MIRIAM FERRADÁNS (Bon /Bueu. Pontevedra, 1982)
PERTENCEMOS
a un lugar escuro chamado casa
onde
só compartimos as derrotas e o sangue
que
ás veces se derrama por un chan sen lousas.
Miriam Ferradáns |
Intentamos
o fogar pero a soga
é
demasiado forte.
Somos
unha familia de lazos que matan
e
ninguén parece coñecer a diferenza.
O
seu é o nome da
pantasma,
ninguén
pode pronuncialo sen arder.
Como
podemos sobrevivir sen a beleza?
Pretenden
obviar a túa existencia, negarte.
A
memoria é amérela,
regresar
á impertinencia, ao espazo necesario
onde
doe.
Aprendemos
a observar o fulagor
o
percorrido,
negar
o raio, evitar a sombra.
A
memoria tamén se oxida
pero
existe.
Ningún
pai debería enterrar un fillo,
ninguna
nai debería enterrar un fillo,
eles,
tampouco.
NINGÚN
paxaro é feliz entre as
redes pero
quen
pode liberarse da forza que o cativa?
Na presentación do libro |
É
difícil entender á tribo,
pertencer
sen ser devorado.
Foi
primeiro a posesión,
eramos
seus antes da chegada.
Os
paxaros esvoazan tempestades,
as
mesmas que destrúen
as
súas ás contra as reixas.
É
difícil a tribo, levar o seu nome.
Eu
podería derramar todo o meu sangue.
O
amor é salvaxe.
(Do libro Nomes de fume. ( XXIX “Premio Nacional de poesía Xosé Mª Pérez
Pallaré”) editado por Espiral Maior. 2017)