOSÉ ANTONIO PEROZO (Llerena, 1951)
MIÑA AVOA FOI…
Miña avoa foi á feira,
na feira mercou dous pans,
os pans gardounos na cesta,
a cesta pillouna un can,
Xosé Antonio Perozo (Foto Wikipedia) |
o can escapou á rúa,
e na rúa un pillabán
rouboulle os seus pans ao can.
Miña avoa foi ao monte,
no monte cazou coellos,
os coellos ían nun saco,
o saco era ben vello,
por vello tiña un buraco,
polo buraco os coellos
liscaron ao monte ao cabo
e alí morrerán de vellos.
MESTRA
Para facer os deberes
eu teño un truco secreto.
Vou á casa da miña avoa,
e as dúbidas voan soas.
SOIDADE
Hai unha avoa sen netos,
sen netas, nin cans, nin gatos,
a min dáme moita mágoa
pensar que a coman os ratos.
TEMOS
Temos avoas pintoras,
temos avoas que bailan,
temos avoas artistas,
temos avoas que cantan,
Ilustración de María Lires |
temos avoas doutoras,
hai avoas xornalistas,
hainas que son profesoras,
temos avoas que venden,
temos avoas que mercan,
temos avoas que falan,
temos avoas que calan.
Cando temos unha avoa
temos un rico tesouro.
E se temos dúas avoas
temos un castelo de ouro.
(De O libro das avoas,
publicado por Editorial Galaxia, 2021)