ROI VIDAL
(Santiago de Compostela, 1982)
FÍREME
dáme
apertas esquecidas no lugar
onde
agochamos as respostas
entre
os días
e
os poemas
entre
as miniseries
Roi Vidal |
e
a roupa sen lavar
entre
os pelos
que
resisten amarrados
ás
sabas da cama
e
as sabas da cama
COÑÉZOTE
como
unha man
firmada
polo tempo que virá
é
por iso
que
estou lonxe
do
lugar onde me esperas
é
por iso
que
estou cerca
do
que ficará despois
coñézote
sen verte
e
seite de memoria
como
a música dun río
a
descender da neve
(sinfonía
de saloucos e violíns)
como
o ruído da neveira
que
deixamos sempre aberta
como
esta carne a arder
entre
os coitelos
confiemos
na
tormenta
celebremos
este
tempo de verán
FÁLAME
do
tempo que perdemos
esa
historia escrita
coa
letra pequena dun pé
e
non me espertes nunca
nunca
agás que sexa a túa arela
coa
mentira dos aplausos
a
demora dunha enchente
as
derrotas e as elipses
volverme a aquela festa de silencios
a
aquel lugar perdido
que
chamabamos nós
ÁBREME
como
un ceo que chove
nesta
casa sucia
que
pagamos
pelo
a pelo
faime
cómplice da túa fame
abre
o interruptor da luz
dáteme
en especias
pero
dáme
pérdome
en coitelos
pero
afíame
négame
de esguellos
fíreme
as respostas
céibame
da luz
esa
ilusión
ORGÁSMOTE
coa
ósmose
do
cosmos
esváeste
cun
case
que
te
vas
[Do
libro Teatro (XV Premio de Poesía
Concello de Carral), editado por Espiral Maior.2013.]
Roi Vidal recita un poema de Teatro, na Libraría Porta XIII, de Vilanova da Cerveira