Coñecina hai ben anos cando, por iniciativa de Carlos Casares, botou a andar o PEN-Club. Xunto ao propio Casares, Xohana Torres,Alfredo Conde, Ursula Heinze, Helena Villar, Xesús Rábade, Modesto Hermida e outros tivemos unas xuntanzas moi ricas e interesantes.
Xohana Torres, primeira pola esquerda (abaixo) e eu, segundo pola dereita, ao lado de Casares. |
Xohana
Torres, a quen admiraba dende había tempo, destacaba pola súa clase, polo
seu espírito integrador, pola súa serenidade. Fiquei impresionado notando nela,
ademais, unha humildade exemplar. Ameina axiña.
Xohana Torres |
Cando gañei o Premio Merlín, alá polo ano 1996, soou o teléfono un día, mentres
xantaba na miña casa. Era Xohana Torres que me felicitaba e me daba as grazas
por incluíla nese diálogo con poetas que eu amaba (e sigo a amar) que é Na
fogueira dos versos. Alguén lle comentara que a representante do xurado
do certame lera en voz alta, precisamente, o poema no que eu dialogaba cos seus
versos. E a ela emocionouna este feito. A min, o seu.
Un detalle máis da súa xenerosidade e
dunha humanidade evidente.
A través dunha amiga, fíxenlle chegar, xa
neste último ano, a antoloxía da miña poesía para mozos e nenos, Un rato
díxolle á lúa.
Nunca endexamais deixei de ler a Xohana Torres. É unha desas poetas (coma Lorca, Alberti, Rosalía, Machado, Celso Emilio, Juan Ramón, Manuel Antonio…)
á que volvo cada certo tempo. O seu rigor formal e conceptual, ese emprego que
da palabra fai para amosarnos as esencias máis nidias do ser humano.
Sedúceme esa lembranza poética que nos amosa as vivencias íntimas e sociais
dunha terra aos que amamos os espazos
vitais da palabra cando estes son auténticos. A voz da experiencia levada á
poesía a través de experiencias persoais que nos permiten emocionarnos, porque
as facemos nosas. Unha poesía, a súa, que vai sinalando os camiños percorridos
e por percorrer dos seres humanos; uns camiños que ela traza con mestría e
cunha forza emocional que penetra en cada lector sen pedir permiso e que
aceptamos encantados.
Por iso e por moito máis, esta pequena
homenaxe a unha muller que non deixou de navegar por mares tan diversos coma profundos.
Dous poemas para seguir queréndoa.
Dous poemas para seguir léndoa.
Poema,
Amado meu,
Vello
Señor da Auga
que
perpetúa o xogo da orela.
Cada
simple palabra afirmará
sentenciado
clamor,
máxica
furna escura.
(De Tempo
de ría, 1992)
SUEIRO
Cando
fuxa non quero fuxir soa.
¡Que
agoiro, xeme, ponla, se non chegas a froito!
O
alcipreste chora porque creceu único.
Cando
sexa
quero
ter sido Eva
en
ducias de mazás, árbores madureiras;
que
alguén teña escalado a miña cova
con
ollos ben abertos;
que
unha música espida, rexa, miña,
sinxelamente
viva noutro exemplo.
Cando
fuxa,
espírito
no sol, nun vran ideal de rosas,
a
miña xustiza sexa emanación: Xurrar. Xurrar
como
xurran os días enchéndose de tempos;
xurrar,
un xurrar desta espontaneidade,
de
femia para fillo, evolución de Terra e mais de xetos.
Cando
fuxa, (si, morrer, si, pero en vento irto)
que
unha boca longal, toda de neno, tatexe sen respostas,
a
elexía das nais, solagada nun berce de silenzo.
(De
Do
sulco, 1957)
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO